O ENTROIDO E O MECO

O ENTROIDO E O MECO

 

 

 

 Bos días queridas familias!!

Por fin xa chega o Entroido; imos disfrutalo aínda coa situación actual, porque: Non hai quen poida connosco!! 
Para comezar, contarémosvos un pouquiño da historia do MECO:
O Meco, é un monifate, ou unha falla; os mércores de cinza quéimase con gran pesar tralo enterro da sardiña. E é o encargado de abrir, presidir e pechar coa súa queima as festas de entroido.
Cóntase que a súa orixe estaría na localidade do Grove. Alí vivira un home que tiña moi mala fama e no día do Entroido os seus veciños pelexaron moito con el e colgárono dunha árbore.  Cando os policías pescudaron polo autor da pelexa, as xentes da vila, un por un, autoinculpáranse da rifa. Grazas a isto ninguén puido ser acusado.
Sexa como for, a historia pasou tanto á tradición oral como á literatura escrita, e agora é un personaxe que nos divirte moito cos seus mandadiños. Estade atentos ao que nos vai mandar a partir do luns!!!

 

 

Para comezar a gozar desta próxima festa, aquí deixámosvos unhas cancións:  

- CANCIÓN DO ENTROIDO  https://youtu.be/bKhGUkcjrkE

- E MOITAS MÁIS CANCIÓNS EN GALEGO: https://youtube.com/playlistlist=PL6RwXOPirFZPjnNYtYoUq_9RUKLxC_5Ox

Para rematar o conto"O Entroido na carballeira": 

https://youtu.be/CW80M2qFB3U

E para aqueles que devorades libros, que saibades que non sodes os únicos; mirade o que atopamos:

"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"     https://youtu.be/_M9A43eeeQY

 

Pasádeo moi ben. Unha agarimosa aperta dos vosos profes.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930