LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 A partir de hoxe, 21 de xullo, están publicadas no taboleiro do centro, as listaxes DEFINITIVAS das axudas para adquisición de libros de texto, fondo libros e material escolar.

Non se poderán sacar fotos das listaxes.

  • Os vales de libros (1º e 2º de Primaria) e os vales de material poden recollerse hoxe e mañá (22 de xullo) na oficina administrativa. Tamén poden recollerse a partir do 1 de setembro, sen problema.
  • Os libros do fondo (3º, 4º de Primaria e 3º , 4º da ESO) entregaranse polos titores/as unha vez comezado o curso.

 

O centro permanecerá pechado ata o 1 de setembro. As listaxes provisionais de usuarios de comedor sairán publicadas o 2 de setembro despois da súa aprobación polo CE.

As urxencias atenderémolas a través do correo electrónico: cpi.asmirandas@edu.xunta.gal

 Feliz verán!

 

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

AVISO IMPORTANTE:

O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.

A PARTIR DO LUNS, 11 de xullo, PUBLICARANSE A LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS E A PARTIR DO 22 DE XULLO PUBLICARASE A DEFINITIVA.

 

INFANTIL E PRIMARIA:

  • PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).

 

  • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22. 

 

SECUNDARIA:

    • PRAZO: Do 27 ao 30 de xuño, preferiblemente. 

 

    • DOCUMENTACIÓN:
    1. Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (entregarase ao alumnado o día 27 de xuño).
    2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
    3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta ES55 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
    4. Fotocopia do DNI.

SECCIÓNS BILINGÜES:  As seccións bilingüespara o vindeiro curso académico serán as seguintes:

  • Plástica en 5º EP 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE E COMEDOR):

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula. 

IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS  (O prazo estará aberto dende mañá 29 de xuño ata o 12 de xullo)

 

VARIACIÓN DE DATOS:

            Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais (2º,4º e 6º EP), e/ou Proxecto Competencial (1º, 3º e 5º EP)  ou viceversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

            Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2022-2023

 Nos seguintes enlaces podedes descargar a listaxe de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico : 

 

CALENDARIO De EXAMES E ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A ENTREGA DE NOTAS SERÁ O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 11:00H

 

 

 

IV FEIRA : ECOESCOLARES

O luns, 6 de xuño, levaremos a cabo a IV Feira do Proxecto de centro: ECOESCOLARES. O nome foi  proposto e elixido por todo o alumnado do centro despois de informarlles que se ía a levar a cabo un proxecto  co tema Ecoloxía e Medioambiente.

Convídase a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares, en xeral, a visitar a Feira que estará aberta ao público de 16:30 ata 18:00h. Agradecemos a colaboración do Concello, alumnado, persoal e familias do centro así como a todas as persoas que, desinteresadamente, puxeron o seu grao para o desenvolvemento do proxecto.

Consigamos, entre todos, que a Feira sexa un éxito!

 

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN

A organización Save th children agradece á implicación de toda a Comunidade Educativa do CPI As Mirnadas e ao pobo de Ares pola donación para atención de miles de nenos e nenas  ucraínas, na actual situación de emerxencia que están vivindo.

Gañadores autonómicos no Concurso Escolar da ONCE

O grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario dan un pasiño máis e quedan GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.

O noso traballo pasa directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia na categoría D onde se enfrontará agora aos seleccionados nas demais comunidades autónomas.

Polo de pronto foron premiados  cunha emocionante experiencia de escape room. ¡Un divertido reto que terán que superar, una vez máis, en grupo!

Parabéns tanto ao alumnado como a profesora Yoli Castro! e a seguir  abrindo Camiños cara a Inclusión.

Grazas polo voso traballo.

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2022-23

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión e reserva obtivo praza no centro para o curso 2022-23.

A  listaxe pode ser consultada do seguinte xeito:

  •   Presencialmente:  no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  •   Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

BOLSAS MINISTERIO / BECAS MINISTERIO

Recorda que se tes previsto cursar calquera estudo non obrigatorio (Bacharelato, FP, ...) tes ata o 12 de maio para presentar a solicitude de axudas do Ministerio de Educación. Este prazo é importante, xa que debes presentar a solicitude AINDA QUE NON TEÑAS CLARO OS ESTUDOS QUE VAS REALIZAR.

Información:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS

  1.  Con respecto ao uso de máscaras, achego as directrices que se publicaron, o día de hoxe, no portal da Consellería e o resumo que especifica:

 OBRIGATORIO:
• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

RECOMENDADO:

  • Persoal traballador do centro educativo. 
  • Alumnado do centro educativo.
  • Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
    • Persoas traballadoras.
    • Visitas cando estean en zonas compartidas.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

SOLICITUDE BOLSAS ESTUDOS

  Infórmase da publicación das Bolsas do MEFP para o curso 2022-2023

Este ano adiántase o prazo de solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional que será do 30 de marzo ao 12 de maio, adicadas ao alumnado que vai comezar os estudos de Bacharelato e/ou ciclos de FP.

É necesario pedir a bolsa neste prazo (a pesares de que aínda non estean abertos os periodos de matrícula nos estudos que vos interesan, ou non saibades o que  ides estudar... neste caso debedes poñer os estudos máis probables e, cara a setembro, poderás cambialo.)

 

O alumnado que pode solicitar as devanditas bolsas son os que vaian a estudar:

 

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

b) Formación profesional de grao medio e supeiror, incluidos estudios de fp realizados en centros militares

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas deportivas

e) Ensinanzas artísticas superiores

f) Estudos relixiosos superiores

g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiales de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.

h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso a formación profesional e cursos de formación específicos para o accesos aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de fp

 i) Ciclos formativos de grao básico

 

Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP e no seguinte enlace:

MÁIS INFORMACIÓN

Distribuir contido