DESEXO DE BOAS VACACIÓNS E AGRADECEMENTO DA SAVE THE CHILDREN
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 16:39A Dirección do CPI As Mirandas desexa unhas moi felices e boas vacacións!
Achegamos o agrdecemento da Organización Save The Cildren
|
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SOLIDARIDADE E COLABORACIÓN!
FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 21/06/2021 - 12:17Prezadas familias parece que foi onte cando comezabamos con tanto nerivosismo ante as novas normas, protocolos... de adaptación á situación polo COVID e xa estamos aquí co final de curso, un curso raro, extrano... pero, non podemos estar máis contentos co vivido, comportamento exemplar do alumnado e profesorado; por eso agradecemos a todos o seu traballo e ás familias a súa comprensión.
Grazas por axudarnos a acadar os obxectivos dunha forma exemplar e desexamos unhas moi boas e merecidas vacacións!.
A organización das actividades fin de curso é a seguinte:
- Día 21 de xuño:
- Actividades lúdicas na Pista para o alumnado de infantil e primaria, durante o horario lectivo de mañá
- Acto de graduación do alumnado de 4º de ESO- Retransmitirase en directo no Facebook ás 17:00h: Graduación Cuarto Eso As Mirandas
- Día 22 de xuño:
- Fin das actividades lectivas de todo o alumnado, coa entrega de notas ao alumnado de infantil e primaria- O horario será o habitual do centro.
- Día 25 de xuño:
- Entrega de notas alumnado da ESO ás 12:00h.
MATRÍCULA - CURSO 2021-22
Enviado por admin o Ven, 18/06/2021 - 11:12MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-22
AVISO IMPORTANTE:
O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.
A PARTIR DO LUNS, 12 de xullo, PUBLICARANSE AS LISTAXES DO FONDO DE LIBROS E ESTARÁN A VOSA DISPOSICIÓN OS VALES DO MATERIAL.
INFANTIL E PRIMARIA:
- PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).
- DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22.
SECUNDARIA:
- PRAZO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo (os/as que superen todas as materias ou promocionen ou titulen en xuño) e do 1 ao 10 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).
- DOCUMENTACIÓN:
- Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (entregarase ao alumnado o día 25 de xuño).
- Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
- Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
- Fotocopia do DNI.
SECCIÓNS BILINGÜES: As seccións bilingües, para o vindeiro curso académico son as que temos aprobadas: Plástica en 5º EP e Música en 1º e 3º de ESO
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE E COMEDOR):
A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula.
IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS (pendente das instrucións da Consellería)
VARIACIÓN DE DATOS:
Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viceversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.
Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2021-2022
Nos seguintes enlaces podedes descaragar o listado de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico :
- Libros de infantil
- Libros de primaria (agás 5º e 6º de Primaria que son aulas EDIXGAL)
- Libros de secundaria (agás 1º e 2º de ESO que son aulas EDIXGAL)
Mención de Honor no IV Concurso Cantando coas máns- 14 xuño Día Nacioal da LSE
Enviado por admin o Lun, 07/06/2021 - 13:16
A Dirección do CPI As Mirandas agradece a Luisa Lombardero o deleite ao que nos tén acostumados coas súas produccións audiovisuais en LSE, participando e quedando finalistas e gañadores... nos Concursos Cantando coas máns desde o seu inicio (hai 4 anos). Hoxe día da lingua de signos amosamos e presentamos o vídeo que recibiu a Mención Honorífica
MIDAS do CPI As Mirandas : http://bit.ly/cantamos-premio-publico (Versión da Canción de Tanxugueiras das que recibimos a súa felicitación)
FELIZ DÍA DA LINGUA DE SIGNOS!!!
X Carreira Solidaria como Centro Embaixador de Save the childrens
Enviado por admin o Lun, 31/05/2021 - 13:56- non puidemos facer o percorrido do alumnado e profesorado da ESO polas rúas de Ares
- non puidemos recibir ás familias do alumnado de infantil e da ESO no Pabillón educativo para o acto tan emotivo de solidaridade
- O alumnado e profesorado da ESO, o 21 de maio, participaron nunha carreira arredor da pista polideportiva coa colaboración da madriña da Carreira á que lle agradecemos a súa presenza como todolos anos, Paula Mayobre, así como a Deportes MARVI pola doazón das medallas da Carreira.
- O alumnado e profesorado de primaria, o 23 de maio, baixaron á praia para non xuntar aos grupos burbulla e acortar a distancia para non afogar coa mascara! A carreira fíxose ao aire libre nun día espectacular, e fixemos moitos xogos! Pasámolo moi ben, como se pode ver no vídeo que está abaixo.
- O alumnado de infantil, o 23 de maio, tamén correron polo patio de infantil por quendas dos grupos burbulla
">
Grazas a toda a comunidade educativa e aos que, dalgunha maneira, participaron nestes actos, esperemos seguir sumando e aportando cada ano o noso grao de area para que non se quede ningún neno e nena sen os seus dereitos máis básicos como a a educación e a sanidade.
Orde participación fondo solidario libros 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 24/05/2021 - 19:26Publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), no enlace do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 21/05/2021 e rematará o día 22/06/2021 (este incluído).
AVISO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 22/04/2021 - 09:36O venres, 14 de maio, publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar, sen variacións respecto á provisional. Pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro ou a través da aplicación admisión de alumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
A formalización da matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo na ESO.
A Dirección
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A partir de mañá, venres 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro (Ao lado da oficina admiistrativa) a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar, podendo reclamar contra a mesma no prazo de 5 días hábiles mediante unha instancia dirixida á Dirección do centro.
Todo alumnado que solicitou praza está admitido.
Pódese consultar a admisión na aplicación da Consellería: Admisión alumnado empregando a Chave365 ou un certificado dixital.
As listaxes definitivas publicaranse o 12 de maio de 2021.
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño en Educación Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para a ESO.
A Dirección
ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021
Enviado por admin o Mar, 13/04/2021 - 11:00Enquisa de diagnose da convivencia 2021
A Consellería de Educación, no senso de seguir avanzando na mellora da convivencia e no marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.
A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion.
Documentos informativos:
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS : https://www.edu.xunta.gal/convfamil
(Achegarase mañá (15 abril) a información e a clave de acceso das familias a través do alumnado)
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO (5º EP A 4º ESO): https://www.edu.xunta.gal/convobrig
O alumnado realizaranna baixo a supervisión do profesorado titor.
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA O PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS : https://www.edu.xunta.gal/convpas
8 MARZO- CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER E AGRADECEMENTO AO CONCELLO E A FANPA
Enviado por admin o Mér, 17/03/2021 - 18:07A Dirección do CPI As Mirandas informa á Comunidade Educativa que o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, celebrouse no centro, como ven sendo habitual, o Día Internacional da Muller. Este curso non puido levarse a cabo as actuacións conxuntas co Cim do Concello e as institucións e Asociacións de Ares; nembargantes leváronse a cabo moitos traballos como podedes ver nos seguintes enlaces:
- MULLERES DA NOSA VILA . Entrevistas a mulleres que traballan en diferentes campos e quixeron compartir as súas experiencias co noso alumnado; polo que lles agradecemos esa colaboración.
- Agradecemento á concellería de Cultura de Ares polo agasallo realizado ao alumnado de 4º de ESO e á Biblioteca do centro de exemplares do libro "Libres e Vivas" da Editorial Galaxia:
- Agradecemento á FANPA de Ferrolterra polo recoñecemento e entrega do seguinte póster para o noso centro:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »