Educación Física

Iniciación ao baloncesto

Bos días:

Hoxe o Club Baloncesto Baiona ofreceunos unha sesión de iniciación ao baloncesto onde participou o alumnado de 1º, 2º e 3 da ESO.

Ademais da dar a coñecer este deporte o club ofrécese polas tardes a quen queira participar nos adestramentos e mellorar as súas habilidades.

ORIENTACIÓN DEPORTIVA

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO disputou unha carreira de orientación nos arredores do curro da Valga (Loureza, Oia). Neste evento por parellas, os participantes tiñan que buscar no terreo as balizas (como as que nos mostran Pedro e Xoel) coa axuda dun mapa e un compás.

O profesorado non se quedou atrás e quedaron no segundo posto da clasificiaón xeral.

Agradecemos a colaboración da comunidade de montes de Loureza, que cedeunos o espazo.

No camiño de volta detivémonos no alto da Groba a contemplar as vistas da comarca.

 

Ruta de sendeirismo entre o Monte Aloia e o Monte Galiñeiro

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou no día de hoxe dunha ruta de sendeirismo desde o Monte Aloia ata o monte Galiñeiro.

A ruta fíxose por un percorrido sinalado. Ao final agardábanos Xilberte Manso vicedirector do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns). Explicounos as características da zona: o tipo de rocha, as terras raras que abundan no Galiñeiro, os vestixios de asentamentos humanos (mamoas, petróglifos...)

Durante toda a actividade contemplamos a comarca do Val Miñor. Xilberte falounos da importancia dos topónimos, da fauna e a flora, os usos e propiedade do monte e alertounos sobre as consecuencias da instalación dos parques eólicos ou a minería e a súa repercusión na paisaxe e na economía da zona.

 

Primeiros Auxilios

Bos días:

Hoxe para conmemorar o Día Mundial da Saúde realizamos no centro unhas xornadas de primeiros auxilios. Visitounos o persoal de Protección Civil do Val Miñor que colaboran desinteresadamente co centro.

Ensináronnos como teríamos que actuar no caso dun atragantamento ou unha parada cardíaca.

Mostráronnos técnicas de actuación como:

  • o PAS (protexer, avisar 112, socorrer)
  • o RCP(reanimación cardiopulmonar)
  • a PLS (posición lateral de seguridade)
  • a manobra de Heimlich...

Asistiron ás xornadas o alumnado de 4º da ESO e de 3º, 4º, 5º e 6º Ed.Primaria.

 

Subida ao Alto da Groba

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou no día de hoxe da ascensión ao Alto da Groba.

Pasamos toda a mañá percorrendo os carreiros que nos levan ao alto da Groba, pasamos por Chan da Lagoa e O Cortelliño e no cumio agardábanos Xilberte Manso vicedirector do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns).

Desde a cima contemplamos a vista de paxaro toda a comarca do Val Miñor. Xilberte explicounos a importancia dos topónimos, da fauna e a flora, os usos e propiedade do monte e alertounos sobre as consecuencias da instalación dos parques eólicos e a súa repercusión na paisaxe e na economía da zona.

Alto da Groba. Ao fondo podemos ver as Illas Cíes, Ons, Rías de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.

Xornadas de bádminton

Bos días:

O 17 de Marzo recibimos ao Club Escola Rosalía nas instalaciones do centro. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria recibiu unha sesión de inciciación ao bádminton dentro da campaña Badminton+

https://badmintonclubescolarosalia.es/BadmintonRosalia/ceip-cova-terrena/

CHARLA CLASES SEN FUME

Bos días:

Hoxe visitáronnos Victoria e Lola. Elas son o personal sanitario encargado das charlas que se imparten en 1º da ESO dentro do contrato-programa clases sen fume. O obxectivo da charla é concienciar ao alumnado dos danos que provoca o tabaco; explicarlles as estratexias da industria tabaquera para captalos como clientes e darlles as ferramentas necesarias para que eviten caer nesa adicción.

A actividade física diaria mellora o rendemento académico

A actividade física diaria mellora o rendemento académico, ademáis de protexer a saúde dos escolares, segundo pon de manifesto un estudo feito en Europa pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

https://www.redaccionmedica.com/ultimas-noticias-sanidad/un-estudio-de-la-oms-evidencia-que-la-actividad-fisica-diaria-mejora-el-rendimiento-academico

CHARLA-ENTREVISTA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO puido desfrutar dunha charla-entrevista co tenista Martín de la Puente.

O seu palmarés está cheo de éxitos: 3 veces campión do Mundo junior, 4 veces Campión de España e Olímpico en Río 2016.

Martín adestra no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, en Barcelona. Alí é donde se prepara para afrontar as Olimpiadas de Tokio deste ano.

Compartiu con nós cousas moi interesantes sobre a modalidade de tenis-cadeira.

Explicounos o regulamento e as súas diferencias co tenis de pé. Sabiades que a pelota pode botar dúas veces?

Alentounos a practicar deporte e transmitiunos unha pasión inquebrantable por unha modalidade do tenis descoñecida para moita xente.

Relatounos como foi a súa loita contra unha enfermidade rara, o síndrome de Proteus, que provoca o crecemento anormal dos ósos. E como a través do esforzo, o apoio da familia e a motivación un pode lograr o que se propoña.

Ánimo Martín, este verán esperamos verte en Tokio representando a España.

Podedes seguir a Martín en Instagram: https://www.instagram.com/martindelapuente/ estará encantado de responder ás vosas preguntas.

 

 

 

 

CLASES SEN FUME

Ola a todos:

Xa temos seleccionados os debuxos que nos van a representar no concurso clases sen fume.

Escollimos un debuxo por cada clase (1ºA, 1ºB, 1ºC).

Houbo propostas realmente creativas. Desexamos que o xurado do concurso pense o mesmo.

Estes son os premios aos que optamos:

1º premio do eslogan: Estadías nun albergue con programa multi-aventura

2º premio da ACTIVIDADE CREATIVA, regalo dixital de audio, para cada un dos integrantes da clase gañadora.

3º premio da ACTIVIDADE CREATIVA, entradas para o parque acuático “Aquapark” para os alumnos das clases gañadoras.

 

Promoción de actividade física en horario lectivo

Benvidos a todos:

Comezamos o segundo trimestre.

Tras a experiencia da actividade física realizada durante os cambios de clase, continuaremos coa mesma dinámica nesta segunda avaliación.

Lembrade a importancia de facer exercicio todos os días. Non só é bo para a saúde senón que ten repercusións na aprendizaxe ao estimular ao cerebro.

O alumnado pode manifestar as súas preferencias sobre o exercicio na aula.

Temos a grupos que bailan cos vídeos do Just Dance; outros que fan exercicios de mobilidade; ou outros que están a compoñer unha coreografía.

 

VIDEOCONFERENCIA AESLEME

Con motivo da celebración do día Internacional das persoas con discapacidade, o xoves 3 de decembro tivemos ocasión de escoitar as recomendacións de AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular).

A través de videoconferencia, o alumnado de 3º e 4º da ESO disfrutou dunha charla durante unha sesión lectiva.

Contáronnos a necesidade da prevención cando viaxamos no coche e as diversas lesións que pode ocasionarnos unha conducta imprudente, desde traumantismos a lesións irreversibles da médula espinal.

PROGRAMA CLASES SEN FUME. Concurso

Bos días:

O curso de 1º da ESO que participa no programa "clases sen fume" ten que elaborar un debuxo e un slogan para participar no concurso. Velaquí vai un exemplo dun dos carteis gañadores doutros anos para que nos inspiremos.

Os motivos polos que deberíamos facer exercicio regular

 O contrato programa "Promoción da actividade física en horario lectivo" fomenta unha vida activa como forma de saúde.

Son moitas as evidencias que sosteñen a necesidade de realizar actividade física regular como forma de mellorar e manter a saúde.

O Colexio Xeral da Educación Física y Deportiva (COLEF) manifesta algúns dos motivos que deberíamos ter en conta.

  1. É un dereito constitucional que as persoas poidan facer exercicio e os poderes públicos a fomenten.
  2. O sedentarismo é un grave problema de saúde, causa hasta 35 enfermidades crónicas.
  3. O confinamento agravou o problema da inactividade física.
  4. A actividade física protéxenos no caso de infección.
  5. A actividade física supervisada mantén un risco de contaxio baixo.
  6. A superivisión profesional é a máis efectiva que as recetas que vemos por internet.

sigue lendo: https://amp-elmundo-es.cdn.ampproject.org/c/s/amp.elmundo.es/vida-sana/cuerpo/2020/11/11/5fabb4f721efa052688b4668.html

PLAN DE CONTINXENCIA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

 

Proposta de medidas fronte ao confinamento desde o departamento de EF.

 

Para afrontar o Plan de ensino virtual a incluír no plan de continxencia do centro poñeranse en práctica as seguintes medidas:

 

  • Horario: manterase o mesmo horario das clases presenciais. O 60% da sesión corresponderá á conexión online e o 40% deixarase para o traballo do alumnado

  • Clases virtuais a través de Webex e Falemos

  • Tarefas a través da aula virtual (3º e 4º da ESO) do centro e Edixgal (1º e 2º da ESO): Cuestionarios, enquisas, traballos, wikis, glosarios. Obradoiros...

  • Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/

  • Edixgal: https://eva.edu.xunta.gal/

  • Uso constante do correo para resolver dúbidas.

  • Contidos a través de diferentes plataformas: genially, youtube, renderforest...

  • Rúbricas compartidas para favorecer a autoavalición e a coavaliación.

  • Uso de Abalar para manter ás familias informadas.

  • Uso da web do centro para aviso das tarefas

  • O horario de atención ás familias será o venres de 12.20 a 13.10

  • Correo do departamento: dgayoso2011@gmail.com

 

 

 

Actualmente todas estas accións xa se están poñendo en práctica excepto as videoconferencias por Webex e Falemos.

 

O alumnado está adestrado no uso de Edixgal e a Aula Virtual.

 

Propóñense iniciativas constantes para manter a todos os cursos con actividades en rede.

 

Aínda que a materia é eminentemente práctica, centrada no feito motriz, todas as instrucións sobre a materia: bases teóricas, autoavaliacións, coavalicións, rúbricas de valoracións sobre xestos motrices, traballos.... realízanse necesariamente de forma telemática.

 

 

 

 

Estreamos ximnasio!!!

Por fin podemos estrear o ximnasio!!

O centro xa conta cun ximnasio totalmente remozado.

Durante os asolagamentos que sufrimos fai un ano estragouse a tarima, a couza tiña destrozado moito do equipamento e o cheiro a humidade persistía no espazo.

Procedeuse a sanear o piso, substituír a tarima por unha de alta resistencia en sala e vestiarios, saneamento e pintado de paredes e á retirada do equipamento deteriorado, ademais de contar con iluminación led e novas ventás colocadas durante as tarefas de rehabilitación do centro.

Agora contamos cun espazo amplo e saneado grazas á colaboración do centro e do Concello de Baiona.

Estamos desexando ver ao noso alumnado gozando de este espazo!!

 

Promoción da actividade física no horario lectivo

Comezou a promoción da actividade física no horario lectivo e algunhos cursos o tomaron moi en serio.

O programa consiste nun conxunto de medidas organizativas, metodolóxicas ou de actividades deseñadas para o incremento da actividade física efectiva do alumnado durante o horario lectivo.

 

PROGRAMA CLASES SEN FUME

O curso de 1º da ESO está inscrito no programa clases sen fume.

É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo.

Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.

Todos os escolares da aula e o seu titor/a comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o programa. Antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.

As primeira actividades que faremos serán:

  • Responder a unha enquisa sobre o tabaco.
  • Elaborar un slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal

 

PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO LECTIVO

Bos días:

Este curso o centro participa no programa de Promoción da Actividade Física en horario lectivo.

O obxectivo é incrementar a actividade física efectiva de todo o alumnado durante a súa permanencia no centro..

Comezaremos a experiecia coa seguinte actividade:

Cada día un alumno/a do grupo ten que dirixir ao resto da clase facendo exercicios de mobilidade articular comenzando por dedas dos pés, nocellos, xeonllos, coxas, tronco, pescozo, ombros, cóbados, bonecas, dedos.

A actividade realizarase desde a cadeira sen desprazamentos.

Farase nos 5 últimos minutos da 2ª hora e da 5ª hora, sempre que a 3.ª e 6ª hora non teñan educación física. Nese caso prescindirase da actividade.
 
Terá unha duración máxima de 5 minutos.

O profesorado de 2.ª hora e 5.ª hora supervisará a práctica.
 
O programa comezará o luns 26 de outubro.
 
Ánimo

 

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

 TAREFA. Aproveitamento da contorna.

Bos días:

Chegamos ao exercicio final.

As actividades que fixemos están todas referidas a obxectivos da propia materia. Isto vos posibilita ter unha visión máis ampla da materia, onde non todo é facer exercicio.

Nesta última materia teredes que investigar sobre as posibilidades que ofrece a contorna para desenvolver actividades físicas.

 TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 15 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30