Meteoescolas

Coordinadora: Iria Chapela

Anunciando a meteoroloxía en portugués!

Dentro do programa Meteoescolas, o alumnado de 1º ESO de Portugués aproveitou unhas sesións na aula de Polos Creativos para gravar a meteoroloxía en portugués.

Unha parte do alumnado centrou as súas predicións no tempo meteorolóxico dunha fin de semana nas localidades de Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo. Por outra banda, outra parte das alumnas e alumnos de Lingua Portuguesa expuxeron as súas predicións centradas en localidades de Portugal, coma Lisboa, Porto ou Viana do Castelo.

Barómetro caseiro

O alumnado de 2º da ESO fixo o seguinte traballo de investigación dando resposta as seguintes cuenstións:

- Que é a presión atmosférica?

- Que é un barómetro, como funciona?

- Poderíase elaborar unha pequena predición baseándose nos valores que vai tomando o barómetro?

- Saberías explicar este refrán: "Cando sobe a presión, podes ir de excursión"

- Sabes quen foi o Pai Merino? Non? Pois salvou moitas vidas aconsellando se debían saír ou non ó mar os mariñeiros, baseándose no barómetro. En que época viviu?

Unha vez traballados todos estes coñecementos fixemos na clase un barómetro caseiro co que puideron ver nas súas casas os cambios de presión.  

Gañadores do Concurso de Fotografía Meteorolóxica

O pasado 16 de maio entregáronse os premios aos gañadores e gañadoras do IV Concurso de Fotografía Meteorolóxica.

Chloe Leyenda, gañadora da categoría de 1º a 3º Ed. Primaria

Lois Giráldez, 1º posto da categoría 4º a 6º de Ed. Primaria

Antón Freire e Alejandra Pérez, 2º e 3º posto da categoría de 4º a 6º Ed. Primaria

Leo Álvarez, 1º posto da categoría de 1º e 2º Ed. Secundaria

Artai Abalde, 2º e 3º posto da categoría de Ed. Secundaria

Anxo Rajó, 1º posto na categoría de Persoal do Centro


 Luísa Aldao, 2º posto na categoría de Persoal do Centro

Lía Rodríguez, 3º posto na categoría de Persoal do Centro

Concurso de Fotografía Meteorolóxica na Semana da Ciencia

Todas as fotografías achegadas ao IV Concurso de Fotografía Meteorolóxica foron expostas durante a Semana da Ciencia. Alí, fíxose pública a decisión do xurado cos gañadores das distintas categorías.

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA POLA CONTORNA. 5ºB

 

 

 

 
     

Os alumnos e as alumnas de 5º B realizamos unha saída didáctica para visitar a estación meteorolóxica que Meteogalicia ten na zona de Santa Marta.

      
 

 

        

           
   
     
     
      Unha vez investigado os distintos instrumentos de medida que hai nunha estación. Buscamos recursos didácticos en distintas páxinas web que nos informasen como podíamos construilos e así, como podedes ver nesa imaxe, estamos a participar na "Semana de Ciencia"       
 

 

           
   
     

Estudamos as estacións meteorolóxicas

O alumnado de 4º Ed. Primaria estudou os distintos aparellos que podemos atopar nunha estación meteorolóxica, como a que temos no centro: pluviómetro, anenómetro, termómetro, veleta... 

Os resultados foron plasmados en cartolinas como as que se amosan a continuación:

 

Despois deste traballo de investigacións, están feitos uns expertos e expertas!

Concurso de Fotografía Meteorolóxica

Con motivo do Día Mundial da Meteoroloxía, convócase a IV Edición do Concurso de Fotografía Meteorolóxica.

 

O alumnado interesado en participar poderá enviar un máximo de dúas fotografías, con pareado en galego, a meteocova@gmail.com. A data límite de entrega é o 22 de marzo. Consulta as bases completas aquí

Última hora!!! Aberta categoría de participación para o persoal do centro.

Recollendo datos

O alumnado de 1º ESO comezou o ano recollendo datos na estación meterolóxica da escola, rexistrando as temperaturas máximas e mínimas e as precipitacións. Estes datos, de enorme interese, serán subidos á páxina web de meteogalicia.

Riscos globais

No 1º trimestre do curso 2023/24, na materia de Xeografía e Historia impartida en 3º ESO, o alumnado estivo traballando de forma conxunta co fin de elaborar un informe o impacto ambiental do cambio climático en diferentes accidentes xeográficos ubicados en distintos continentes.

Nos traballos adxuntos pódese ver:

  1. Imaxe satélite do accidente xeográfico.
  2. Mapa coa localización do accidente xeográfico.
  3. Riscos ambientais: resumo da problemática do cambio climático que está afectando a este accidente xeográfico.
  4. Imaxes da apariencia do accidente xeográfico a pé de campo.

 

 

 

A meteoroloxía a través das estacións: o outono

Proxecto MeteoEscolas na aula multisensorial

Durante o mes de outubro na aula multisensorial do centro realizamos actividades para coñecer a meteoroloxía do outono, así como dos elementos característicos desta estación.

Para isto, realizamos transvasamentos en auga con follas, landras, pico ou paus, investigando tamén as súas texturas e a súa flotabilidade.

Do mesmo xeito, empregamos a mesa de luz para experimentar co nome desta estación, coñecer as letras que o compoñen e xogar con follas translúcidas.

Tamén puxemos a funcionar os nosos oídos escoitando a chuvia que tanto nos está a acompañar. Para poder facelo só tivemos que abrir a fiestra e tamén nos axudamos dun obxecto que simula o son deste fenómeno. Ademais, rematamos coa reprodución da peza "Outono" de Vivaldi. Pasámolo en grande!

  

 

Proxecto de Estatística sobre a chuvia

Dentro do Proxecto MeteoEscolas, o alumnado de 2º ESO desenvolveu un proxecto na terceira avaliación que consistiu en analizar dende o punto de vista estatístico os días de chuvia en distintas estacións meteorolóxicas próximas ao centro. 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. Cada persoa analizou un ano e realizou un conteo do número de días de chuvia mensuais, calculou a media, a mediana e a moda, e elaborou gráficos estatísticos e a táboa de frecuencias.

Nos documentos adxuntos poden consultarse algúns exemplos das tarefas entregadas.

Proxecto Meteoescolas en 1º ESO

PROXECTO METEOESCOLAS EN 1º ESO

No curso 2022-2023, o alumnado de 1º ESO participou no Proxecto Meteoescolas levando a cabo pequenos proxectos colaborativos para o estudo do clima en diversos concellos galegos. Este proxecto foi avaliábel e formou parte da cualificación final da 1ª avaliación.

O obxectivo principal deste proxecto era o estudo da diversidade do clima galego, realizando comparacións entre a climatoloxía de costa e de interior, de concellos do norte e do sur de Galicia. Concretamente, o alumnado investigou a respecto da temperatura, a pluviosidade, o vento e a presión atmosférica. Acompañando estes datos, cada parella ou pequeno grupo presentaba brevemente o concello obxecto de estudo, xunto con algunhas imaxes representativas dos espazos do patrimonio natural e etnográfico do municipio.

Para a investigación, o alumnado estudou as estacións meteorolóxicas de distintas localidades galegas, inseridas en Meteogalicia, e consultáronse outras páxinas web relativas á climatoloxía, que tiveron que identificar e analizar:

www.meteogalicia.gal

www.windguru.cz

www.eltiempo.es

Gañadores do III Concurso de fotografía meteorolóxica

O xurado do III Concurso de fotografía meteorolóxica, composto por docentes que participan no Plan Proxecta Meteoescolas, seleccionou aos seguintes gañadores entre todas as participacións:

Na categoría de 1º a 3º de Ed. Primaria:

-1º posto: Carla Docampo

- 2º posto: Sara Cela

- 3º posto: Antón Freire

Gañadores posando co seu agasallo (Carla Docampo, Antón Freire e Sara Cela)

Na categoría de 4º a 6 de Ed. Primaria:

- 1º posto: Lois Giráldez

- 2º posto: Daniela Rial

- 3º posto: Daniela Lucas

Gañadores posando co seu agasallo (Daniela Lucas, Lois Giráldez e Daniela Rial)

Na categoría de 1º e 2º Ed. Secundaria:

- 1º posto: Unai Pombal

- 2º posto: Unai Pombal

- 3º posto: Leo Álvarez

Gañadores posando co seu agasallo (Unai Pombal e Leo Álvarez)

Na categoría de adultos:

- 1º posto: Mª Luísa Aldao

- 2º posto: Carla Iglesias

- 3º posto: Isabel Martínez

Gañadoras posando co seu agasallo (Isabel Martínez, Luísa Aldao e Carla Iglesias)

No ficheiro adxunto pódense admirar todas as fotografías gañadoras. 

Participacións no III Concurso de fotografía meteorolóxica

Este ano a participación no concurso foi ampla e variada, con alumnado de Ed.Primaria e Secundaria e profesorado e persoal non docente. No seguinte vídeo están recollidas todas as imaxes que foron achegadas. Axiña teremos aos gañadores do concurso!

 

Relación da climatoloxía coa paisaxe

Dentro do proxecto de Meteoescolas, o alumnado de 2º ESO estivo realizando un traballo de investigación na materia de Xeografía e Historia no que tiveron que buscar imaxes sobre os distintos tipos de paisaxes que existen no territorio español, e relacionalos coas características climatolóxicas asociadas a cada tipo, co fin de amosar a influencia do clima sobre as características paisaxísticas.

Para facer este traballo formaron grupos de 4 persoas, nos que crearon unha presentación seguindo as indicacións da Guía da actividade (ver adxunto).

Os mellores traballos aparecen recollidos na documentación adxunta.

 

Proxecto en ciencias

Durante o primeiro trimestre, na materia de Ciencias Sociais realizamos un proxecto na aula de 4ºA de Primaria.

Este proxecto chamouse "A Terra" e cada alumno fíxose experto de contidos específicos. Entre outros, traballamos a atmosfera, o tempo atmosférico, a medición do tempo atmosférico e os diferentes climas.

Resultou moi motivador traballar estos contidos a través de grupos de expertos dentro dun proxecto.

 

III Concurso de fotografía meteorolóxica

O CPI de Cova Terreña convoca o III Concurso de fotografía meteorolóxica para celebrar o Día Mundial da Meteoroloxía, que se celebra o 23 de marzo.

 

Todos aqueles que desexen participar deben mandar as súas fotografías e pareados (en galego) a meteocova@gmail.com, indicando o nome e o curso. Establécense diferentes categorías para alumnado e persoal do centro.

A data límite de entrega é o 30 de marzo. Os premios serán entregados á volta de Semana Santa.

Consulta as bases completas aquí

Recollida de datos na estación meteorolóxica

O alumnado de 1º ESO encárgase, outro ano máis, da recollida de datos na estación meteorolóxica da escola.

Por grupos, cada semana toman medida das precipitacións coa axuda do pluviómetro e da temperatura mínima e máxima. Para facer esta medida, este curso contamos cun novo termómetro que veu substituír ao que tantos anos e tan ben nos serviu Guiño

COMO ESTÁ O TEMPO HOXE?

Todos os días a primeiriña hora da mañá,  miramos como está o tempo e poñemos a etiqueta no mural da asemblea diaria. Así sabemos si nos temos que abrigar máis ou menos, ou si vai chover, si teremos a oportunidade de ver o arco da vella, ou si teremos que quitar o abrigo porque vai calor

o tempo 

A SARABIA

Aproveitamos a sarabia que caeu no patio de recreo para comprobar os distintos estados da auga na natureza, cun experimento moi interesante:

 Miramos como caía a sarabia. Logo manipulámola e xogamos con ela. ¿Que frío nas mans! Podes pinchar no título A SARABIA si queres ver o video

A SARABIA

despois puxemos un pouquiño na calefacción da aula

e un tempiño despois descubrimos que se convertera en auga, por mor da calor

 Foi moi divertido!!!

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031