III FEIRA ARES ARREDOR DE SI

Luns 29 de abril, dará comezo a III Feira Ares arredor de si.

A Feira estará aberta ao público en xeral dende as 16:30 ata as 18:30h.

 

 

Todas estas actividades reflicten o traballo desenvolvido no curso escolar polo alumnado. Así, os grupos de Infantil, os máis pequenos, traballaron co Proxecto LÓVA, sobre os bonecos do Entroido típicos das parroquias de Cervás e Chanteiro, a gaivota polaca en Ares,  así como o Mosteiro de Santa Catalina, a ermida de Chanteiro..., mentres que o alumnado de Primaria afondaron na actividade do Club de Remo de Ares, os bateis..., na ruta dos indianos e nas rondallas de Ares, Trovadores de Ares, o alumnado da ESO adicouse á gravación de documentais, á elaboración de ploters en inglés e galego, sobre o mapa-guía interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares elaborados no curso anterior, no marco do proxecto para a posta en valor dos principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares.

Un gran traballo de todo alumnado e profesorado que contou coa colaboración de gran parte de asociacións, xente de Ares(avós, familias...) e persoas que, desinteresadamente colaboraron, amosaron todos os seus coñecementos a noso alumnado do entorno e patrimonio cultural de Ares.

 

Pola mañá o noso alumnado realizará un percorrido, podendo disfrutar coas actividades dos seus compañeiros, 14 stands onde haberá actuacións musicais, bailes, xogos (Xogo de “ Que lugar é?”asociar fotos e nomes de lugares de Ares, xogo da oca coa ruta dos indianos, rosco Pasapalabra, robots...) e obradoiros de puzzles, bonecos, lazos, nós, pulseiras, photocall, entre outros.

 

 

A Dirección agradece o enorme esforzo realizado por todo o persoal do centro e anima a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares e comarca, en xeral, a visitar a Feira.