MALAXENTE
Enviado por admin o Mér, 08/05/2019 - 10:43Gran repercusión do vídeo que a intérprete de signos do noso centro, Luísa Lombardero, creou, dirixiu e ideou cunha gran creatividade para celebrar o Día das Letras Galegas.
A idea está baseada na versión da exitosa canción de Rosalía, cantada e versionada pola cantautora galega MJ Pérez.
A letra que interpreta MJ Pérez recolle versos de Castellanos de Castilla, do `poema de Rosalía de Castro onde reflexaba as penurias dos gallegos que ían traballar a Castilla recollido no seu libro Cantares Gallegos
A Dirección agradece o gran traballo da creadora, Luísa Lombardero, da dinamizadora audiovisual, Yolanda Castro e das profesoras que participaron como grandes artistas e que están moi motivadas na inclusión do alumnado do centro.
ÉXITO NA III FEIRA ARES ARREDOR DE SI
Enviado por admin o Ven, 03/05/2019 - 14:55Éxito total na xornada do luns na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a III Feira “Ares arredor de si”.
III FEIRA ARES ARREDOR DE SI
Enviado por admin o Dom, 28/04/2019 - 22:02Luns 29 de abril, dará comezo a III Feira Ares arredor de si.
A Feira estará aberta ao público en xeral dende as 16:30 ata as 18:30h.
Todas estas actividades reflicten o traballo desenvolvido no curso escolar polo alumnado. Así, os grupos de Infantil, os máis pequenos, traballaron co Proxecto LÓVA, sobre os bonecos do Entroido típicos das parroquias de Cervás e Chanteiro, a gaivota polaca en Ares, así como o Mosteiro de Santa Catalina, a ermida de Chanteiro..., mentres que o alumnado de Primaria afondaron na actividade do Club de Remo de Ares, os bateis..., na ruta dos indianos e nas rondallas de Ares, Trovadores de Ares, o alumnado da ESO adicouse á gravación de documentais, á elaboración de ploters en inglés e galego, sobre o mapa-guía interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares elaborados no curso anterior, no marco do proxecto para a posta en valor dos principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares.
- E TI, DE ONDE VÉS SENDO? (información dun excelente traballo do alumnado da ESO)
Un gran traballo de todo alumnado e profesorado que contou coa colaboración de gran parte de asociacións, xente de Ares(avós, familias...) e persoas que, desinteresadamente colaboraron, amosaron todos os seus coñecementos a noso alumnado do entorno e patrimonio cultural de Ares.
Pola mañá o noso alumnado realizará un percorrido, podendo disfrutar coas actividades dos seus compañeiros, 14 stands onde haberá actuacións musicais, bailes, xogos (Xogo de “ Que lugar é?”asociar fotos e nomes de lugares de Ares, xogo da oca coa ruta dos indianos, rosco Pasapalabra, robots...) e obradoiros de puzzles, bonecos, lazos, nós, pulseiras, photocall, entre outros.
A Dirección agradece o enorme esforzo realizado por todo o persoal do centro e anima a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares e comarca, en xeral, a visitar a Feira.
Publicadas as listaxes inmersión lingüísitca
Enviado por admin o Mar, 23/04/2019 - 10:10PUBLICADAS AS axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva(DOG do 20/02/2019),
Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).
Pregamos a revisión por parte da familia do alumnado solicitante. O prazo de rclamación remata o 26 de abril.
VISITA-ACTIVIDADE SANTIAGO. ALUMNADO DE 2º ESO
Enviado por admin o Xov, 11/04/2019 - 08:22GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE.
Enviado por admin o Sáb, 06/04/2019 - 15:08AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!
DIAGNOSE E RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR NO CPI AS MIRANDAS
Enviado por admin o Mar, 26/02/2019 - 10:17Diagnose e seguimento da convivencia escolar.
Prazo: ata o 24 de marzo de 2019.
A Consellería de educación desexa realizar unha análise sobre a convivencia escolar nos centros educativos de Galicia; por todo isto pregamos que se cubran os formularios anónimos (cos códigos enviados dende o centro) dos diferentes membros da Comunidade Educativa.
Agradécese a colaboración.
No enlace http://educonvives.gal poden atopar información adicional sobre esta iniciativa.
A dirección Internet dos cuestionarios de convivencia é a seguinte:
"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.es/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://edu.xunta.es/convobrig
"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://edu.xunta.es/convee
"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.es/convdoce
"Recollida de datos para PAS" en https://edu.xunta.es/convpas
COMEZA O ENTROIDO 2019
Enviado por admin o Lun, 25/02/2019 - 12:56O CPI As Mirandas vai comezar a partir de mañá a celebración do Entroido 2019 cos seguintes MANDADOS:
MARTES |
Se de Ares queres parecer, un remo pintado has de traer |
|
MÉRCORES |
Se a Chanteiro queres ir, con algo de praia deberás vir |
|
XOVES |
Se queres ir a Caamouco, adorna a cabeza un pouco |
O Venres, 1 de marzo, a partir das 10:30h comezará o pasarúas de todo o alumnado e profesorado do centro pola Vila de Ares. O percorrido será o seguinte:
- Avda. de Mugardos
- Rúa Real
- Praza da Igrexa
- Rúa Saavedra Meneses.
A saída será ás 13:30h e non haberá Comedor.
Máis información no seguinte enlace:
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Lun, 25/02/2019 - 12:02A Dirección do CPI As Mirandas informa que está admitido todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2019-2020
- Listado provisional de admisión (hai 5 días hábiles para calquera reclamación na dirección do centro).
O listado definitivo publicarase o día 10 de maio.
COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN para o curso 2019-2020:
- DATAS: do 1 ao 20 de marzo de 2019
- Regulado polas seguintes Instrucións da Consellería e coa información do noso centro:
- Proceso de admisión no CPI As Mirandas.
- CARTEL INFORMATIVO
- Instrucións da Xefatura Territorial
- Instrucións para o rexistro
- Anexo II (Formulario) (neste centro inicialmente se solicita cubrir as 2 primeiras follas, se fóra preciso por mór dunha alta demanda xa se pediría máis información)
- Resolución letras desempate
- Máis información na páxina da Consellería
O vindeiro día 11 de marzo haberá unha Xornada de portas abertas ás 16:30h
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Enviado por admin o Ven, 01/02/2019 - 11:02O pasado día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e da non violencia no noso centro. A educación para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar no Día de la Paz, temos o compromiso de ser defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Podedes ver a continuación o vídeo representativo do acto:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »