ALUMNADO DE 3º ESO E O SEU PROFESORADO DISFRUTARON DO PREMIO : FIN DE SEMANA EN TUI!!!.
FIN DE SEMANA EN TUI!!!!!
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.
Os rapaces fixérono de fábula, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a disfrutar do premio: "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañaron) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas do fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos,... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (sí rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá!