PARABÉNS DE NOVO AO ALUMNADO(3º ESO) E PROFESORADO (MATEMÁTICAS)

4RR454ND0 C045  M473M471C45  N0 CP1 45 M1R4ND45

(ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)

V 3D1C10N D3 M473M471C45 N4 R414

(V EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

 

O noso alumnado de 3º estivo preparándose con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco problemas cós que a organización os retou.  Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar, así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas, e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola acollida no Fragas Do Eume.

Este ano a publicación dos gañadores retrasouse pola situación provocada pola pandemia pero por fin xa o sabemos... e o noso equipo de 3º Académicas proclamouse gañador desta edición. Noraboa a todas as rapazas e rapaces polo ben que o fixeron!!!!!  Non poderán desfrutar do premio de pasar unha fin de semana nunha cidade do norte de Portugal pola situación que estamos a atravesar pero deben estar moi orgullosos por todo o que fixeron, e saber que a vida porá nos seus camiños moitas oportunidades de xogar coas Matemáticas.

Esperamos xa con moitas ganas a VI Edición de Matemáticas Na Raia.

 

Aviso ás familias sobre o fin de curso da ESO

AVISOS ÁS FAMILIAS

ENTREGA DE NOTAS, RECOLLIDA DE MATERIAL, E ENTREGA DO FONDO DE LIBROS EN SECUNDARIA

O día 23 de xuño entregaranse as notas de xeito presencial en Secundaria, para o que será necesario a devolución dos libros de texto do Fondo de préstamo. Tamén poderán recoller o material persoal do alumn@ que quedou nas aulas. Este 23 de xuño será o único día para facer este trámite, e preferiblemente acudirá o alumn@. No caso de que non poder acudir poderá facer a devolución e recoller as notas o tit@r, nai ou pai (só entrará ao centro unha persoa). As familias que non poidan acudir no horario establecido, deberán poñerse en contacto co centro mandando un correo ao cpi.asmirandas@edu.xunta.es solicitando una cita.

 

Agradecemos o respecto desta normativa que se fai polo ben da comunidade educativa. Tamén rogamos que na entrada do colexio non haxa acumulación e que se manteñan as distancias sociais.

 

 

CURSOS

DÍA

HORARIO

 

4º ESO A

23 de xuño

De 9:30h. a 11:00h.

1º ESO A

23 de xuño

De 9:30h. a 11:00h.

4º ESO B

23 de xuño

De 11:00h. a 12:30h.

1º ESO B

23 de xuño

De 11:00h. a 12:30h.

 

23 de xuño

De 12:30h. a 14:00h.

 

2ºA

23 de xuño

De 12:30h. a 14:00h.

 

2º B

23 de xuño

De 14h. a 15:00h.

 

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

  • O alumnado acudirá a súa aula de referencia. Entrarán de un en un na clase, esperando fóra a que se lle deixe pasar. O tit@r estará na aula e o profesor axudante controlará os accesos do alumnado e que se manteñan as distancias, así como asegurarse que saian adecuadamente do centro.
  •  

    Para a entrega de notas deberán vir con mascarilla e preferiblemente o alumno/a.

  •  

    Ao entrar na aula terá xel hidroalcólico para limpar as mans, e situarase nunha mesa preparada para o alumnado. Alí seguirá as instrucións do tit@r.

  •  

    É MOI IMPORTANTE que os libros de préstamo veñan nunha bolsa aberta sen pechar, e pegado por fóra da bolsa nun folio poñades o nome do alumno completo e o listado dos libros dos que se fai entrega. Rogamos que avisedes se os libros teñen algún deterioro ou incidencia. Unha vez revisados os libros colocaranse no armario da aula. Separar os de Xuño dos de Setembro e deixar anotados os que teñen que entregar en setembro. (Ver listado de libros)

  •  

    Os libros da biblioteca que ten o alumnado sen devolver deberán traelo ao centro o día que veñan a recoller o material.

 

INFORMACIÓN SOBRE A LISTAXE DE ADMITIDOS

 

 Están admitidos todos os que realizaron a solicitude.


Poderase consultar máis información na oficina administrativa do centro.

 

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 16 de xuño de 2020.

 Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

  • Prazo extraordinario : do 1 ao 10 de setembro de 2020.

AVISO ÁS FAMILIAS INFANTIL E PRIMARIA

RECOLLIDA MATERIAL INFANTIL E PRIMARIA

 

CURSOS

DÍA

HORARIO

 

4º INFANTIL

(3 ANOS)

3 de xuño

De 10 h. a 11:30h.

 

5º INFANTIL

(4 ANOS)

3 de xuño

De 11:30h. a 13h.

 

6º INFANTIL

(5 ANOS)

4 de xuño

De 11:30h. a 13h.

 

1º PRIMARIA

3 de xuño

De 11:30h a 13h.

 

2º PRIMARIA

4 de xuño

De 10 h. a 11:30h.

 

3º PRIMARIA

3 de xuño

De 10h. a 11:30h.

 

4º PRIMARIA

4 de xuño

De 11:30h a 13h.

5º PRIMARIA

5 de xuño

De 11:30h a 13h.

 

6º PRIMARIA

5 de xuño

De 10 h. a 11:30h.

 

  • O material recollerase nas aulas de cada alumno/a. Entrarán de un en un na clase, esperando fora a que se lle deixe pasar.

  • Para a recollida de material deberán vir con mascarilla e só unha persoa por alumno/a.

  • As familias que teñen varios fillos, poderán recoller o material de todos dunha soa vez. Neste caso é necesario que avisen por correo ao centro, elixindo o día de entre os posibles, para ter o material preparado.

  • As familias de 3º e 4º de primaria beneficiarias do programa Fondo de libros deberán devolver os libros prestados o mesmo día que recollen o material.

  • As familias que non poidan acudir no horario establecido, deberán poñerse en contacto co centro mandando un correo a cpi.asmirandas@edu.xunta.es solicitando una cita.

  • Devolución dos ordenadores de Edixgal.

    • 5º primaria: 17 de xuño (10:30h a 11:30h)

    • 6º de primaria: 17 de xuño (11:30h a 12:30h)

  • Os libros da biblioteca que ten o alumnado sen devolver deberán traelos ao centro o día que veñan recoller o material.

  • O diñeiro pendente de devolver correspondente ás saídas que non se realizaron, quedará en fondo para o vindeiro curso, pois non é factible devolvelo agora debido á situación existente.

  • O listado de libros e as listas de material para o vindeiro curso, publicaranse na páxina web do colexio na segunda quincena de xuño.

CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”

 

CATRO ALUMNAS DO COLEXIO CPI AS MIRANDAS GAÑAN O CONCURSO NACIONAL “RETO BIG DATA” DA FUNDACIÓN “LA CAIXA”

 

As alumnas Paula Fernández, Salma Martínez, María Cagide e Irune Fornos , alumnas de 4º da ESO do CPI As Mirandas de Ares, coordinadas pola profesora do centro Cristina Sande, proclamáronse gañadoras, do concurso nacional “Reto BigData organizado polo programa Educativo da Fundación La Caixa, “EduCaixa”. O premio sería unha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California, pero debido á alerta sanitaria este ano non pode ser, e o premio consiste nun ordenador portátil para os alumnos e unha formación on line del MIT para os docentes.

 

 

A Fundación La Caixa, no seu programa Educativo, Educaixa, organiza dende hai 6 anos diferentes concursos nacionais, denominados “Retos”, que traballan as competencias dixitais, o espíritu crítico ou a competencia científica e de investigación, dirixidos a estudantes de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.

Este ano, por primeira vez, oito alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas (Paula, Salma, María, Irune, Yaiza, Lucas, Carolina e Clara), coordinados polas profesoras do centro Belén Morón e Cristina Sande, participaron no Reto BigData, dentro dunha actividade proposta na clase de matemáticas que tiña como obxetivo poder coñecer o gran papel dos datos e a súa análise na presente era dixital. 

 

Os oito alumnos organizáronse en dous grupos diferentes e, con dedicación e roubando tempo do seu tempo de lecer, presentaron dous artigos na primeira fase do concurso sendo a sua temática “O Consumo e a producción responsable”.

 

Despois de moitos esforzo, os traballos presentárose a principios de Marzo sendo seleccionados os dous para a seguinte fase, logo de competir con máis de 1.500 traballos presentados.

 

Se todo fora coma en anos anteriores, o seguinte paso tería sido disfrutar dunhas xornadas de formación en Barcelona onde  además de compartir con outros equipos de toda España unha experiencia dun novo reto, tratarían de de gañar o premio final dunha viaxe para todo o equipo a Silicon Valley en California.  Tendo en conta a crisis sanitaria na que estamos nestes últimos meses, e ante a imposibilidades de viaxar a Barcelona, La Caixa decididu susituir as xornadas de formación por un Campus Virtual que se celebrou na primeira semana de maio, como recompensa e recoñecemento a todos os equipos e ao seu traballo. Neste Campus participaron os oito alumnos do CPI de Ares. Se ben finalmente só un dos equipos proclamouse gañador, o programa foi toda unha experiencia para todos os participantes. Podedes ver neste link o seu proxecto PREME AQUÍ

 

Tamén temos que felicitar a 8 gañadores, Antía, Yaiza, Aroa, Daniel Varela, Ismael, Álvaro, Luis e Daniel, un grupo de 1º  de ESO do CPI As Mirandas que proclamouse gañador clasificándose como un dos tres mellores equipos de 1º de ESO de Galicia do Rally Matemático e Científico sen Fronteira.

NORABOA CAMPIÓNS!!!

 

 

Estes premios son unha recompensa moi merecida do traballo, esforzo e dedicación das profesoras do Departamento de matemáticas, grazas Belén e Cristina!!!

E, como non, grazas ao alumnado por toda a ilusión que tedes e por dar sentido a todo o traballo realizado!!! 

PARABÉNS A TODO ESE EQUIPO!!!

 

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA: FONDO DE LIBROS, AXUDAS MATERIAL

A partir de hoxe e tras ser publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

Reábrese o período de admisión

Por proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o Cecop toma razón de que a consellería ditará resolución acordando as seguintes cuestións:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O horario de atención ao público no CPI As Mirandas será de 10:00 a 13:00h

Recoméndase chamar previamente ao teléfono 881930020 e o emprego de mascarillas. 

Máis información no seguinte enlace:

CARTEL DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2020-2021 NO CPI AS MIRANDAS

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

NO CPI AS MIRANDAS CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO 2020

  Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro.

 En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca  Carabela, pero a pesares da  ausencia sabemos que nas vosas  marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias  intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.  

Sei que moitos de vós  tedes sentido na vosa propia pel esta terapia formidable da lectura, como así o  reflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos  alumnxs, ás vosas familias, aos  profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI  As  Mirandas.
Moito ánimo, apertas a  moreas e....  vémonos pronto, no o dubidedes.  
                                                           

AVISO ÁS FAMILIAS

 

Prezadas familias:

 

No día de onte saíron as instrucións sobre a 3º avaliación. Están completas no Portal Educativo da Xunta.

Fixemos un resume das mesmas que esperemos aclaren as vosas dúbidas. Pincha aqui

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión, moito ánimo e desexamos que gocen de boa saúde.

O equipo directivo

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO E AS SÚAS PROFESORAS DE MATEMÁTICAS

  

O CPI As Mirandas transmite os seus parabéns ao alumnado de 4º de ESO e as súas profesoras de

matemáticas seleccionados no Reto Big Data de La Fundación Edu Caixa.

 

    • RETO BIGDATA, a oportunidade de participar nun Datatón e viaxar a Silicon Valley

    • O reto desta edición foi redactar unha noticia que, baseada na análise de datos concretos,  realizar un enfoque e reflexionar sobre cómo avanzar na consecución do 12º Obxectivo de Desarrollo Sostible relacionado co consumo e a produción sostibles

 

 A comunidade educativa do CPI As Mirandas de Ares quere transmitir os seus parabéns aos 2 equipos de alumnado de 4º de ESO e a súas profesoras de matemáticas, Mª Belén Morón e Cristina Sande finalistas do Reto BIG DATA organizado pola Obra Social de La Caixa.

En Galicia foron seleccionados tres centros finalistas, o noso centro por partida dobre, xa que foron finalistas os dous proxectos dirixidos polas nosas compañeiras Belén Morón e Cristina Sande (profesoras de matemáticas).

Dous grupos formados por 8 alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas, están entre os finalistas nacionais do Reto Big Data: a intelixencia dos datos, un programa realizado pola Obra Social de "La Caixa" para contribuír ao desenvolvemento da capacidade dixital do alumnado e promover unha actitude crítica e realista cara as tecnoloxías.

Con dúas novas, desenvolvidas ó redor do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible “Consumo e Producción Sostible”: "Cocinar para tirar" e “Deshechos electrónicos: nuestro futuro en juego” describe como a tecnoloxía e o Big Data poden axudar a lograr uns hábitos e consumo máis sostible.

Debido ao estado de alarma e seguindo as recomendacións gubernamentais cancelouse a actividade presencial(participación nun Datatón en Barcelona e a Viaxe formativa a Silicon Valley) pero no vindeiro mes de maio participarán nun Datatón (resolver un reto partindo da análise e o tratamento de datos coa axuda de profesionais deste ámbito coa oportunidade de reunirse cos xóvenes doutras cidades e colexios desenvolvendo as súas competencias dixitais nun entorno divertido e diferente), que debido ás circunstancias será nun formato Campus Virtual, pero que sen dúbida aproveitarán e disfrutarán.

 

 Noraboa ás alumnas: Salma, María, Irune, Paula, Yaiza, Clara e Carolina, ó alumno Lucas e ás profesoras Belén Morón e Cristina Sande que lideraron o proxecto.

 

 

 

 

 

Distribuir contido