Skip to Content

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO E ENCONTRO CO ALUMNADO DE SECUNDARIA

O venres 24 de xaneiro visitará o noso centro ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Catedrático de Medicina Legal da USC e Coordinador do Grupo de Medicina XenómicaNesta actividade, promovida pola ANPA, o científico manterá un encontro co alumnado de Secundaria.

PROGRAMA 

10:00 h. - Recepción e visita ao Centro.
10:30 h. - Acto na Casa da 3ª Idade. Saúdo de benvida.Semblanza elaborada por 4º ESO - Encontro co alumnado. Experimento
12:30 h. – (aprox.) Agradecemento e despedida
 

Ángel Carracedo

Nacido en Santa Comba (A Coruña) en 1955, Ángel Carracedo Álvarez é, probablemente, o científico que traballa en Galicia de maior proxección internacional. Licenciado en Medicina (1978) e doutor en Medicina (1982) pola Universidade de Santiago, creou un grupo investigador que se converteu en líder mundial en medicina legal e forense e de referencia en Medicina Xenómica, comparada e de poboacións. Foi pioneiro, desde o Instituto de Medicina Legal de Santiago, que dirixe desde 1994, na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular. Participou en máis de tres mil pericias xudiciais e foi requirido, xunto aos seus colaboradores, en casos famosos como o crime de Alcáser, os atentados de Madrid do 11-M ou na identificación das vítimas do tsunami do sueste de Asia, entre moitos outros.

Na súa destacable faceta como divulgador científico no ámbito educativo, colabora habitualmente como docente en proxectos e cursos de formación de profesorado, así como en Congresos de estudantes ou encontros de xóvenes científicos, como os desenvolvidos polo Proxecto CLIMÁNTICA, do que xurdiu o Blogue didáctico de aula do CPI de Vedra.

No ano 2010 participou na campaña "En galego tamén se fai ciencia" promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística. Aquí vos deixamos un VÍDEO no que nos explica a importancia do emprego da nosa lingua no mundo científico:

Ángel Carracedo from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

Para rematar, aquí tedes un pequeno resumo do impresionante Currículo do noso ilustre visitante e que podedes coñecer de xeito máis amplo premendo AQUÍ ou consultando os ARTIGOS que elaborou o alumnado de 4º ESO no Blogue Climántica de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra:

  • Licenciado e Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Catedrático e Director do Instituto de Medicina Legal da USC.
  • Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
  • Director do Centro Nacional de Xenotipado.
  • Presidente de diversas sociedades de Xenética, Farmoxenética e Medicina forense.
  • Doutor Honoris Causa por varias universidades.
  • Premio Xaime I pola investigación médica.
  • Premio Galien 2010 pola mellor labor investigadora.
AdxuntoTamaño
PerfilAngelCarracedo_galego_WEB.pdf151.09 KB


story | by Dr. Radut