Proxecto Erasmus+ en colaboración co CFR de Ferrol
Enviado por admin o Dom, 01/05/2022 - 11:37Gañadores autonómicos no Concurso Escolar da ONCE
Enviado por admin o Lun, 25/04/2022 - 15:47O grupo de alumn@s de 1º de ESO formado por Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario dan un pasiño máis e quedan GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.
O noso traballo pasa directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia na categoría D onde se enfrontará agora aos seleccionados nas demais comunidades autónomas.
Polo de pronto foron premiados cunha emocionante experiencia de escape room. ¡Un divertido reto que terán que superar, una vez máis, en grupo!
Parabéns tanto ao alumnado como a profesora Yoli Castro! e a seguir abrindo Camiños cara a Inclusión.
Grazas polo voso traballo.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por admin o Lun, 25/04/2022 - 09:52LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2022-23
Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión e reserva obtivo praza no centro para o curso 2022-23.
A listaxe pode ser consultada do seguinte xeito:
- Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
BOLSAS MINISTERIO / BECAS MINISTERIO
Recorda que se tes previsto cursar calquera estudo non obrigatorio (Bacharelato, FP, ...) tes ata o 12 de maio para presentar a solicitude de axudas do Ministerio de Educación. Este prazo é importante, xa que debes presentar a solicitude AINDA QUE NON TEÑAS CLARO OS ESTUDOS QUE VAS REALIZAR.
Información:
DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 16:10- Con respecto ao uso de máscaras, achego as directrices que se publicaron, o día de hoxe, no portal da Consellería e o resumo que especifica:
OBRIGATORIO:
• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO:
- Persoal traballador do centro educativo.
- Alumnado do centro educativo.
- Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
- Persoas traballadoras.
- Visitas cando estean en zonas compartidas.
- Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
SOLICITUDE BOLSAS ESTUDOS
Enviado por admin o Mér, 23/03/2022 - 17:36Infórmase da publicación das Bolsas do MEFP para o curso 2022-2023
Este ano adiántase o prazo de solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional que será do 30 de marzo ao 12 de maio, adicadas ao alumnado que vai comezar os estudos de Bacharelato e/ou ciclos de FP.
É necesario pedir a bolsa neste prazo (a pesares de que aínda non estean abertos os periodos de matrícula nos estudos que vos interesan, ou non saibades o que ides estudar... neste caso debedes poñer os estudos máis probables e, cara a setembro, poderás cambialo.)
O alumnado que pode solicitar as devanditas bolsas son os que vaian a estudar:
b) Formación profesional de grao medio e supeiror, incluidos estudios de fp realizados en centros militares
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas
e) Ensinanzas artísticas superiores
f) Estudos relixiosos superiores
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiales de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso a formación profesional e cursos de formación específicos para o accesos aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de fp
i) Ciclos formativos de grao básico
Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP e no seguinte enlace:
Admisión curso 2022-2023
Enviado por admin o Sáb, 12/02/2022 - 20:29PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO) - CURSO 2022 –2023
Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e a Orde do 12 de marzo de 2013 de desenvolvemento deste, modificada parcialmente pola Orde do 25 de xaneiro de 2017. A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduce nesta varios cambios, entre outros, os que afectan os criterios de admisión e a súa ponderación e polo DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022, páx 10558)
- Os postos escolares ofertados polo centro para o curso 2022-23 son os que se sinalan no Anexo I.
- O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 21 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
- No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.
- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.
- Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.
- Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.
- Posteriormente publicaranse, segundo o calendario que aprobe a Consllería, as listas provisionais e as listas definitivas de admitidos/as.
- O alumnado poderán usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.
PRAZO: Do 1 ao 21 de Marzo de 2022
LUGAR:
- Por Internet:
- Na aplicación Admisión alumnado da páxina web da Consellería (enlace adxunto).
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
- Nas oficinas do centro educativo
DOCUMENTACIÓN:
Publicación no Portal da Consellería e na aplicación admisión de alumnado os Anexos:
- ANEXO II- ED550B-C- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (castelá)
- ANEXO II- ED550B-G- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (galego)
Outra documentación a entregar:
- FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
- FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
- SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)
- XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)
- CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)
FOTOGRAFÍAS NADAL-REIS MAGOS 21 DE DECEMBRO 2021
Enviado por admin o Mér, 02/02/2022 - 11:18Prezadas familias, a ANPA do CPI As Mirandas achega as fotografías da chegada dos Reis Magos ao CPI As Mirandas o día 21 de decembro de 2021:
Inicio do procedemento de admisión para o curso 2022/2023
Enviado por admin o Mér, 12/01/2022 - 16:38Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión
de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do
procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
O alumnado que actualmente cursa 4º da ESO deberá presentar a solicitude de reserva de praza
no IES de Mugardos (é o centro adscrito ao colexio) no prazo anteriormente citado.
Poden presentar as solicitudes de xeito manual (adxúntase o modelo en pdf), ou ben, a través da aplicación
(admisionalumnado) no menú:
Solicitudes>Reserva>Crear
Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015,
do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo, ou en Sede Electrónica, para o que se precisará de Chave365
ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro,
debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
FELICES FESTAS E BOS DESEXOS PARA O COMEZO DO 2022!
Enviado por admin o Mar, 21/12/2021 - 10:42FELICES FESTAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »