Meteoescolas

Coordinadora: Iria Chapela

Somos unha MeteoEscola excelente!

O traballo desenvolvido dentro do Plan Proxecta MeteoEscolas o curso 21/22 foi avaliado moi positivamente, tanto é así que o noso proxecto foi recoñecido cun diploma de excelencia que así o acredita.

 

Ademais, como premio recibimos unha manga de vento para completar a nosa estación meteorolóxica, de xeito que agora podemos tomar medidas dos refachos de vento no noso centro. 

 

Este curso continuaremos traballando entre todas/os para continuar na mesma boa liña. 

ESTUDO DOS EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA NAS PLANTAS EMPREGANDO UN MODELO.

Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de Ciencias aplicadas de 4º ESO levou a cabo en equipos de 3-4 alumnos/as un EXPERIMENTO PARA ESTUDAR OS EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA NAS PLANTAS empregando un modelo e transmitindo aos seus compañeiros e compañeiras a análise dos seus resultados e as súas CONCLUSIÓNS nunha EXPOSICIÓN coa axuda dunha PRESENTACIÓN DIXITAL.

Estes foron os equipos:

Abraham, Yaiza e Óscar  Iván, Brais e Sergio 

Antía, Zaira e Noa Martínez Noa Vasc., Ana, Alba Rguez, Lara

   

Alba Vidal, Antón, Diego e Pedro

Os equipos durante as súas exposicións explicáronnos:

A chuvia ácida é calquera precipitación que presente elevadas concentracións de ácidos, en particular ácido sulfúrico e nítrico. Ten a súa orixe nas emisións á atmosfera de gases coma os óxidos de nitróxeno e de xofre que, ao combinarse coas partículas de auga presentes no aire, forman ácidos (ácido nítrico e sulfúrico) que se disolven nas gotiñas de auga das nubes. O vento as propaga, incluso a centos de kilómetros, e finalmente precipitan sobre o solo, a vexetación e os lagos, provocando diversos danos a estes ecosistemas:

Aumento da acidez da auga e do solo que produce o dano e ata a morte directa de plantas e de animais, algas e plantas acuáticas, mobilización de metais tóxicos como o cadmio e o mercurio e incluso dano nos edificios.

Estes gases de nitróxeno e xofre proceden principalmente da queima de combustibles fósiles coma o carbón e os derivados do petróleo. Logo a solución pasa pola redución do emprego deste tipo de combustibles para a obtención da enerxía, fomentar o aforro enerxético e substituir progresivamente esta fonte de enerxía polas enerxías renovables.

Os equipos puxeron exemplos de situacións nas que a chuvia ácida ten provocado danos aos bosques, entre eles, o risco de chuvia ácida que se viviu durante a erupción do volcán na illa da Palma.

No experimento empregaron un modelo baseado na xermolación de sementes en distintas condicións de acidez: sementaron lentellas e as regaron con disolucións de concentracións crecentes de vinagre (este é o ácido que simula a acción dos ácidos da chuvia ácida).

Os resultados non foron os desexados, agás nun dos equipos, no que si que se verificou que as plantas creceron máis canta menos cantidade de ácido contiña a auga de rego.

Para levar a cabo o experimento os equipos seguiron o método científico, apuntando cada día de rego os datos de crecemento das plantas nunha táboa para logo analizalos realizando unha gráfica. Nesta gráfica amósase como inflúe a crecente concentración de ácido na disminución do crecemento medio das plantas.

 

Este traballo foi exposto nun dos stands da Feria da Ciencia deste curso co seguinte cartel expositor xunto ás plantas en crecemento:

 

 

Análise da variación das temperaturas máxima e mínima en Vigo dende 1962

 

O alumnado de 3º ESO analizou os datos de temperaturas máximas e mínimas rexistradas nas últimas décadas e traballou na folla de cálculo para determinar os cambios ocorridos nese tempo.

Nos arquivos adxuntos poden consultarse algúns dos traballos desenvolvidos.

Literatura meteorolóxica

O alumnado de lingua galega de 1º da ESO estivo a pesquisar nalgúns dos libros que tiñan a man a frecuencia con que aparecían os fenómenos meteorolóxicos entre as súas páxinas. Para a súa sorpresa, practicamente en todos os libros de consulta, escollidos de xeito totalmente aleatorio, contiñan xa nas súas primeiras páxinas varios destes fenómenos que foron recollendo, definindo e anotando os datos da edición literaria para iren elaborando unha presentación que recollese os froitos da súa pesquisa.

Eis os resultados.

 

Análise de distintos aspectos da chuvia recollida en Galicia

O alumnado de 2ºESO que aprobou a materia trala 3ª avaliación desenvolveu actividades de ampliación durante o mes de xuño relacionadas co Plan Proxecta MeteoEscolas, no que o centro participa dende hai varios cursos, e co Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística.

 

Desta volta, o mes de xuño aproveitouse para analizar distintas características da chuvia recollida na última década nas sete principais cidades galegas (Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol). O periodo analizado foi do 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de maio de 2022 (con algunha excepción nas cidades nas que non había rexistros tan antigos).

 

 

 

Distribuidos en grupos, debían analizar os datos dispoñibles na páxina de MeteoGalicia dunha das cidades e respostar ás seguintes cuestións:

  • Que clima caracteriza a cidade atendendo á precipitación total anual?
  • Cales son os meses nos que chove máis?
  • Como é a chuvia: poucos días pero intensos ou moitos días pouco intensos?
  • Que variación porcentual de chuvia total anual se rexistrou en 2021 con respecto a 2011?
  • Como está sendo 2022? Cal é a variación porcentual mensual de chuvia recollida en 2022 con respecto a 2021?

 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. 

 

 

 

Todo o traballo desenvolveuse en galego, de xeito que o alumnado traballou conceptos científico-matemáticos nesta lingua, deixando a un lado o castelán habitual e demostrando que a ciencia e a tecnoloxía non entende de fronteiras idiomáticas.


Nos documentos adxuntos poden consultarse as instrucións proporcionadas ao alumnado e as cuesións plantexadas, así como algúns exemplos das tarefas entregadas.

 

 

 

Resultados do concurso de Fotografía Meteorolóxica

Tras a convocatoria que fixeron Lentiña, Cova e Terreña reeditando o Concurso de Fotografía Meteorolóxica, houbo unha gran participación por parte da rapazada e o profesorado do centro. Nas imaxes recibidas, atopamos solpores, arcos da vella, chuvias e trebóns e mesmo neve. Cada unha acompañada do seu correspondente pareado en galego. Velaquí tedes o material recibido:

 

Os gañadores, por categorías, son os que se amosan na presentación adxunta, na que tamén aparecen os alumnos e alumnas co seu agasallo.

 

 

 

Categoría Primaria 1º-3º: Chloe Leyenda (1º Premio), Nora Piñeiro (2º Premio), Lois Giráldez (3º Premio)

 

Categoría Primaria 1º-3º: Irene Matos (Accésit)

Categoría Primaria 4º-6º: Lucía Núñez (1º Premio), Anxo Giráldez (2º Premio), Adriana Sánchez (3º Premio)

 

Categoría Secundaria 1º-2º: Leyre Alonso (1º Premio), David González (2º Premio), Lucía Alonso (3º Premio)

Categoría profesorado: Rocío Dourado (1º Premio), Iria Chapela (2º Premio), María Dolores Ros (3º Premio)

SEMANA DA CIENCIA 2022

 

 

METEOROLOXÍA

A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

E INSTRUMENTOS DE MEDIDA

 
     

Traballo realizado polo alumnado de 5º A e 5º B

      
 

Prema na imaxe para ver o vídeo

         

        

           
   
     

 

Sección meteoroloxía e sociedade no xornal da escola

Con motivo da semana da prensa, elaborouse un xornal da escola coas achegas do alumnado. Dentro do proxecto MeteoEscolas, en 2º de ESO confeccionamos a sección "Meteoroloxía e sociedade", na que se incluiron novas relacionadas coa chuvia recollida nas estacións da rede.

Está a ser un ano máis seco? Canto máis choveu en Baiona en anos anteriores? Que pasa coa chuvia e as festas da Arribada, Reconquista de Vigo e Feira Franca de Pontevedra? Esta e outras cuestións abordáronse nos artigos publicados, que se poden consultar nas fotografías adxuntas.

Lentiña, Cova e Terreña precisan axuda para identificar fenómenos meteorolóxicos!

Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique"-

Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:

Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.

Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:

  • Nome da/o participante e curso.

  • A fotografía inédita e propia.

  • Un pareado que acompañe e explique a fotografía (estrofa formada por dous versos que riman) en galego.

Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.

A data límite de entrega é o venres 8 de abril ás 12h do mediodía.

Estableceranse 5 categorías de premiados por nivel educativo e unha categoría de profesorado e persoal non docente, podendo quedar deserto algún premio:

  • Infantil

  • Primaria:

    • 1º, 2º e 3º

    • 4º, 5º e 6º

  • Secundaria

    • 1º e 2º

    • 3º e 4º

A entrega de premios será efectuada á volta de Semana Santa.

 

AXUDADE AS TARTARUGAS NESTA NOVA AVENTURA TEMPORAL!!!

SAÍDA DIDÁCTICA

 

     
     

Os alumnos e as alumnas de 5º de educación primaria realizamos unha saída didáctica para visitar a estación meteorolóxica, que Meteogalicia ten na zona de Santa Marta.

      
 

 

 

Prema para ver o vídeo de fotos que realizou a cámara da estación meteorolóxica o 18- 03- 22. E aí estabamos nós!! 

 

Aproveitamos tamén, para ver e debuxar os distintos elementos da paisaxe e tamén para recoller, na praia, cunchas e restos de crustáceos.

 

 

           
   
     

Recollida de datos na estación meteorolóxica da escola

O alumnado de 1º ESO comezou a rexistrar os datos da estación meteorolóxica que temos na escola (temperatura máxima  e mínima e precipitacións). Ditos datos poden ser consultados na páxina web de meteogalicia.

 

Alumnado de 1º ESO A

Análise de datos meteorolóxicos

Na materia de Xeografía e Historia,
como parte do proxecto de Meteoescolas, durante este primeiro
trimestre o alumnado de 1º ESO estivo consultando en MeteoGalicia
os datos de temperaturas, precipitacións e refacho máximo de varias estacións
meteorolóxicas repartidas por toda Galicia. A finalidade deste proxecto era que
o alumnado fose capaz de explicar cal é a relación que existe entre a presenza
das borrascas e os anticiclóns e as variacións dos datos meteorolóxicos.

Nos arquivos adxuntos pódese consultar a guía con
todos os pasos que o alumnado tivo que realizar para desenvolver este proxecto,
así como os mellores traballos resultantes do mesmo.

4º ESO A. O CLIMA E A VIDA.

O alumnado de 4º ESO A, dentro do plan proxecta Meteoescolas, levou a cabo unha serie de traballos en equipo sobre distintos aspectos relacionados co clima que forman parte do currículo da materia de Bioloxía e Xeoloxía para este curso.

O produto final destes traballos foron as presentacións dixitais e exposicións perante os compañeiros dos seus traballos.

A continuación, unhas imaxes das presentacións dixitais elaboradas por cada equipo, e das súas exposicións:

O equipo "Os secos", composto por Sandra Losada, Santiago Miniño e Lara Taboada, faláronnos sobre as secas, diferenciando entre os dous procesos, da desertización e o da desertificación, que adoitan confundirse. O primeiro débese a causas naturais, mentres que o segundo débese á acción humana. Este aspecto do clima garda unha estreita relación co quecemento global, sendo unha consecuencia deste, e un factor importante do cambio climático que estamos a experimentar.

Presentación sobre AS SECAS. DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN e un momento da exposición de Lara, Santi e Sandra.

O equipo formado por Carmen Bouzas, Carmen María Poza, Inés Rey e Valentina Seijo fixéronnos reflexionar sobre a idea dun clima sempre cambiante ao longo de toda a historia do noso planeta, xa que afondaron nos cambios que teñen ocorrido no clima durante o pasado da Terra, e que non sempre foron inocuos para moitas especies.

Desta maneira, faise máis evidente a posibilidade de que o cambio climático que estamos vivindo poda chegar a causar grandes extincións de especies

.

Presentación O CLIMA NO PASADO, CAMBIOS CLIMÁTICOS NA HISTORIA DA TERRA e momentos da exposición de Valentina, Carmen B, Inés e Carmen Mª.

O equipo de Ana Cabreira, Luna Büchler, Andrea Fontao e Cloe Vizoso relatounos como, neste momento da historia do noso planeta, a situación dos distintos territorios continentais respecto do Ecuador ou as correntes mariñas, entre outros factores, condicionan as características climáticas de grandes zonas, e das especies que nelas habitan. Son os chamados Biomas, os grandes ecosistemas da Terra: deserto frío, tundra, taiga, bosque caducifolio, bosque tropical ou deserto cálido.

Presentación sobre OS GRANDES ECOSISTEMAS DA TERRA: OS BIOMAS e un momento da exposición de Luna, Ana, Andrea e Cloe.

Por último, o Team M, composto por Mariña Barreiro, Carmen García, Emilio Rodríguez e Marta Leyenda, desenvolveron a súa presentación e exposición sobre O Quecemento global e o Cambio climático. Explicáronnos que o quecemento global é o aumento da temperatura da Terra, que se reflicte nos océanos e na atmosfera, causado, principalmente, pola emisión de gases de efecto invernadoiro liberados nas actividades humanas. Mentres que o cambio climático é a variación do estado do clima, atribuído directa ou indirectamente á actividade humana, causado principalmente polo quecemento global, e que ten como consecuencia o derretemento dos polos e a subida do nivel do mar ou fenómenos meteorolóxicos extremos (furacáns, inundacións, incendios ou secas, entre outros efectos negativos.  

Presentación  O QUECEMENTO GLOBAL E O CAMBIO CLIMÁTICO e momento da exposición de Marta, Mariña e Carmen (Emilio ausente).

 

4º A. Visita á estación meteorolóxica

Hoxe, fomos visitar a estación meteorolóxica que Meteogalicia

instalou en Santa Marta.

 

 

 

Os polígonos de Thiessen

O alumnado de 4º de ESO traballou no cálculo de precipitacións medias en distintas áreas mediante os polígonos de Thiessen, unha técnica utilizada en meteoroloxía para estimar as áreas de influencia das estacións onde se recollen as precipitacións e poder así calcular a media de forma ponderada dacordo a estas áreas.

O resultado deste traballo estivo dispoñible durante a Semana da Ciencia do centro, e crearon carteis nos que se explicaba tanto a forma na que se definen estes polígonos como casos prácticos de cálculo coa axuda de datos recollidos na propia páxina de Meteogalicia.

Traballos sobre recollida de datos meteorolóxicos

Con motivo da Semana da Ciencia organizada no noso centro, o noso alumnado preparou unha serie de traballos no que analizaron datos estatísticos sobre datos de temperaturas e precipitacións en distintos puntos de Galicia. Todos estes datos foron recollidos da páxina de Meteogalicia e foron procesados con ferramentas informáticas para calcular parámetros estatísticos e elaborar gráficas.

Por último crearon unha serie de carteis nos que resumiron os seus resultados, os cales estiveron expostos durante a Semana da Ciencia.

Caligramas meteorolóxicos e vídeo-creación de prognósticos do tempo.

Ao abeiro do programa Meteoescolas o alumnado de 4º da ESO  desenvolveu na materia de Lingua galega e literatura o proxecto da creación de Caligramas meteorolóxicos, aproveitando os coñecementos adquiridos no tema das Vangardas galegas,  e expostos no mes de abril na entrada do centro, e mais a vídeo-creación de prognósticos do tempo, logo de traballar en profundidade este campo léxico.

Déixovos a continuación algunhas mostras do traballo dos nosos artistas:

 

 

 

 

 

A Meteoescola dos Pequeniños.

Durante este curso os Pequeniños do Cole traballaron no Proxecto Meteoescolas de forma xeral e globalizada adecuada a idade dos alumnos e alumnas. 

Na aula traballaronse as diversas estacions que vivimos durante o curso escolar :Outono, Inverno e Primavera.

Tamén se traballaron diversos fenómenos atmosfèricos de diferentes formas.

Mediante experiencias, vivencias, imaxes e ideas os nenos e nenas puideron profundizar nesas cousas que lles causaban tanto interese.

Realizaban moitas preguntas que se trataron de responder da forma máis sinxela posible adaptaba a súa corta idade.

Moitos dos fenómenos atmosfèricos foron experimentados de xeito especial xa que se apreciaban no patio de recreo ou a través da fiestra da aula. Outros alumnos contaban a os compañeiros cousas que viran desde a sùa casa ou cando ìan coas familias a algún lugar sobre todo pasear ao campo ou a neve. 

En algunha ocasión, dentro do posible, fixemos algunha representación dentro da aula de xeito ficticio outorgando vida a seres inanimados e traballando estes como se tiveran unha vida normal :O Señor Sol ìa a Escola a xogar cos seus amigos, ou a Lùa estaba triste entre outras.

 

Para coñecer máis cómo traballaban "as persoas que miran o tempo" subimos á estación meteorolóxica que temos no centro e resultóulles unha experiencia moi interesante. Comprender que desde alí se podía coñecer canto chovìa ou a temperatura para eles supuxo un gran descubrimento. 

Os nenos e nenas sentìronse moi motivados co tema da metereoloxìa e están desexando coñecer máis cousas. Tiñan moito interese e seguramente lles quedaron moitas inquedanzas. 

Seguiremos vendo fenómenos increìbles.

****A continuación dèixase o enlace dun video donde queda unha pequena mostra de cousiñas que fixeron e de imaxes coas que traballamos ou que descubrimos a través da nosa fiestra de aula. 

4ºA Plan proxecta. Meteoescolas

Dentro do proxecto de Meteoescolas, os alumnos e as alumnas de 4ºA estivemos a buscar información sobre a atmosfera e o tempo atmosférico. Incidimos sobre a troposfera e os fenómenos meteorolóxicos.

Estudamos como funciona unha estación meteorolóxica.

Desde o mes de xaneiro ata o mes de abril, todos os días lectivos, estivemos a recoller datos sobre a temperatura e fómolos anotando día a día nunha plantilla; con eles, realizamos a táboa de frecuencias, vimos cal era a moda, a media e ao final elaboramos os gráficos.

Tamén fomos anotando os fenómenos que se ían producindo día a día, analizando despois en que mes chovera máis ou houbera máis días de sol.

 

Gañadores do concurso de fotografía meteorolóxica

O concurso de fotografía meteorolóxica, celebrada co gaio do Día Mundial da Meteoroloxía, deixounos momentos emocionantes como a entrega de premios. Todos os participantes tiveron o seu agasallo, mais o gañador/a de cada categoría obtivo unha caneca serigrafiada coa súa imaxe e pareado. As fotos escollidas nas distintas categorías pertencen a:

  • Ed. Infantil: Izan Barreiro (5ºA)

  •  Ed. Primaria: David González (6ºA)

  • Ed. Secundaria: Loren Outerelo (1ºB)

  • Profesorado: Rocío Dourado

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930