Matemáticas
CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”
Enviado por admin o Xov, 21/05/2020 - 11:41
CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”
As alumnas Paula Fernández, Salma Martínez, María Cagide e Irune Fornos , alumnas de 4º da ESO do CPI As Mirandas de Ares, coordinadas pola profesora do centro Cristina Sande, proclamáronse gañadoras, do concurso nacional “Reto BigData” organizado polo programa Educativo da Fundación La Caixa, “EduCaixa”. O premio sería unha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California, pero debido á alerta sanitaria este ano non pode ser, e o premio consiste nun ordenador portátil para os alumnos e unha formación on line del MIT para os docentes.
A Fundación La Caixa, no seu programa Educativo, Educaixa, organiza dende hai 6 anos diferentes concursos nacionais, denominados “Retos”, que traballan as competencias dixitais, o espíritu crítico ou a competencia científica e de investigación, dirixidos a estudantes de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Este ano, por primeira vez, oito alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas (Paula, Salma, María, Irune, Yaiza, Lucas, Carolina e Clara), coordinados polas profesoras do centro Belén Morón e Cristina Sande, participaron no Reto BigData, dentro dunha actividade proposta na clase de matemáticas que tiña como obxetivo poder coñecer o gran papel dos datos e a súa análise na presente era dixital.
Os oito alumnos organizáronse en dous grupos diferentes e, con dedicación e roubando tempo do seu tempo de lecer, presentaron dous artigos na primeira fase do concurso sendo a sua temática “O Consumo e a producción responsable”.
Despois de moitos esforzo, os traballos presentárose a principios de Marzo sendo seleccionados os dous para a seguinte fase, logo de competir con máis de 1.500 traballos presentados.
Se todo fora coma en anos anteriores, o seguinte paso tería sido disfrutar dunhas xornadas de formación en Barcelona onde además de compartir con outros equipos de toda España unha experiencia dun novo reto, tratarían de de gañar o premio final dunha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California. Tendo en conta a crisis sanitaria na que estamos nestes últimos meses, e ante a imposibilidades de viaxar a Barcelona, La Caixa decididu susituir as xornadas de formación por un Campus Virtual que se celebrou na primeira semana de maio, como recompensa e recoñecemento a todos os equipos e ao seu traballo. Neste Campus participaron os oito alumnos do CPI de Ares. Se ben finalmente só un dos equipos proclamouse gañador, o programa foi toda unha experiencia para todos os participantes. Podedes ver neste link o seu proxecto PREME AQUÍ
Tamén temos que felicitar a 8 gañadores, Antía, Yaiza, Aroa, Daniel Varela, Ismael, Álvaro, Luis e Daniel, un grupo de 1º de ESO do CPI As Mirandas que proclamouse gañador clasificándose como un dos tres mellores equipos de 1º de ESO de Galicia do Rally Matemático e Científico sen Fronteira.
NORABOA CAMPIÓNS!!!
Estes premios son unha recompensa moi merecida do traballo, esforzo e dedicación das profesoras do Departamento de matemáticas, grazas Belén e Cristina!!!
E, como non, grazas ao alumnado por toda a ilusión que tedes e por dar sentido a todo o traballo realizado!!!
PARABÉNS A TODO ESE EQUIPO!!!
ALUMNADO DE 3º ESO E O SEU PROFESORADO DISFRUTARON DO PREMIO : FIN DE SEMANA EN TUI!!!.
Enviado por admin o Xov, 01/06/2017 - 11:04FIN DE SEMANA EN TUI!!!!!
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.
Os rapaces fixérono de fábula, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a disfrutar do premio: "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañaron) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas do fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos,... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (sí rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá!
PARABÉNS!!!! TANTO AO ALUMNADO DE 3º ESO B , A LUCÍA COUCEIRO POLO, ALUMNA DE 2º ESO E AO PROFESORADO DE MATEMÁTICAS
Enviado por admin o Lun, 01/05/2017 - 11:37-
A Dirección do CPI As Mirandas felicita á alumna do noso centro, Lucía Couceiro Polo de 2º de ESO seleccionada para a proba zonal da XIX Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 18 de maio en Lugo.
Parabéns, Lucía!
Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.
Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.
-
III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA
A Dirección transmite os Parabéns!! a este equipo gañador, alumnado de 3º ESO B e profesorado de matemáticas deste centro e desexámoslles que disfruten do premio: "Unha fin de semana en Tui"con todos os gastos pagos, onde realizarán un “Encuentro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal, e realizarán visitas turísticas e competicións amistosas entre eles.
A profesora de matemáticas, María del Rosario Segura, confirma que este premio se debe a unha gran
motivación e disfrute diario da materia por parte do seu alumnado.
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.
-
XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:
- Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA
- Lucía Couceiro Polo, de 2º A
- Raúl Nogueras Anca, de 2ºA
- Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB.
A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 18 de maio na cidade de Lugo.
Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.
|
|
¡¡¡ Moita sorte rapaces !!!
MATEMÁTICAS NA RAIA
Enviado por admin o Mér, 27/04/2016 - 10:20MATEMÁTICAS NA RAIA 2016
Un curso máis, AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron unha nova edición da actividade “Matemáticas na Raia” que se desenvolve en Galicia e no norte de Portugal e que por segundo ano conta coa participación do noso alumnado.
Nesta edición foron os alumnos de 3º ESO de Matemáticas Académicas os que, na tarde do 14 de abril, se enfrontaron aos cinco problemas propostos de forma colaborativa como grupo-clase.
Moitas grazas aos alumnos e aos profesores pola ilusión e ganas de formar parte desta experiencia e agora… ¡¡¡¡ Moita sorte rapaces!!!!
OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2016
Enviado por admin o Lun, 25/04/2016 - 11:49XVIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO
A Dirección do CPI Conde de Fenosa felicita á alumna do noso centro, Verónica Rodríguez Martínez de 2º de ESO seleccionada para a proba zonal da XVIII Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 19 de maio en Lugo.
Parabéns, Verónica!
Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.
Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO.
Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:
- Icía Bermúdez Fornos, de 2ºA
- Álvaro Freire Ares, de 2º A
- Mario Martínez Vilariño, de 2ºB
- Verónica Rodríguez Martínez, de 2ºB
A fase local tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 19 de maio na cidade de Lugo.
Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Carballo Calero por tratarnos tan ben e por encargarse da organización da fase local.
¡¡¡ Moita sorte rapaces !!!
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO " V SEMANA PROBLEMÁTICA" NO CPI CONDE DE FENOSA
Enviado por admin o Mar, 29/03/2016 - 13:26ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO
“V SEMANA PROBLEMÁTICA”
Tal como anunciamos hai días, celebrouse no centro a V Semana Problemática organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración e participación do alumnado de secundaria. Foron cinco xornadas de problemas nos que os alumnos depositaban as respostas nunha furna colocada na entrada.
O día 18 de marzo tivo lugar a entrega de premios correspondentes a cada un dos días de concurso:
-
15 de febreiro: 37 participantes dos que 17 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles o azar quixo que a elixida fora Laura García Vila de 4ºA.
-
16 de febreiro: 21 participantes e o gañador foi Anxo Garrote Espantoso de 3º A.
-
17 de febreiro: 19 participantes e a gañadora foi Elena Martínez de 3ºA.
-
18 de febreiro: 20 participantes dos que 8 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles a elixida foi Icía Bermúdez de 2ºA.
-
19 de febreiro: 5 participantes. Premio deserto por non haber resposta correcta.
Moitas gracias a todos e todas pola ilusión que poñedes no concurso e vémonos na “VI SEMANA PROBLEMÁTICA” no curso 2016-2017.
V SEMANA PROBLEMÁTICA NO NOSO CENTRO PARA O ALUMNADO DA ESO
Enviado por admin o Mér, 10/02/2016 - 18:47CONCURSO: "V SEMANA PROBLEMÁTICA" NO CPI CONDE DE FENOSA
DATAS: Do 15 ao 19 de febreiro.
DIRIXIDO A: TODO O ALUMNADO DA ESO
Como ven sendo habitual, cada curso escolar o Departamento de Matemáticas convoca este concurso que cumpre xa 5 anos coas seguintes normas e reparto de premios.
Normas do concurso:
- O concurso consiste en resolver un problema matemático cada día.
- Os enunciados dos problemas aparecerán a primeira hora no taboleiro do alumnado na entrada e en cada unha das aulas.
- Os podedes resolver ao longo da mañá e depositar a resposta, xunto co procedemento seguido, na urna que haberá na entrada do centro.
- En cada folla que depositedes na urna deberá aparecer oblrgatoriamente: título do problema, nome, apelidos, curso e grupo do alumno/a.
- Na urna só se poderán depositar a resolución do problema dese día, nunca do día anterior.
- As solucións aos problemas publicaránse ao día seguinte do seu plantexamento.
PREMIOS:
- Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado a seguinte semana á finalización do concurso.
- No caso de haber máis dun gañador/a no mesmo día, sortearáse o premio entre eles/as (limitado a un premio por persoa, agás que sexa o único gañador/a do día).
ANÍMATE E PARTICIPA!
XVII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO
Enviado por admin o Dom, 26/04/2015 - 22:27A Dirección do CPI Conde de Fenosa felicita ao alumno do noso centro, Jaime Roade Conejo de 2º de ESO seleccionado de 23 alumnos presentados á proba zonal da XVII Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA para participar na Proba Autonómica o vindeiro 21 de maio en Lugo.
Parabéns, Jaime!
Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.
Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional que se celebrará en Huesca.
Co fin de promover a ensinanza e aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, a creatividade e a reflexión, AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática) organiza a XVII Olimpiada Matemática Galega de 2º da ESO, na que neste curso participaron catro alumnos do noso centro:
- Iván Dragoevich (2ºA)
- Daniel García Alonso-Villaverde (2ºA)
- Sofía Peña (2ºB)
- Jaime Roade (2ºB)
A fase local tivo lugar o 23 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e desta fase que se celebra nas distintas sedes de toda Galicia sairán seleccionados 40 alumnos que participarán na Fase Final Galega en Lugo o 21 de maio.
Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a participar, así como ao IES Carballo Calero por encargarse da organización da Fase Local.
¡¡ Moita sorte rapaces!!
CONCURSOS EDUCABARRIÉ
Enviado por admin o Mér, 08/04/2015 - 21:10O alumnado de 4º ESO apoiado pola profesora de matemáticas, Mª del Rosario Segura Torres está participando no Concurso "EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0", organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa.
O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
O noso centro participa con 2 vídeos e podedes picar nos seguintes enlaces para velo traballo feito polo noso alumnado e votalos pulsando no corazoncito:
- Coa explicación do "Teorema de Thales" no "Cálculo da altura da igrexa de Ares".
2. Coa explicación da "Regra de tres" no vídeo "Matemáticas na cociña"
Temos alumnado de 3º ESO participando no IX Concurso "FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA" organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa.
O obxectivo deste concurso é resaltar a través de fotografías, a presenza constante ao noso arredor de elementos matemáticos, e poñer de manifesto a súa utilidade na vida cotiá.
Podedes consultalos seguintes enlaces e votalos
Temos 1 alumna de 2º ESO que participa no Concurso de ESOPÍAS, Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Podedes lela e votala no seguinte enlace:
Parabéns a todos, alumnado e profesorado polo traballo realizado e desexámoslles moito éxito.
XA TEMOS OS GAÑADORES DO CONCURSO DA IV SEMANA PROBLEMÁTICA
Enviado por admin o Xov, 12/02/2015 - 13:54Dende a Dirección do CPI queremos agradecer a todo o alumnado da ESO que e cada vez máis participativo nos proxectos, actividades ... que se lles presentan.
O Departamento de Matemáticas quere tamén agradecer ao alumnado, especialmente, a grande participación na IV Semana Problemática e tamén que cada día obsérvase un aumento de gañadores na resolución dos problemas plantexados.
Podedes velo vídeo representativo da Semana Problemática no seguinte enlace:
DATA |
PROBA |
Nº PARTICIPANTES |
Nº GAÑADORES |
NOME DOS GAÑADORES |
2.02.15 |
"LOS 6 CORRALES" |
41 | 25 |
1.- JOSÉ JUAN BECERRA REGUEIRO (1ºA) 2.- ICÍA BERMÚDEZ FORNOS (1ºA) 3.- VERA CANDAL JACOB (1ºA) 4.- MARTA CEPERO MOSQUERA (1ºA) 5.- ANDREA DÍAZ IGLESIAS (1ºA) 6.- ÁLVARO FREIRE ARES (1ºA) 7.- CARLA LÓPEZ (1ºB) 8.- CARMEN MARTÍNEZ DRAGÓ (1ºB) 9.- JASMINA MARTÍNEZ OUFQUIR (1ºB) 10.- PAULA MESÍAS (1ºB) 11.- MAURO REY FREIJOMIL (1ºB) 12.- JULIA ROADE (1ºB) 13.- VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (1ºB) 14.- JUAN SÁNCHEZ SANJURJO (1ºB) 15.- MIGUEL VILANO RODRÍGUEZ (1ºB) 16.- DANIEL GARCÍA ALONSO-VILLAVERDE (2º A) 17.- SOFÍA Mª PEÑA MARTÍNEZ (2ºB) 18.- JAIME ROADE CONEJO (2º B) 19.- UXÍA SAAVEDRA YÁÑEZ (2ºB) 20.- RAQUEL TOIMIL VILAR (2ºB) 21.- DIEGO VARELA PIÑEIRO (2º B) 22.- PABLO VASCÓS GÓMEZ (2ºB) 23.- MALLOYA MARTÍNEZ DRAGÓ (3ºA) 24.- SERGIO AMENEDO (3PDC) 25.- LARA REY MATO (3PDC) 26.- ALBA TEIJEIRO (3ºPDC) 27.- IAGO LÓPEZ RAMIL (4ºA) 28.- RAQUEL PÉREZ RIVERA (4ºA) |
3.02.15 | "PACTO CON EL DIABLO" | 45 | 19 | 1.- ICÍA BERMÚDEZ FORNOS (1ºA) 2.- VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (1ºB) 3.- MARTA FERNÁNDEZ ALCANTUD (2ºA) 4.- FÁTIMA DÍAZ DEL RÍO (2º A) 5.- DANIEL GARCÍA ALONSO-VILLAVERDE (2º A) 6.- ALBA GARCÍA TABEAYO (2ºA) 7.- ANXO GARROTE ESPANTOSO (2ºB) 8.- MIRIAM GIRALDO HERRERA (2ºB) 9.- JAVIER LEMOS MARGARETTO (2ºB) 10.- ELENA MARTÍNEZ MOSQUERA (2º B) 11.- SOFÍA Mª PEÑA MARTÍNEZ (2ºB) 12.- JAIME ROADE CONEJO (2º B) 13.- FRANCISCO ROMAUS RODRÍGUEZ (2ºB) 14.- UXÍA SAAVEDRA YÁÑEZ (2ºB) 15.- RAQUEL TOIMIL VILAR (2ºB) 16.- PABLO VASCÓS GÓMEZ (2ºB) 17.- LAURA GARCÍA VILA (3ºA) 18.- MALLOYA MARTÍNEZ DRAGÓ (3ºA) 19.- SERGIO AMENEDO REY (3º PDC) |
4.02.15 | "CONTRASEÑA" | 28 | 14 | 1.- ICÍA BERMÚDEZ FORNOS (1ºA) 2.- MIGUEL CARBALLEIRA MARTÍNEZ (1ºA) 3.- BORJA DÍAZ FONTENLA (1º A) 4.- ÁLVARO FREIRE ARES (1ºA) 5.- MAURO REY FREIJOMIL (1ºB) 6.- VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (1ºB) 7.- MARTÍN CASTRO (2ºA) 8.- DANIEL GARCÍA ALONSO-VILLAVERDE (2º A) 9.- DANIEL GARCÍA TABEAYO (2º A) 10.- ANXO GARROTE ESPANTOSO (2ºB) 11.- JAVIER LEMOS MARGARETTO (2ºB) 12.- JAIME ROADE CONEJO (2º B) 13.- FRANCISCO ROMAUS RODRÍGUEZ (2ºB) 14.- DIEGO VARELA PIÑEIRO (2º B) |
5.02.15 | "ASALTO AL TREN DE GLASS-CLOCK" | 28 | 4 | 1.- JAVIER LEMOS MARGARETTO (2ºB) 2.- JAIME ROADE CONEJO (2º B) 3.- FRANCISCO ROMAUS RODRÍGUEZ (2ºB) 4.- DIEGO VARELA PIÑEIRO (2º B) |
6.02.15 | "LA RUEDA CON NÚMEROS" | 30 | 27 | 1.- MIGUEL CARBALLEIRA MARTÍNEZ (1ºA) 2.- VANESA CARPENTE (1ºA) 3.- AITANA FEAL VILAR (1ºA) 4.- ÁLVARO FREIRE ARES (1ºA) 5.- PABLO GARCÍA CARRO (1ºA) 6.- RAÚL MARTÍNEZ CANDAL (1ºB) 7.- ELISABETH MARTÍNEZ DE LARA (1ºB) 8.- YASMINA MARTÍNEZ OUFQUIR (1ºB) 9.- MAURO REY FREIJOMIL (1ºB) 10.- ANDREA RIVERO ROMERO (1ºB) 11.- VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (1ºB) 12.- MIGUEL VILANO RODRÍGUEZ (1ºB) 13.- ANXO GARROTE ESPANTOSO (2ºB) 14.- MIRIAM GIRALDO (2ºB) 15.- JAVIER LEMOS (2ºB) 16.- SAÚL LEYVA SANTARÉN (2ºB) 17.- ELENA MARTÍNEZ (2ºB) 18.- SOFÍA Mª PEÑA MARTÍNEZ (2ºB) 19.- JAIME ROADE CONEJO (2ºB) 20.- FRANCISCO ROMAUS RODRÍGUEZ (2ºB) 21.- UXÍA SAAVEDRA YÁÑEZ (2ºB) 22.- RAQUEL TOIMIL VILAR (2ºB) 23.- PABLO VASCÓS GÓMEZ (2ºB) 24.- SERGIO AMENEDO REY (3ºPDC) 25.- BIRAMA FALL (3ºPDC) 26.- LARA REY (3ºPDC) 27.- ALBA TEIJEIRO (3ºPDC) |
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E, ESPECIALMENTE, AOS GAÑADORES.