Marco Teórico
Marco Teórico
A Aprendizaxe Cooperativa é :
- Unha condición e un instrumento para a inclusión , para o desenvolvemento da solidariedade e a cohexión social.
- Unha finalidade do sistema educativo e, á súa vez, un medio para o desenvolvemento das competencias clave.
- Utilizar cunha finalidade didáctica o traballo en equipos reducidos de alumnos e alumnas, empregando unha estrutura da actividade de xeito que se asegure ao máximo a participación igualitaria de todos os membros do equipo e a interación simultánea entre eles.
A estrutura cooperativa da actividade permite o desenvolvemento das estratexias para a atención á diversidade na aula, coa finalidade de que todos os membros dun equipo aprendan os contidos escolares cada un ata o máximo das súas posibilidades e aprendan, ademais, a traballar en equipo e outros valores como a solidariedade, o respeto polas diferenzas, a axuda mútua, etc.
–Pere Pujolás. 2008.