blogue demonica.rodriguez.rial
SERES VIVOS
Estimadas familias.Estamos a estudar os seres vivos, e o ciclo da vida. Os nenos e nenas da aula reproduciron en plastilina os que eles escolleron, aquí tedes as as fotos.
- APIs de Blogue
COMO ESTÁ O TEMPO HOXE?
Todos os días a primeiriña hora da mañá, miramos como está o tempo e poñemos a etiqueta no mural da asemblea diaria. Así sabemos si nos temos que abrigar máis ou menos, ou si vai chover, si teremos a oportunidade de ver o arco da vella, ou si teremos que quitar o abrigo porque vai calor
- APIs de Blogue
A SARABIA
Aproveitamos a sarabia que caeu no patio de recreo para comprobar os distintos estados da auga na natureza, cun experimento moi interesante:
Miramos como caía a sarabia. Logo manipulámola e xogamos con ela. ¿Que frío nas mans! Podes pinchar no título A SARABIA si queres ver o video
despois puxemos un pouquiño na calefacción da aula
e un tempiño despois descubrimos que se convertera en auga, por mor da calor
Foi moi divertido!!!
- APIs de Blogue
Os ARTISTAS DE ED. INFANTIL . UNHA LEMBRANZA
Estimadas familias:
Benvidos a este novo curso que estará cheo de retos e aventuras. Para comezar, déixovos unha poesía que aprenderon os vosos artistas cando tiñan 3 aniños. É só unha mostra, xa que non todos quixeron participar, e hai que respectar ao que aínda non se atreve. Pero asegúrovos que son todos moi listiños e van crecer moito todos xuntos e madurar aínda máis!!!
Unha aperta para todos e todas, espero que poidades gozar dos vídeos.
https://photos.app.goo.gl/knfpPaJY8bgjwnfz6 Jana
https://photos.app.goo.gl/6BtibB2PcrtQuRcNA Todos
https://photos.app.goo.gl/ffMKaxay766wXkNe6 Nuno
https://photos.app.goo.gl/jCeMhYs1TBtzw2mL7 Alvaro
https://photos.app.goo.gl/483BLzhUgqrHr8CL7 Juan
https://photos.app.goo.gl/bgm122y4HiaKx1M66 Manuela
https://photos.app.goo.gl/4EMHHdFmAnn8M8v26 Ainara
https://photos.app.goo.gl/EmeBA4NuWL3iq4Gj9 Luca
https://photos.app.goo.gl/82hTUhfPsaxHjtzU6 Daniela
https://photos.app.goo.gl/8hQzUirYZtcZ5S6K7 Ada
- APIs de Blogue
DIA DAS LETRAS GALEGAS
O Día dás Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. Este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado
Naceu en Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903. Desde pequeno, e con motivo do traballo do seu pai, perito agrónomo; pasou por continuos traslados, vivindo en cidades como Ourense, Palencia ou Valladolid, retornando a Valdeorras en 1928. Tras finalizar a Guerra Civil marchou ao exilio en México, país no que se estableceu definitivamente.
En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas, Poemas e Ou soño do guieiro. Encargouse ademais da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.
Faleceu o 14 de maio de 1987 en Fair Oaks (Estados Unidos) aos 83 anos.
- APIs de Blogue
XA IMOS AO COLE !!!
Queridas familias:
Para min é todo un orgullo ser a mestra dos vosos fillos e fillas; sabede que desde xa os quero moito e teño a cada un deles no meu corazón.
Este primeiro trimestre é o máis difícil para eles e elas, xa que son moitos os cambios: un novo espazo, novas persoas que os coidan, novos compañeiros e compañeiras... moitas situacións distintas ás que adaptarse. Pero pouquiño a pouco o imos logrando e cada día é máis fácil que o anterior.
Estamos a aprender as normas da aula: non correr dentro da aula porque se caemos podémonos golpear con algo ou con outro neno ou nena e farémonos moito dano, estar un tempiño sentados traballando ou merendando, obedecer aos profes, non pegar, controlar esfínteres, comunicar ao profesorado calquera necesidade que teñamos, etc....
Tamén estamos aprendendo sobre escola: as súas distintas dependencias, o persoal que traballa nela, as rutinas diarias ... Deste xeito, a adaptación dos pequenos e pequenas será máis fácil e rápida.
Ao longo do curso iremos publicando os traballiños que fagamos na aula, para compartilos con todos vós
- APIs de Blogue
DIA INTERNACIONAL DA SAÚDE
No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.
A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.
Este 2021, en plena crise pola pandemia, a Organización Mundial da Saúde pon o acento nas desigualdades que existen e que condenan ás poboacións máis pobres á enfermidade.
O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".
Está claro que a pandemia de coronavirus afectou máis directamente ás poboacións máis pobres e que tiñan uns servizos sanitarios máis deficientes. Esta circunstancia non só é inxusta, senón que tamén é evitable.
Como ser saudábel os días actuais?
Ser saudábel os días actuais non é fácil, unha vez que afrontamos desafíos, como rotinas estressantes, pouco tempo para facermos nosos alimentos e tamén para practicarmos actividades físicas. Non obstante, debemos tentar ao máximo adoptar o día a día prácticas que melloren nosa calidade de vida, e a de os nosos fillos e fillas, a fin de conseguirmos unha melloría física, mental e tamén social.
Vexamos, a seguir, algúns puntos esenciais para mantermos nosa saúde:
Alimentarse de maneira saudábel, retirando, por exemplo, exceso de azucres, sal e graxa.
Durmir ben.
Practicar actividades físicas.
Utilizar medicamentos só con recomendación médica.
Lavar sempre as mans e respectar as normas de hixiene fronte ao COVID19
Beber moita auga.
Evitar actividades que che causen estresse.
Adicionar á nosa rutina actividades que nos dan pracer.
A continuación deixámosvos un vídeo para as familias, e o conto e a canción do Pito Pepe para os nenos e nenas
Cobertura sanitaria universal
Canción do Polo Pepe
Conto do Polo Pepe
- APIs de Blogue
VISITA Á BIBLIOTECA DO CENTRO
Todos os luns imos á biblioteca do centro. Alí podemos manipular os libros, ler contos ou escoitar atentamente os que nos contan as nosas profes. Gústannos moito estas visitas que nos mergullan no marabilloso mundo dos libros e vannos introducindo de forma moi divertida na lectura e a literatura
- APIs de Blogue
VISITA A ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO CENTRO
O alumnado de 6º de Educación Infantil visita a estación meteorolóxica do centro para observar as medicións de temperatura e pluviosidade. Facemos ademáis observación diaria do tempo e levamos un rexistro do mesmo. As nosas crianzas disfrutan moito destas actividades.
- APIs de Blogue
O ENTROIDO E O MECO
O ENTROIDO E O MECO
Bos días queridas familias!!
Para comezar a gozar desta próxima festa, aquí deixámosvos unhas cancións:
- CANCIÓN DO ENTROIDO https://youtu.be/bKhGUkcjrkE
- E MOITAS MÁIS CANCIÓNS EN GALEGO: https://youtube.com/playlistlist=PL6RwXOPirFZPjnNYtYoUq_9RUKLxC_5Ox
Para rematar o conto"O Entroido na carballeira":
E para aqueles que devorades libros, que saibades que non sodes os únicos; mirade o que atopamos:
"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" https://youtu.be/_M9A43eeeQY
Pasádeo moi ben. Unha agarimosa aperta dos vosos profes.
- APIs de Blogue