CUALE

Coordinadora: Ana Belén García

Surf in English

O pasado 9 de maio o alumnado de CUALE, acompañado da nosa Auxiliar de Conversa Anjika, puido desfrutar dunha tarde de surf na praia de Patos. A actividade estivo a cargo da escola Prado Surf. 

O alumnado aprendeu moito sobre este deporte grazas ao monitor, co que se comunicaron en inglés todo o tempo. El lles ensinou como coller unha ola,  como poñerse de pe na táboa, etc., ademais de darlles tódalas indicacións de seguridade precisas para gozar deste deporte con seguridade.

Foi unha actividade na que todos os alumnos e alumnas o pasaron en grande, as tres horas que estiveron se lles fixeron curtas, e todos quedaron con ganas de repetir.

Era a primeira vez para todos, e no adxunto podedes ver unha mostra do que conseguiron neste primeiro día de contacto con este deporte que tanto os enganchou. Non o fixeron nada mal!

Unha tarde de deporte, natureza, inglés e moitas risas!

 

Snacks de Singapur

A nosa Auxiliar de Conversa, Anjika, tivo o detalle de traer algúns snacks do seu país, Singapur, para que o alumnado os puidese probar. Nesta ocasión foi o alumnado de CUALE o que tivo a sorte de coñecer, probar e desfrutar o que comen as persoas dun país asiático como é Singapur. Nos explicou que en realidade son alimentos que teñen a súa orixe noutros países como Xapón, Tailandia, Filipinas... Tamén nos falou das deliciosas (e estrañas) froitas que teñen en Asia, pero que desgraciadamente está prohibido traer a España.

No vídeo podedes ver as reaccións do alumnado...

Moitas grazas Anjika! Foi toda unha experiencia!

 

ESCAPE ROOM

No mes de abril o alumnado de CUALE puido desfrutar dunha saída para facer unha actividade de Escape Room en inglés. Desprazáronse ata a Sala Enigma de Ourense, acompañados da profesora e da Auxiliar de Conversa.

Todo o alumnado colaborou de maneira activa e estivo moi implicado para descifrar as pistas, resolver o enigma de Romasanta e poder saír con vida!

ESCAPE ROOM

O 9 de Marzo o alumnado de CUALE desprazouse ata Ourense para participar nunha actividade de Escape Room na Sala Enigma. 

Tiveron que resolver o misterio de "Romasanta" a través de probas e pistas, todas en inglés.

Todos os alumnos e alumnas estiveron moi implicados na actividade, descifraron os códigos e conseguiron, traballando en equipo, resolver o misterio e saír da Escape Room con vida!!

Proxecto de doblaxe de CUALE 2021/22

Durante o pasado curso escolar 2021/22, o alumnado de CUALE participou nun proxecto de doblaxe cuxos resultados foron publicados na páxina web de https://www.digitalpigeon.com.

Anexamos o resultado deste proxecto, no cal o alumnado invertiu moito tempo de traballo.

INGLÉS. PROGRAMA CUALE CURSO 2021-22

O centro volve ofertar para o próximo curso 21-22 o programa CUALE, programa de profundización na lingua inglesa,  que se regula na Orde do 3 de xuño de 2010 (DOG do 11 de xuño) e cuxos objetivos, entre outros, son os seguintes:   

- Fomentar a realidade plurilingüe nos centros educativos aproveitando os seus propios recursos.

- Achegar o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e os novos niveis de competencia ao alumnado. 

- Preparar o alumnado para que poida examinarse por libre dos correspondentes niveis ou converterse en futuro alumnado das EE.OO.II.

 

No arquivo adxunto atópase o impreso de preinscrición que pódese devolver escaneado ao correo do centro:

 

www.cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

ASUNTO: Preinscrición CUALE curso 21-22

 

O prazo de preinscrición remata o 30 de setembro de 2021

 

  

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031