Actividades

Barómetro caseiro

O alumnado de 2º da ESO fixo o seguinte traballo de investigación dando resposta as seguintes cuenstións:

- Que é a presión atmosférica?

- Que é un barómetro, como funciona?

- Poderíase elaborar unha pequena predición baseándose nos valores que vai tomando o barómetro?

- Saberías explicar este refrán: "Cando sobe a presión, podes ir de excursión"

- Sabes quen foi o Pai Merino? Non? Pois salvou moitas vidas aconsellando se debían saír ou non ó mar os mariñeiros, baseándose no barómetro. En que época viviu?

Unha vez traballados todos estes coñecementos fixemos na clase un barómetro caseiro co que puideron ver nas súas casas os cambios de presión.  

Liña de Aprendizaxe Cooperativa do PFPP.

Proxecto de centro: Exposición Versos a MARes

Ao longo do curso 2023-24, o profesorado participante no GT de Aprendizaxe Cooperativa, implementou (con distintos graos de intensidade) os tres ámbitos de intervención do Programa CA/AC "Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar" e tivo a oportunidade de recibir formación cos expertos José Ramón Lago e Carmen Vaz.

-"la única manera de atender juntos en una misma aula a alumnos diferentes- tal como exige la opción por una escuela inclusiva- es introducir en ella una estructura de aprendizaje cooperativa en detrimento de una estructura individualista o competitiva"-...

-"Sólo pueden aprender juntos alumnos diferentes (en capacidad, interés, motivación, cultura, lengua, origen social,...) en una clase organizada cooperativamente, en la cual todos colaboran y cooperan, se ayudan, para alcanzar el objetivo común de progresar en el aprendizaje, cada uno hasta el máximo de sus posibilidades."-...

-"No puede haber propiamente cooperación- con el desarrollo de la solidaridad y el respecto a las diferencias que la cooperación supone, si previamente se han excluído de un aula a los que son "diferentes", si el aula no es inclusiva."-

               Programa CA/AC

               Universidade de Vic. Laboratorio de Psicopedagogía.   

               P.Pujolás y J.R. Lago (Coordinadores)

O proxecto de aprendizaxe cooperativa deste curso tivo coma produto final a exposición Versos a MARes . 

Alumnado e profesorado en formación, desenvolveron dito proxecto que trata do mar e da poesía. Unha escolma dos traballos realizados (carteis, gráficas, ilustracións, textos...) con estruturas cooperativas simples, derivadas e complexas, forman parte da exposición sita na entrada do Concello de Baiona. 

O acto de inauguración da exposición tivo lugar o xoves 6 de xuño, ás 19:00h, na Praza do Concello, tendo coma convidado especial ao poeta Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu poemario Poemar o mar. Foi un evento inesquecible. 

Enlaces á nova:

Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/06/09/rapaces-baiona-amosan-versos-mares-103533472.html

ValmiñorTV

https://valminortv.com/2024/06/09/navegando-entre-versos-co-alumnado-do-cpi-de-cova-terrena/

https://valminortv.com/2024/06/03/o-cpi-de-cova-terrena-inaugura-este-xoves-a-exposicion-versos-a-mares/

 
 

VERSOS A MARES: OS RÉPTILES

Dentro do noso proxecto Versos a mares o equipo cooperativo de "Los amigos" composto por Diana, Anxo, Julia e Marco preséntanvos...

OS RÉPTILES!

VERSOS A MARES: AS AVES 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a Mares o equipo cooperativo de "Los superhéroes" composto por Xabi, Thiago e Leo preséntanvos...

AS AVES!

VERSOS A MARES: OS MAMÍFEROS 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a Mares o equipo cooperativo de "Los campeones" composto por Victoria, Malena, Eric e Aray preséntanvos...

OS MAMÍFEROS!

VERSOS A MARES: OS PEIXES 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a mares o equipo cooperativo de "Los guays" composto por Lucas, Esther, Lucía e Abraham preséntanvos...

OS PEIXES!

VERSOS A MARES: OS ANFIBIOS 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a mares o grupo cooperativo de "Las frutas" composto por Izan, Sabela, Mara e Mateo preséntanvos...

OS ANFIBIOS!

Proxecto: "Versos a MARes"

A exposición Versos a MARes é o produto final do proxecto de centro de aprendizaxe cooperativa do curso 2013-24.

Neste proxecto participa o alumnado e o profesorado en formación do Programa CA/AC: "Aprender a Cooperar/Cooperar para Aprender"

Ao longo do curso, alumnas e alumnos de distintos grupos-clase de educación primaria e da ESO, estiveron traballando sobre o mar e a poesía. Investigaron e crearon, en equipos, diferentes aportacións para a exposición: carteis explicativos sobre mitos e lendas do mar, un mural sobre o cabaliño de mar, Pokédex de animais mariños, cadros de faros, gráficas, estadísticas, poemas, etc
 
Para a elaboración de ditos materiais utilizáronse estruturas cooperativas simples (lectura compartida, xogo de palabras, 1-2-4,...), derivadas (album de cromos) e complexas (quebracabezas).
 
A exposición estará situada na entrada do Concello de Baiona. O acto de inauguración terá lugar o xoves 6 de xuño ás 19:00h, na Praza do Concello. 
O convidado especial no evento será o poeta Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 polo seu poemario en galego, Poemar o mar.
 
 
 

Un cartel gañador para o 8M.

Hoxe tivemos a sorte de que uns compañeiros e compañeiras de 4ºA viñesen a falarnos sobre o cartel que elaboraron utilizando estruturas cooperativas, e que resultou gañador do 2º premio na 1ª categoría do VI Concurso Carteis 8M Día Internacional da Muller. 

O equipo formado por Emma, Antonio, Laura e Xenxo transmitiunos moita sensibilidade e concienciación ante un tema tan importante coma é a IGUALDADE no patio do cole.

PARABÉNS polo traballo realizado (tanto para o equipo do cartel premiado coma para os demais equipos que presentasen carteis)

PARABÉNS pola presentación realizada.

PARABÉNS polo premio gañado!!!

Visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro.

16/02/23

As alumnas e os alumnos de 5º nivel de EP gozaron dunha xornada marabillosa en Padrón, visitando a casa museo de Rosalía de Castro. Despois de escoitar as explicacións da guía sobre a historia da casa, do museo, e de estar moi atentos aos detalles que lles contou sobre a vida e a obra da nosa autora universal, adicáronse a percorrer "paseniño, paseniño" os distintos espazos da casa. Desfrutaron descobrindo todos os mobles, fotografías, escritos, cadros e máis obxectos, que aínda se conservan. 

Aproveitaron a visita para ampliar a información que xa tiñan sobre Rosalía e así continuar desenvolvendo o proxecto "Santiago cultural". O produto final deste proxecto, elaborado nos equipos cooperativos dos grupos-clase, é un folleto-guía da viaxe que realizarán a Santiago no mes de marzo visitando, entre outros, o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos da poeta Rosalía.

Despois de descansar ollando o fermoso xardín, despedíronse desta inesquecible viaxe cunha escolma poética.

Esta visita foi custeada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" do servizo de Patrimonio Material e Memoria Histórica. 

BICOS E NON BALAS no Día Escolar da Paz e Non Violencia.

Xaneiro 2023.

O fermoso poemario BICOS E NON BALAS de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Bea Gregores, acompañounos na conmemoración do Día Escolar da Paz e Non Violencia. 

Durante varias xornadas, utilizando a estrutura cooperativa “Lectura compartida”, estivemos lendo, falando e reflexionando sobre os poemas seleccionados. Con “Folio xiratorio” desfrutamos creando máis versos e ilustrando os poemas.  Entre todos e todas elaboramos un mural onde expuxemos algunhas das creacións. 

Finalmente, cada equipo preparou o recitado do poema orixinal e, na biblioteca do colexio, realizáronse as gravacións. Coas fotos, os poemas e o código QR que leva ao vídeo do alumnado recitando, creáronse uns carteis que xa forman parte tamén da exposición.

Ao enviarlle un agradecemento ao autor e á ilustradora por esta marabilla de obra, tanto Antonio coma Bea trasladáronnos os seus parabéns polo traballo realizado. Emocionounos moito.

              BICOS, sempre bicos e nunca BALAS.

 

                        

                                      

                                  

                        

Os carteis pódense descargar dende os ficheiros adxuntos.

         PREMIOS DOLORES AGRELO

Durante a celebración do Día da Paz, na que o alumnado de 5º participou con varias actuacións que prepararon coa profesora de música, entregáronse os premios Dolores Agrelo. Este ano os relatos tiñan coma temática o 50 Aniversario do CPI Cova Terreña.

Na categoría 5º- 6º EP houbo premio para alumnado de 5º.

Gañadora do 1º Premio: Yaiza Parajo Silva, de 5ºA, co seu relato

                                   O ladrillo segredo. 

Gañador do 3º Premio: André Otero Gerpi, de 5ºB, co seu relato

                                  O segredo do CPI

 

PARABÉNS! 

E felicitacións tamén aos demais premiados e participantes. 

OS 5 REINOS

Xaneiro 2023.

- Folio xiratorio. 

- Parada de 3'

- 1-2-4

25N. MULLERES E NÉBOAS.

Novembro 2022.

No mes de novembro estivemos desfrutando da fermosa obra: As mulleres que cultivaban néboas. Esta lectura non deixou a ninguén indiferente.

Incrible a forza que teñen as imaxes!

Xa coñeciamos a Bea Gregores coma ilustradora pero nesta primeira obra coma escritora impresionounos aínda máis.

Escribímoslle, utilizando as estruturas cooperativas "Parada de 3 minutos" e "1-2-4",  contándolle que, despois da lectura, reflexionamos sobre os sentimentos que nos provocou. Algúns dos comentarios do alumnado foron:

- Tristura porque en todo momento sentiamos mágoa pola nai e pola filla.

- Empatía porque lograbamos poñernos no lugar das mulleres e sentiamos dor.

- Arrepíos cando xogaban ás agachadas co pai e as atopaba.

- Satisfacción cando á nena lle gusta xogar ás agachadas coa nai.

- Incomodidade, medo...

- Protección, unión, forza...

Impactounos o debuxo no que as palabras ferintes saen coma frechas e todas e todos sentimos ledicia cando vimos o sorriso na cara da nai.

Conmemorando o 25N, elaboramos un mural no que intentamos reflictir parte do traballado nas aulas, por exemplo seleccionando textos da obra e dándolle cor segundo as emocións que nos fixeron sentir. Tamén aportamos as primeiras imaxes creadas coa ferramenta E-Dixgal: Tux Paint.

Esta tarefa inclúese no proxecto " Lemos e creamos I" que se desenvolve no primeiro trimestre do curso 2022-23.

Xa temos resposta á carta que lle enviamos a Bea Gregores!

Emocionounos ler o que nos conta e gardaremos con moito agarimo a ilustración que nos envía. É fermosísima!

 No ficheiro adxunto, a carta íntegra.

EXPOÑEMOS OS TRABALLOS

Outubro 2022.

Nutrición.

 

 

CARTEIS ESPECIAS DO NOVO MUNDO

Decembro 2022.

O alumnado de 5ºA e 5ºB de EP, utilizando a estrutura cooperativa 1-2-4, elaborou (no libre office writer) carteis sobre especias que se trouxeron das expedicións ao Novo Mundo e que se consumen actualmente. Agasallaron con eles ás froiterías e aos supermercados da vila.

Ditos carteis son o produto final da tarefa integrada " Viaxando con Magallanes" que se desenvolveu ao longo do primeiro trimestre. 

 Enlaces da nova:

https://valminortv.com/2022/12/21/alumnos-do-cova-terrena-entregan-a-supermercados-e-froiterias-carteis-sobre-as-especias-traidas-do-novo-mundo/

 

https://telemarinas.com/alumnos-de-cova-terrena-reparten-entre-las-tiendas-carteles-sobre-las-especias-traidas-del-nuevo-mundo/

 

 

A ENTREVISTA

Iniciamos o curso 2022-23 implementando a dinámica cooperativa:" A entrevista".

 

 

( completaremos información máis adiante)

Preparando a campaña " Doa, é doado!"

Estamos creando toda a documentación que precisamos para levar a cabo o produto final do Plan Proxecta: Salvavidas 2020/21.

Elaboramos o tríptico informativo da nosa campaña divulgativa, “ Doa, é doado!”, sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos. Saíron achegas moi interesantes ao traballar en equipo utilizando a estrutura cooperativa “ 1-2-4”.

 

Coas propostas feitas a man, so quedaba elaborar o tríptico no ordenador, para intentar que tivese unha apariencia o máis real posible.

 

Tamén estamos creando as invitacións e o cartel. Cando estea todo rematado subirémolo á páxina web para compartilo.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031