Vídeo da gala
Videoclip oficial realizado no noso centro
CPI "AS MIRANDAS" Avda. Celso Emilio Ferreiro, 4- Ares Tfno: 881930020 Correo electrónico: cpi.asmirandas@edu.xunta.gal |
|
|
Erasmus +ATENCIÓN Á DIVERSIDADEEDULINGÜE
ORIENTACIÓNFSEFondo social europeo: Subvenciona os Contratos-programa
Iniciar sesión |
FESTA DO ENTROIDO NO CPI AS MIRANDASEnviado por admin o Mér, 19/02/2020 - 12:23FESTA DO ENTROIDO 2020
O vindeiro venres, 21 de febreiro, celebraremos a festa do Entroido. A festa comezará cun pasarrúas pola vila de todo o alumnado e profesorado do centro.
O horario deste día será de 9:30 a 13:30h, tal como se aprobou na Programación Xeral Anual do centro.
O desfile terá o seguinte itinerario: Saída do centro escolar aproximadamente ás 10:30h. seguindo por:
A continuación o alumnado de Infantil regresará ao colexio e os demais continuarán polas rúas: Paseo Marítimo e regreso ao centro escolar. As 12:15h, xa no centro, o alumnado de infantil e primaria degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano (moi pouca cantidade) nun envase que se poida tirar. O centro correrá cos gastos das bebidas e o alumnado recibirá unha golosina doada polo Concello. O alumnado da ESO levará a cabo un Concurso de comparsas. A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor. O alumnado que vai facer uso do transporte pregamos avise ao seu titor/a No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.Grazas a todos pola súa colaboración! Aviso familias English Week 2019Enviado por admin o Lun, 17/02/2020 - 10:01Achegamos a ligazón para que as familias do alumnado participante na actividade de inmersión lingüística “English Week 2019" que lle foi concedida este curso, cumprimenten a enquisa de satisfacción: https://docs.google.com/forms/d/1V0TJrfnUNDIyUYMUD7eBcCdwLp2et87w4Mh9b1vRkxw/edit Ao final do texto da enquisa, deberase premer sobre o botón " Enviar" , para que as respostas queden rexistradas.
Data límite para cubrir a enquisa: Luns, 9 marzo 2020.
Agradecémoslle de antemán a súa colaboración. ADMISIÓN E RESERVA DE PRAZA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020Enviado por admin o Mér, 12/02/2020 - 11:16Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021Fase de reserva de prazas en centros de adscrición De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado. Normativa de aplicación
Anexo I: Formulario de reserva de praza
Resume dos prazos:
CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:
CRITERIOS DE ADMISIÓN: SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:
Letras primeiro apelido: "T" e "G"
DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS: CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
II EDICIÓN DAS XORNADAS SOBRE SOPORTE BÁSICO VITAL NO CPI AS MIRANDASEnviado por admin o Mér, 22/01/2020 - 12:04
A semana do 13 ao 20 de xaneiro leváronse a cabo obradoiros sobre soporte vital básico e reanimación cardiopulmonar e as prácticas foron dirixidas ao alumnado do centro, quen a súa vez foi o encargado de ensinar esas prácticas de RCP ao resto de compañeiros e comunidade educativa. Estes obradoiros fóron impartidos polo profesorado de educación física do centro: Carlos Bacelo (ESO) e Bárbara Sánchez(EP).
O luns 20 de xaneiro rematamos con dous obradoiros, un para as familias e outro para o profesorado e persoal non docente. O encargado da coordinación e impartición dos mesmo foi Carlos Bacelo, profesor de Educación Física do noso centro. #rcp#ovace#desa#pas#protocolo#tallereseducativos#qcprapp#qcqrinstructor#alertares #cpiasmirandas #concellodeares #ensinopublico #europeanresuscitationcouncil CHARLA POLA IGUALDADE, DA VOZ DE AMELIA TIGANUS- ( Dpto de Orientación e CIM de Ares)Enviado por admin o Mar, 14/01/2020 - 09:21Actividade do Plan de Igualdade
Este luns 13 de xaneiro de 2020 en horario de 16:00 h. a 17:40 h., na aula de UUMM, o alumnado de 4º curso de ESO dos grupos A e B, asistiu a unha charla na que se incidiu na importancia da educación para a prevención da violencia sexual e de xénero. A charla foi impartida por Amelia Tiganus baixo o título de “Prostitución y pornografía: violencia sexual comercial”. Amelia Tiganus, nacida en Rumanía, actualmente reside en Euskadi. Despois de superar, hai doce anos unha vivencia persoal relacionada coa prostitución e a rede de trata, converteuse en activista feminista e realiza charlas e talleres en defensa dos dereitos humanos das mulleres. Escribiu numerosos artigos e un libro. O seu labor é recoñecido e no pasado mes de novembro de 2019, recibiu un premio por parte do Ministerio de Igualdade. Esta actividade, que contribúe ao desenvolvemento do plan de igualdade deste curso escolar, está organizada polo departamento de orientación, en colaboración co CIM de Ares. FELICES FESTAS!Enviado por admin o Ven, 13/12/2019 - 13:41A Dirección do CPI As Mirandas deséxavos unhas Felices Festas e informa das actividades nesta semana:
Este día, entregaranse as notas da 1ª avaliación a todo o alumnado, non haberá comedor e a saída adiántase ás 13:30h. Agradecemos a colaboración da ANPA, Concello e familias de Ares así como de toda a Comunidade Educativa para que todo sexa un éxito. Non podemos esquecer aos nosos colaboradores na infraestrutura e material empregado na carreira e para o alumnado: Paula Mayobre, gran atleta aresá e madriña da Carreira Solidaria; a Gadis polo subministro de auga, e os hinchables para a Saída/Meta e o percorrido; a Froitería Bacelo y López que nos aporta a froita como reconstituínte, a Trofeso ARVI, á Protección Civil, Policía Local de Ares, á Floristería Real que pón un toque de cor..., Aos responsables do Casino de Ares agradecemos a súa cesión para levar a cabo o Festival do Nadal A todos, Grazas polo voso compromiso!
Parabéns! Gran despedida Erasmus+ e excelente celebración do MAGOSTOEnviado por admin o Mar, 03/12/2019 - 13:59O venres 29 de novembro o noso centro despediu aos integrantes do grupo Erasmus + que estiveron a acompañarnos durante toda a semana. Unha festa rachada na que non faltaron as nosas tradicións: magosto, castañas, bailes tradicionais, xogos, cancións…. e ata chiculate con churros. Parabéns a toda a comunidade educativa que traballou a esgallo para que todo resultase marabillosamente ben, foi unha semana intensa e non podemos estar máis que orgullosos de todos e cada un de vós: profesorado, persoal non docente, alumnado e familias. Xuntos podemos e así hai que seguir.
Desde aquí queremos dar as grazas tamén ao Grupo de Gaitas de Ares e a Miguel, o seu director, así como ao grupo Areas do Mar de Ares con Teresa Muiños á cabeza. Mil grazas por colaborar con nós nesta xornada.
Desexamos aos nosos amigos Erasmus+, que gozaran da súa estancia en Ares e que teñan unha boa viaxe de volta aos seus respectivos países.
Esta despedida é so un ata logo xa que pronto lles devolveremos a visita.
Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, aquí tedes a reportaxe gráfica da xornada.
Grazas mil pola vosa profesionalidade!!!
ENTREGA DE PREMIOS DA III EDICIÓN DO CONCURSO ESCOLAR “CANTAMOS COAS MANS”- Mención HonoríficaEnviado por admin o Ven, 29/11/2019 - 12:36Este xoves 28 de novembro celebrouse a entrega de premios da III Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas mans”, nun evento moi especial que tivo lugar no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.
Neste acto recibimos a Mención de Honra desta edición na que os nosos alumn@ s puideron interpretar e actuar coa cantante MJ Pérez que subiu ao escenario cos nenos e nenas que signaron a súa canción “O fío do que pendo”.
Foi unha xornada festiva, totalmente accesible en lingua de signos e na que tanto, persoas xordas como oíntes, puidemos gozar da música.
Queremos aproveitar a ocasión para, unha vez máis, agradecer o esforzo e a implicación de Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de signos, que non poido estar no evento e que é a alma mater do proxecto e, por suposto, tamén agradecer a MJ Pérez a súa colaboración para facer un ano máis, deste acto, unha gran celebración da música inclusiva.
LUNS, 25 DE NOVEMBRO : RECEPCIÓN NO CONCELLO E NO NOSO CENTRO-ERASMUS+Enviado por admin o Mar, 26/11/2019 - 10:46Hoxe luns realizaron unha visita ao Concello onde foron recibidos polo alcalde e representantes do Concello. Seguidamente fixémoslles unha benvida no noso centro. O alumnado de primaria así como un grupiño de alumnos da ESO agasalláronos cun mini concerto e bailes típicos. Logo percorreron as aulas de primaria e infantil e departiron con profes e nen@s. Tamén participaron no acto que realizamos no centro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no que estiveron tamén representantes do concello e do CIM (Centro de atención á muller) (No enlace anterior podedes ver as fotografías de Jorge Meis- Publicadas no Diario de Ferrol)
Desexámoslle unha estupenda estadía na nosa vila xunto a todos nós e ás familias acolledoras.
Seguiremos informando desde tesmoitalingua e a páxina web do noso cole.
Benvida ao profesorado e alumnado Erasmus+Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 11:18A partir do domingo 24 e ata o 29 de novembro recibiremos no noso centro a 20 alumnos e 12 profesoras de 5 países (Turquía, Polonia, Rumanía, Grecia e Italia) cos que estamos levando a cabo un proxecto europeo, KA229 :
Manifestaciones artísticas desde las festividades y tradiciones europeas”. Envío o enlace do blog do proxecto no anterior título, así cómo podedes informavos máis na páxina web do noso centro. Hoxe, domingo, unha representación do centro fóron recibir aos convidados e partIcípantes no proxecto a Santiago, realizando una etapa do camiño e unha visita guiada polo casco histórico.
Pola tarde, as familias esperan ao alumnado que van acoller durante esta semana a partir das 5 .
Excited and nervous!!!O luns 25 de novembro teremos as seguintes actividades:
Durante a semana visitarán as cidades da comarca ata Coruña destacando o mércores pola tarde que visitarán as Meninas de Canido e a SGHN.
É un proxecto Erasmus+ dcon intercambio escolar que se levará a cabo no centro durante 2 cursos consecutivos, con 5 mobilidades (1 a cada país participante) na que viaxan 4 alumnos e 2 profesores. Esta é a primeira mobilidade e será aquí en Ares, xa que é o centro coordinador, sendo a súa responsable Mª Josefa Seijo Bellón.
|
Calendario Escolar
EdixgalCódigo QR do CPI As Mirandas
|