Matemáticas
IV Semana Problemática
Enviado por admin o Mar, 27/01/2015 - 14:27O Departamento de matemáticas organiza como ben sendo habitual o CONCURSO:
IV SEMANA PROBLEMÁTICA no CPI CONDE DE FENOSA
DATAS do 2 ao 6 de Febreiro
Normas do concurso:
– O concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Os
enunciados dos problemas aparecerán a primeira hora no taboeiro de entrada (do
alumnado) e en cada unha das aulas. Os podedes resolver ao longo da mañá e
depositar a resposta, xunto co procedemento seguido, na urna que haberá no
hall do centro.
– En cada folla que depositedes na urna debe aparecer obrigatoriamente: título do
problema, nome, apelidos, curso e grupo do alumno/a.
– Na urna só poderá depositarse a resolución do problema dese día, nunca doutro día anterior.
– As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte do seu plantexamento.
– Agasallos : Cada día haberá un agasallo para o/a gañador/a e o seu nome será publicado á
semana seguinte á finalización do concurso. No caso de haber mais dun
gañador/a nun mesmo día, sortearase o premio entre eles/as (limitado a un premio
por persoa, agás que sexa o único gañador/a do día).
¡ANÍMATE Y PARTICIPA!
EXPLICACIÓNS DE MATEMÁTICAS
Enviado por admin o Ven, 07/03/2014 - 12:44O departamento de Matemáticas pon en marcha unha aplicación onde podedes visulizar as explicacións que realizan dos diferentes temas as profesoras da materia:
SEMANA PROBLEMÁTICA
Enviado por blancacortizas o Lun, 10/02/2014 - 13:56
CONCURSO:
III SEMANA PROBLEMÁTICA
CPI CONDE DE FENOSA
del 17 al 21 de Febrero
Normas del concurso:
-
El concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Los enunciados de los problemas aparecerán a primera hora en el tablón de entrada (del alumnado) y en cada una de las aulas. Los podréis resolver a lo largo de la mañana y depositar la respuesta, junto con el procedimiento seguido, en la urna que habrá en el hall del centro.
-
En cada hoja que depositéis en la urna debe aparecer obligatoriamente: título del problema, nombre, apellidos, curso y grupo del alumno/a.
-
En la urna sólo podrán depositarse la resolución del problema de ese día, nunca de otro día anterior.
-
Las soluciones a los problemas se publicarán al día siguiente de su planteamiento.
-
Premios: Cada día habrá un premio para el ganador/a y su nombre será publicado la semana siguiente a la finalización del concurso. En el caso de haber más de un ganador/a un mismo día, se sorteará el premio entre ellos/as (limitado a un premio por persona, excepto que sea el único ganador/a del día).
¡ANÍMATE Y PARTICIPA!
XX CONCURSO MATEMÁTICO EUROPEO 2013
Enviado por admin o Mar, 25/06/2013 - 21:06O alumno, José Manuel Montero Martínez foi o gañador do centro no XX CONCUSO MATEMÄTICO EUROPEO 2013 que tivo lugar o pasado día 21 de marzo de2013.
No Concurso participaron 25 alumnos e alumnas do noso centro e de diferentes niveis, repostando a preguntas e problemas en orden crecente de dificultade.
Noraboa a José Manuel e a todas e todos os que participaron.
¡Ánimo e esperámosvos o vindeiro curso escolar!.
XX CONCURSO "CANGURO MATEMÁTICO 2013"
Enviado por admin o Ven, 22/03/2013 - 13:26O xoves, 21 de marzo, realizáronse no noso centro as probas do "XX Concurso Canguro Matemático 2013".
Na presente edición participaron 25 alumnos/as de tódos os niveis de secundaria.
As probas realizáronse dende as 16:15h ata as 17:30h. Durante este tempo o alumnado tivo que facer fronte a 30 preguntas en grao crecente de dificultade.
As probas foron diferentes segundo o nivel ao que pertenza o alumnado.
¡¡¡¡¡MOITA SORTE A TOD@S OS PARTICIPANTES E MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE!!!!
ENTREGA DE PREMIOS "II SEMANA PROBLEMÁTICA"
Enviado por admin o Ven, 15/02/2013 - 21:06O Departamento de Matemáticas realiza a entrega dos premios do concurso " II Semana Problemática" hoxe 15 de febreiro no 2º recreo da ESO.
Agradecer a participación do alumnado que traballou e esforzouse na resolución de cada problema exposto cada día nos seus taboleiros.
Ánimo e a seguir participando.
CONCURSO "II SEMANA PROBLEMÁTICA"
Enviado por admin o Lun, 21/01/2013 - 17:18O Departamento de Matemáticas organiza o Concurso "II SEMANA PROBLEMÁTICA" para todo o alumnado de ESO, dende o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro.
Como no pasado curso escolar o concurso consiste:
- Resolver un problema matemático cada día, que aparecerán no taboeiro das aulas do alumnado a 1ª hora da mañá e deberán resolvelo na mesma mañá depositando o resultado na urna que estará na Entrada do centro.
- Depositareis co resultado o Título do problema, o nome e apelidosm curso e grupo do alumno.
- Só a resposta do problema dese día.
- As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte.
- Os premios : Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado á semana seguinte dsa finalización do concurso. Se hai más dun gañador sortearase o premio entre eles.
ANÍMATE E PARTICIPA
PREMIOS "CANGURO MATEMÁTICO"
Enviado por admin o Ven, 08/06/2012 - 14:25Os gañadores desta edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" son:
- Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)
- Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)
O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistía na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.
Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que serán obsequiados cun lote de libros cada un.
¡ Noraboa a os gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.
ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DA ESO
Enviado por admin o Mar, 27/03/2012 - 14:10PREMIO NO "XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS"
Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal. A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos.
O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas. Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, á gran final, na que competirán contra estudantes doutros países.
Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.
Os alumnos gañadores coa profesora: María Segura Torres
ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS Durante estos días o alumnado do CPI Conde de Fenosa participa en 2 competicións matemáticas: O día 15 de Marzo, 46 alumnos realizaron as probas do XIX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2012 que consta de 30 preguntas tipo test realizadas individualmente. O día 19 do mesmo mes, tres gruposde 2º ciclo de ESO participan no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS , que organiza a sociedade matemática AGAPEMA. No Rallye todo o equipo resolverá nunha hora 6 problemas. Os conscursos e competicións matemáticas teñen unha grande acollida entre o alumnado deste centro educativo, como poido comprobarse có éxito na I SEMANA PROBLEMÄTICA organizada polo Departamento de Matemáticas celebrada ba última semana de febreiro. Por iso a todo o alumnado dámoslle os nosos parabéns.