1ºEd.Primaria

Familia contacontos... musicados

O 20 de maio visitou o centro Rebeca Núñez, nai de David, para agasallar á rapazada de 1º Ed. Primaria cunha visita moi especial. Leu El flautista maravilloso, co apoio dun vídeo musical.

Ademais, falou sobre os instrumentos e interpretou co seu violonchelo a peza musical El ciclo de la vida.

 

O centro fixo entrega dun pequeno detalle para agradecer a súa contribución ás actividades de dinamización da lectura. 

FOTOS VARIADAS

Prezadas familias,

Tedes a vosa disposición un variado de fotografías que fóronse realizando ao longo do curso escolar.

Un saúdo

Patricia

Excursión fin de curso

Prezadas familias,

Onte pasamos un día fenomenal, un día de convivencia onde brillou o compañerismo.

Deixovos unhas fotos

Un saúdo

Samaín

Feliz Samaín!

 Hoxe pasámolo xenial no cole,

Enviamosvos un terrorífico saúdo 

Samain

Iniciamos…. PRIMARIA!

Prezadas familias:

Xa comezamos a traballar e escribimos en minúsculas. Gustaríame ensinarvos como o facemos na clase. Podedes premar nos seguintes ligazóns. O vídeo abrirase nunha nova ventá.

Vídeo 1 .

Vídeo 2 .

Vídeo 3

Aproveito tamén a publicación para mostrarvos unha táboa baseada na pedagoxía de Montessori. Pódevos orientar a organizar algunhas tarefas domésticas que aportarán máis responsabilidade ao voso fillo ou filla. 

 

En casa tedes o libro de Lengua Castellana "Con las manos" da editorial Santillana. Podedes facer na casa as diferentes propostas que vos ofrece. É optativo.

 

Visita de Sabela Fernández Trelles

Hoxe, 28 de abril, recibimos a visita de Sabela Fernandez Trelles, autora de O ladrón de soños entre outras obras.

Puidemos escoitar de primeira man o seu conto mentres faciamos actividades moi divertidas relacionadas cos nosos soños e pesadelos! As actividades consistiron en que cada alumno e alumna contara os seus soños máis preciados para poder expoñelos na biblioteca e que o resto do centro puidese coñecelos e engadir os seus. E por outra banda, cos pesadelos aprendemos a expresalos e falar sobre eles, meténdoos nun cofre pechado para que non escapen e que así non lles teñamos medo.

Finalmente firmounos os libros e entregámoslle un pequeno agasallo de parte de todo o alumnado. Grazas Sabela!

 

Por Marta Cernadas, titora de 1º B Ed. Primaria

Feliz verán

Queridos nen@s:

Hoxe comezades as merecidas vacacións. Merecedes tod@s unha matrícula de honra; por aturar o frío das ventás abertas, traballar cinco horas coas máscaras postas, aceptar o tempo de lecer sen compartir ... pero convivindo moito, recibirme todos os días cun sorriso nos ollos...

Por cumprir, a pesar de todo, con todo o pedido académicamente... e sobretodo por amosar aos maiores, que se pode facer todo sen perder a alegría 

Hoxe, o meu aplauso e o máis sentido dos parabéns, vai para vós: os verdadeiros heroes desta locura.

CLIKADE NO ARQUIVO ADXUNTO

Un bico moi doce

Eva

Eva

E colorín, colorado…

10/06/2021 22:23
Europe/Madrid

Este conto, está rematado!

Remata o curso e desexamos que os nenos e nenas desfruten dun merecidísimo descanso. Os días son moi longos, e organizándose, da tempo a todo. Por iso é moi convinte que non esquezan, nin perdan, os hábitos e as destrezas acadadas, e afrontar así do mellor xeito posible o vindeiro curso.

As nosas recomendacións son:

REPASO 1 ( Editorial Santillana) Repaso dos contidos de Primeiro 

Lecturas

Escritura

Problemas

Cálculo

ISBN : 978-84-680-5998-3

 

Cálculo y Operaciones 1 Primaria( especifico del área matemática)

ISBN: 978-84-680-1941-3

 

Un abrazo, Rafa e Eva

Bo verán

 

Unha odisea no espazo

Presentámosvos a viaxe ao espazo do alumnado de 1ºA Ed.Primaria.

A horta de primeiro

Estimadas familias:

Os nen@s de primeiro estamos a traballar un Proxecto de horta escolar. En días pasados trouxemos a aula esgallos, aromáticas, plantas de tempada, semillas de leitugas, tomates,cenorias...

Enfiamos este apasionante traballo coas merendas saudables que tentamos fomentar tódolos días nas aulas, e co Programa escolar de consumo de froitas.

Grazas a este programa, esta semana tivemos unha fantástica achega.Trátase dun carriño de horta, terra e sementes que recibimos con moitísima ilusión no Centro.

 

 

 

Familias diversas

Ola familias

No día de hoxe, o alumnado de primeiro de primaria e os seus titores, poidemos desfrutar dunha actividade promovida pola Concellería de Igualdade dentro da programación Primavera Lila.

A actividade consistía nun Contacontos, no que o alumnado, mantendo en todo momento o protocolo COVID, pudo participar nas distintas propostas ( adiviñas,bailes,etc)

Clicade nos arquivos para ollar as fotos.

Un saúdo

Os titores 

Actividades aula dixital semana de Entroido

Ola familias, deixamos a continuación as actividades a realizar polo alumnado durante a semana do 14 ao 21 febrero.

Levan as libretas de Lingua Galega, xa que algúns dos exercicios teñen que facerse nela.

Lingua Galega:

Unidade 8. Un día de chuvia.

Unidade: Informar sobre o tempo

Libro: "O paraugas do pirata". Copiar a lectura na libreta e facer un debuxo. O título farase a bolígrafo e o resto a lápis.


Páxina 158: Exercicio número 2 

Páxina159: Exercicio número 1 ( ambos na libreta)

Xeral:

Vocabulario de ximnasio.

Vocabulario de entrada do colegio.

Ciencias sociais:

Libro: Estados da auga.

A auga na paisaxe.

Albúm das estacións.

Libro: Unidade 3

O aire e a auga.

Páxina 49 : Constrúo un papaventos.

Un saúdo, os titores

 

 

 

ENGLISH

Activity Book. Page number 17, 18 and 22.

Nova tarima nas aulas de Ed.Primaria

Estamos a rematar coa instalación de tarima na planta baixa do edificio principal. Agora é a quenda das aulas que actualmente ocupan 1º de Ed.Primaria.

A intención é que o noso alumnado estea o máis cómodo e confortable posible.

Actividades aula virtual

Bo dia

A continuación deixamos as actividades a realizar polo alumnado, na aula virtual, nas semanas do 18  ao 30 de Xaneiro.

Ciencias Naturais: Alimentos

Actividades: Os alimentos 

Que fas para alimentarte ben?

Matemáticas: Numeración 

La Decena

Más Decenas

Descomposición de decenas

Lingua: Recursos


Discriminación visual. A letra h

Lectura: Un montón de fotos de familia

Libro: Unidade 3: Mercando no barrio

Contacontos: A pita Lina

Onomatopeyas con C / G

Lengua: Actividades

La letra H

Lectura comprensiva: El chino parlanchín.

 

English 1st

Happy New Year

Comenzamos este novo ano entrando na Aula Virtual de Santillana para ollar no Student´s Book a Unit 3: PERFECT PETS ( mascotas).

Faremos o Picture Dictionary desta unidade, lembrade, en folio branco A4 escribimos o título en grande e con cores e, a continuación, facemos os debuxos do novo vocabulario acompañados das palabras escritas.

Podemos escoitar os listenings e, despois, estamos xa preparados para facer os primeiros exercicios da unidade no Activity Book.

ENGLISH

                                                CHRISTMAS  2020.

 

Xa está aquí o Nadal . Con tal motivo recoméndovos unha páxina web chea de actividades:

  • Printables.
  • Debuxos.
  • Fichas.
  • Recortables.
  • Pop up.
  • Coloreables.
  • Manualidades .
  • E , por suposto, moitas, moitas  songs.

 

www.supersimplesongs.com

 

                                       MERRY CHRISTMAS!

 

Aula virtual

Actividades semana do 23 ao 27 de Novembro

Lengua:

Libro: La vocal u. Discriminación auditiva

El sonido M : Discriminación auditiva

Actividades: El sonido R

La letra M

Matemáticas:

Libro:  más decenas

General: Atrapa el resultado 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031