LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 A partir de hoxe, 21 de xullo, están publicadas no taboleiro do centro, as listaxes DEFINITIVAS das axudas para adquisición de libros de texto, fondo libros e material escolar.

Non se poderán sacar fotos das listaxes.

  • Os vales de libros (1º e 2º de Primaria) e os vales de material poden recollerse hoxe e mañá (22 de xullo) na oficina administrativa. Tamén poden recollerse a partir do 1 de setembro, sen problema.
  • Os libros do fondo (3º, 4º de Primaria e 3º , 4º da ESO) entregaranse polos titores/as unha vez comezado o curso.

 

O centro permanecerá pechado ata o 1 de setembro. As listaxes provisionais de usuarios de comedor sairán publicadas o 2 de setembro despois da súa aprobación polo CE.

As urxencias atenderémolas a través do correo electrónico: cpi.asmirandas@edu.xunta.gal

 Feliz verán!