Educación Física

O alumnado de 1ºESO comprométese a non fumar

O alumnado de 1ºESO recibiu no día de hoxe a visita do persoal técnico da Consellería de Sanidade, unha médica e unha enfermeira, que viñeron a formar ao noso alumnado e a comprobar que están a cumprir o seu compromiso de ser unha Clase sen fume.

Baixo a coordinación de D.David Gayoso, profesor de Ed.Física, e coa colaboración das titorías lévase a cabo este programa educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º da ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo as comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante, cando menos, 6 meses; reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar; facilitar a presión positiva de grupo xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a) e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais. Para conseguir estes obxectivos emprégase como reclamo a recompensa-premio.

Os obxectivos perseguidos polo alumnado son:

  • evitar o inicio do consumo de tabaco na adolescencia ou, no seu defecto, atrasalo.
  • potenciar as habilidades para manterse como non fumadores

E agardamos que co apoio deste proxecto e dos seus profesores o consigan.

 

Nova en Telemariñas

Nova en Val Miñor TV

Despedida. Danza das espadas

MOITAS GRAZAS POR TODOS ESTES ANOS. LEVAREIVOS SEMPRE NO MEU CORAZÓN.

 

Se queres ver máis fotos. CLICA na imaxe.

Excursión a Marín con 1º da ESO

Se clicades na imaxe poderedes ver, todo o que fixemos

Nas instalacións da piscina da Ramallosa

O pasado venres 23 de maio, visitamos as instalacións da piscina da Ramallosa, co alumnado de 4º da ESO.

Tivemos a oportunidade de descubrir outras posibilidades de actividade física, coma:

O spinning que é traballo en bicicleta estática, ao ritmo da música, e con cambios de intensidade na actividade, frecuentes.

O aeroboxing que mezcla movementos do aeróbic e o boxeo.

Ademáis de visitar a sala de pesas, onde observamos as distintas formas de traballo coas máquinas.

O importante é atopar algunha actividade física que nos guste, para incluila dentro dos nosos hábitos e así poder  ter un estilo de vida saudable.

Se queredes ver fotos e vídeos da actividade, clicade na imaxe.

Bolos celtas en Belesar.

 

Clica na foto para ver o álbum da actividade. Moitas grazas a Iván e Cristian e ao clube de Bolos celtas, Medialdea de Belesar. Fantástica xornada de xogo, no balcón do Val Miñor, co alumnado de 3º da ESO.

 

Preparando a saída ao Ecoparque de Marín

Estase a preparar no departamento de educación física, a saída ao Ecoparque multiaventura de Marín, para o alumnado de 1ºESO.

Para que poidades ver o tipo de actividades que se poden realizar, recoméndovos que cliquedes no seguinte enlace http://www.aventurariasbaixas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=126&Itemid=552&lang=es.

A actividade terá un custe de 15 euros, grazas a que o centro sufraga os gastos do transporte.

Pola tarde continuaremos facendo actividades na natureza no entorno do Lago Castiñeiras.

Esperemos que a climatoloxía nos permita disfrutar deste día. A data da actividade é o 4 de Xuño.

Tenis en Covaterreña

 

 

A finais do segundo trimestre, realizouse unha unidade didáctica de tenis, grazas ás xestións realizadas polo profesor Luis Quinteiro. En colaboración coa Federación galega de tenis, que nos prestou o material para poder levala a cabo e o clube de tenis A Tobeira, tamén se disfrutou dunha sesión formativa con profesorado de alta calidade técnica recoñecida, e se fixo unha xornada de portas abertas  nas instalacións de pistas de terra batida, que ten o clube en Monte Loureiro, na Tobeira.

SE QUERES VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE CLICA NA IMAXE

Rugby en Covaterreña

 

CLICA EN LA IMAGEN PARA VER FOTOS DE ESTA JORNADA DE PROMOCIÓN DEL RUGBY.

Tuvimos la suerte de contar con la presencia de entrenadores y jugadores del primer equipo, representados por Joaquín Maguna, director deportivo del club.

Cuando se menciona la palabra rugby, el ideario de imágenes que aparecen en nuestra mente es el de montoneras de jugadores, jugadores enormes, brechas…Pero cuando te aproximas a este deporte y lo empiezas a entender, te das cuenta del gran potencial que posee, fundamentalmente por la filosofía que lo envuelve.

Es una herramienta para la educación en valores como el esfuerzo, la superación, el compañerismo, el trabajo en equipo, el respeto máximo al adversario y al árbitro, que en manos de buenos profesionales, como es el caso del club que nos visita, nos prepara para la vida misma. Se aprende a levantarse después de cada caída, a empujar y avanzar con energía sumando esfuerzos con los compañeros.

Es un deporte épico, donde todos tienen cabida, los altos, los bajos, los gordos y los flacos. Donde  la comunicación fluida entre todos los eslabones de la cadena que conforman el equipo es fundamental.

En Baiona contamos con un gran referente en este deporte, Alfonso Mandado, que también estuvo con nosotros, presidente de la federación española de rugby durante 11 años y que acaba de recibir hace unos meses el máximo galardón del Comité Olímpico Español (COE), la Orden Olímpica.

 

Este acto también pretende ser un pequeño homenaje al nobel de la paz, Nelson Mandela, que supo ver en este deporte, el símbolo de unión de un país.

Escalada en Monte Ferro

3 de junio de 2013

Escalada se queres ver as fotos clica

Foi un día moi ben aproveitadiño. Escalamos, fixemos orientación, e camiñamos arredor de 10 Km.

Portártesvos de marabilla, sodes unha promoción inesquecible. Bo traballo.

A vosa resistencia aeróbica agradecerávolo.

CONTINUAMOS VISIBILIZANDO Y ROMPIENDO ESTEREOTIPOS EN EL MUNDO DEL DEPORTE

El 8 de Marzo fué de nuevo el día de la mujer y no me gustaría olvidarme de mostrar y demostrar que el deporte femenino existe. Una pequeña selección de imágenes dirán más que mil palabras.

    Javier Fernández.  (Clica en el enlace). Hai que romper los estereotipos en ambas direcciones. Como un alumno explicó el curso pasado con muy buen criterio "La discriminación respecto al pensamiento de que la mujer es el sexo débil, se acabará, cuando el hombre deje de pensar que es el sexo fuerte".  
    Fundación BASQUE. Mujeres deportistas en el País Vasco. CLICA

O noso Nico

Parabéns Nico. Un terceiro posto no campionato de España de loita olímpica é para sentirse moi orgulloso. Se queredes ler máis clica no documento adxunto

A IMPORTANCIA DE QUE TODOS APRENDAMOS A FACER A RCP

Uns datos estatísticos:

700000 persoas falecen por morte súbita cardíaca en Europa, das cales 25000 se producen en España.

Se iniciamos a RCP (resucitación cardio-pulmonar) de forma inmediata trala parada duplícase ou triplícase a supervivencia. E se existe un acceso rápido nos primeiros 3-5 minutos trala parada a un desfibrilador externo (DEA) increméntase ata un 49-75% a tasa de supervivencia.

Non dubides en iniciar a RCP pois o éxito do uso do desfibrilador increméntase, se durante o tempo de espera se fixo esta manobra. Hai que gañar tempo pois os servizos de emerxencia soen tardar 8 minutos en chegar. Podes salvar unha vida. 

Para saber o que hai que facer a continuación dispós de máis información:

ECOPARQUE MULTIAVENTURA EN MARÍN

Foi unha xornada moi aproveitada, estivemos en contacto coa natureza e aumentamos a nosa autoestima e confianza, pois fomos quen de superar retos motrices importantes, gabeando polas árbores, deslizándonos en tirolinas, atravesando pontes colgantes,... Todo isto acompañados do bo tempo e da boa compañía.

Os berros de ledicia foron animosos " ¡O mellor que fixen na miña vida!" dicía algún escorregando polos aires.

O departamento de educación física davos a noraboa polo voso comportamento, e considera superados os obxectivos didácticos da actividade.

OS RECREOS EN MOVEMENTO

O grupo de responsables de patio xa empezou a dinamizar os mesmos, pasarán polas aulas para informarvos das posibilidades de moverse no patio.

Propoñemos UN RETO MENSUAL. Ser capaces de saltar con dúas cordas.

Se queres aprender mira clicando AQUÍ

CHUS LAGO: SOLA ANTE EL HIELO

ESFORZO, SUPERACIÓN, VALENTÍA. MOI RECOMENDABLE QUE VEXADES O DOCUMENTAL DE CHUS LAGO , SOA ANTE O O XEO

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A EXPEDICIÓN

UN ARTIGO PARA REFLEXIONAR

Descubrindo as posibilidades do propio entorno. Monte Ferro 2011.


Se queredes ver as fotos dese día clica na imaxe.

Fixemos cicloturismo, orientación con brúxulas, estudio de petroglifos, observamos con detenemento a Foz do Miñor, escalada, disfrutamos da praia e ademáis pasámolo moi ben. Descubrimos moitas opcións para poder adquirir un estilo de vida saudable, neste entorno tan marabilloso.

Malabares

Aprendendo a facer malabares clica AQUÍ

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031