ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO " V SEMANA PROBLEMÁTICA" NO CPI CONDE DE FENOSA
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO
“V SEMANA PROBLEMÁTICA”
Tal como anunciamos hai días, celebrouse no centro a V Semana Problemática organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración e participación do alumnado de secundaria. Foron cinco xornadas de problemas nos que os alumnos depositaban as respostas nunha furna colocada na entrada.
O día 18 de marzo tivo lugar a entrega de premios correspondentes a cada un dos días de concurso:
-
15 de febreiro: 37 participantes dos que 17 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles o azar quixo que a elixida fora Laura García Vila de 4ºA.
-
16 de febreiro: 21 participantes e o gañador foi Anxo Garrote Espantoso de 3º A.
-
17 de febreiro: 19 participantes e a gañadora foi Elena Martínez de 3ºA.
-
18 de febreiro: 20 participantes dos que 8 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles a elixida foi Icía Bermúdez de 2ºA.
-
19 de febreiro: 5 participantes. Premio deserto por non haber resposta correcta.
Moitas gracias a todos e todas pola ilusión que poñedes no concurso e vémonos na “VI SEMANA PROBLEMÁTICA” no curso 2016-2017.