Coro

Concerto En Baiona o 14 de decembro na praza do Concello tras recibir a medalla de ouro para o Centro polo seu 50 aniversario. Concerto Na colexiata o 16 de decembro. Concerto en Madrid o 20 de decembro e asistencia ao musical Aladín.

Concerto Cova Canta

O 18 de xuño, o Coro Infantil do centro, dirixido por Nuria Zúñiga, agasallou a familia e amigos cun musical Disney que gustou a todos por igual.

O acto foi presentado polo propio Walt Disney, encarnado por Anxo Rajó. Mediante a interpretación de 9 pezas musicais, fíxose un percorrido pola historia dos filmes Disney, incluíndo Peter Pan, Mary Popins, O libro da selva, A Sereíña, Aladín, Frozen, Wish e Encanto.

Para rematar, a directora do coro pronunciou unhas sentidas palabras de agradecemento e de ánimo para continuar con este apaixoante proxecto.

O acto non se podería ter celebrado sen a colaboración de Marta Cernadas, Lía Rodríguez, Patri Cabadas e Víctor Moreira.

Agradecemos a colaboración do Concello de Baiona, que cedeu o uso do Auditorio V Centenario.

Musical Disney

O Coro Infantil do centro, integrado por 68 alumnos e alumnas de 1º a 6º de Ed. Primaria, estreará o martes 19 de xuño, ás 19h, o seu musical de fin de curso no Auditorio V Centenario de Baiona. No mesmo, interpretarán 9 cancións do Universo Disney.

https://valminortv.com/2024/06/17/concierto-del-coro-infantil-del-cpi-de-cova-terrena/

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031