Apuntámonos a non beber
PROGRAMA APUNTÁMONOS A NON BEBER
O alumnado de 2º e 3º da ESO está a participar no programa "apuntámonos a non beber". O obxectivo desta intervención é previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade ou atrasar o inicio do seu consumo no caso de que xa se este producindo.
O venres 31 de marzo, como primeira parte do programa, asistiron a unha charla onde se lles falou das consecuencias que ten o alcohol no organismo e das estratexias de mercadotecnia que teñen as empresas para comercializar o seu produto.
Na segunda parrte do programa o alumnado terá que elaborar unha mensaxe de contrapublicidade denunciando as consecuencias do consumo de bebidas alcohólicas.
Esta actividade forma parte do plan Proxecta "apuntámonos a non beber" e tamén do programa EduSaúde.
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue
APUNTÁMONOS A NON BEBER
Un ano máis continuamos co proxecto "apuntámonos a non beber". Esta iniciativa está enfocada especialmente para o alumnado de 3º e 4º da ESO.
O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol en persoas menores de idade e o atraso da idade de inicio no seu consumo.
O consumo de alcohol provoca cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia.
O sistema nervioso das persoas menores é moi sensible ao consumo de bebidas alcohólicas, e o seu consumo en atracón ten consecuencias negativas para o funcionamento e maduración cerebral, ademais de asociarse a unha maior incidencia de lesións, accidentes e prácticas sexuais de risco.
Entre outras razóns, numerosos estudios científicos relacionan o consumo de alcohol cun maior risco de padecer diversas patoloxías do fígado.
Se nos preguntamos canto alcohol pódese consumir de forma segura para manter unha boa saúde xeral e a do fígado en particular a resposta é só unha: cero.
A OMS lembra que calquera consumo, por mínimo que sexa, implica un risco.
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue
APUNTÁMONOS A NON BEBER
Neste curso, dentro do plan Proxecta, temos un programa novo para o alumnado do último curso: APUNTÁMONOS A NON BEBER.
O obxectivo é a prevención do consumo de alcol en menores e o retraso na idade de inicio do seu consumo.
Faremos un total de 3 actividades ao ongo do curso.
O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia; pode inducir trastornos mentais non só nas persoas dependentes, senón tamén nas consumidoras regulares (World Health Report, 2002). Estes riscos agrávanse cando quen consume alcohol é unha persoa menor de idade (Cadaveira, 2009). O consumo de alcohol entre os menores de idade ten consecuencias inmediatas e graves, así como consecuencias prexudiciais a medio-longo prazo (López-Caneda et al., 2014). O cerebro dos menores de idade é especialmente vulnerable aos efectos do alcohol.
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue