25N. MULLERES E NÉBOAS.
Novembro 2022.
No mes de novembro estivemos desfrutando da fermosa obra: As mulleres que cultivaban néboas. Esta lectura non deixou a ninguén indiferente.
Incrible a forza que teñen as imaxes!
Xa coñeciamos a Bea Gregores coma ilustradora pero nesta primeira obra coma escritora impresionounos aínda máis.
Escribímoslle, utilizando as estruturas cooperativas "Parada de 3 minutos" e "1-2-4", contándolle que, despois da lectura, reflexionamos sobre os sentimentos que nos provocou. Algúns dos comentarios do alumnado foron:
- Tristura porque en todo momento sentiamos mágoa pola nai e pola filla.
- Empatía porque lograbamos poñernos no lugar das mulleres e sentiamos dor.
- Arrepíos cando xogaban ás agachadas co pai e as atopaba.
- Satisfacción cando á nena lle gusta xogar ás agachadas coa nai.
- Incomodidade, medo...
- Protección, unión, forza...
Impactounos o debuxo no que as palabras ferintes saen coma frechas e todas e todos sentimos ledicia cando vimos o sorriso na cara da nai.
Conmemorando o 25N, elaboramos un mural no que intentamos reflictir parte do traballado nas aulas, por exemplo seleccionando textos da obra e dándolle cor segundo as emocións que nos fixeron sentir. Tamén aportamos as primeiras imaxes creadas coa ferramenta E-Dixgal: Tux Paint.
Esta tarefa inclúese no proxecto " Lemos e creamos I" que se desenvolve no primeiro trimestre do curso 2022-23.
Xa temos resposta á carta que lle enviamos a Bea Gregores!
Emocionounos ler o que nos conta e gardaremos con moito agarimo a ilustración que nos envía. É fermosísima!
No ficheiro adxunto, a carta íntegra.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Carta de Bea Gregores.pdf | 613.52 KB |
Ilustración Bea.png | 190.76 KB |
Ilustrando co Tux Paint.jpg | 319.79 KB |
Ilustracións.jpg | 241.08 KB |
Imaxe-cor.jpg | 239.14 KB |
Imaxes do Tux Paint.jpg | 279.06 KB |
Textos seleccionados.jpg | 205.06 KB |
Mural coa carta de Bea.jpg | 272.91 KB |
Mural.jpg | 229.66 KB |
5ºA.jpg | 298.17 KB |
5ºB.jpg | 420.71 KB |