AVISO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

O venres, 14 de maio, publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar, sen variacións respecto á provisional. Pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro ou a través da aplicación admisión de alumnado  empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

A formalización da matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo na ESO.

A Dirección

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

A partir de mañá, venres 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro (Ao lado da oficina admiistrativa) a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar, podendo reclamar contra a mesma no prazo de 5 días hábiles mediante unha instancia dirixida á Dirección do centro.

Todo alumnado que solicitou praza está admitido.

Pódese consultar a admisión na aplicación da Consellería: Admisión alumnado empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

As listaxes definitivas publicaranse o 12 de maio de 2021.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño en Educación Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo  para a ESO.

 

A Dirección