Fotografía en curso

Coordinadora: Isabel Martínez

Exposición "Os cambios na nosa sociedade"

 

O alumnado de 1ºESO Proxecto Competencial elaborou a exposición na praza de Abastos "Os cambios na nosa sociedade. No camiño contra a desigualdade a través do tempo" que quere compartir coa comunidade educativa e coa xente da vila e visitantes.

A exposición busca reflectir os cambios na nosa sociedade, especialmente poñendo de relevo os avances contra as desigualdades.

Trátase dunha exposición fotográfica con imaxes dunha situación pasada e da situación actual, recreando a escena orixinal. Moitas das fotografías foron realizadas polo alumnado tras participar no proxecto “Fotografía en curso” do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

 Algunhas composicións levan tamén o texto en inglés xa que o alumnado participa das Seccións Bilingües do centro.

Agradecemos ao concello a cesión do espazo. 

https://telemarinas.com/exposicion-fotografica-del-alumnado-del-cpi-de-cova-terrena-en-la-plaza-de-abastos/

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031