V SEMANA PROBLEMÁTICA NO NOSO CENTRO PARA O ALUMNADO DA ESO

CONCURSO: "V SEMANA PROBLEMÁTICA" NO CPI CONDE DE FENOSA

DATAS:  Do 15 ao 19 de febreiro.                              

DIRIXIDO A: TODO O ALUMNADO DA ESO

Como ven sendo habitual, cada curso escolar o Departamento de Matemáticas convoca este concurso que cumpre xa 5 anos coas seguintes normas e reparto de premios.

Normas do concurso:

  • O concurso consiste en resolver un problema matemático cada día.
  • Os enunciados dos problemas aparecerán a primeira hora no taboleiro do alumnado na entrada e en cada unha das aulas.
  • Os podedes resolver ao longo da mañá e depositar a resposta, xunto co procedemento seguido, na urna que haberá na  entrada do centro.
  • En cada folla que depositedes na urna deberá aparecer oblrgatoriamente: título do problema, nome, apelidos, curso e grupo do alumno/a.
  • Na urna só se poderán depositar a resolución do problema dese día, nunca do día anterior.
  • As solucións aos problemas  publicaránse ao día seguinte do seu plantexamento.

PREMIOS:

  • Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado a seguinte semana á finalización do concurso.
  • No caso de haber máis dun gañador/a no mesmo día,  sortearáse o premio entre eles/as (limitado a un premio por persoa, agás que sexa o  único gañador/a do día).

ANÍMATE E PARTICIPA!

AdxuntoTamaño
CARTEL.pdf156.39 KB