CPI "AS MIRANDAS" Avda. Celso Emilio Ferreiro, 4- Ares Tfno: 881930020 Correo electrónico: cpi.asmirandas@edu.xunta.gal |
|
|
Erasmus +ATENCIÓN Á DIVERSIDADEEDULINGÜE
ORIENTACIÓNFSEFondo social europeo: Subvenciona os Contratos-programa
Iniciar sesión |
14 DE XUÑO : DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOSEnviado por admin o Xov, 14/06/2018 - 11:2114 DE XUÑO. CELEBRAMOS O DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOSHoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.
Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época.
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas. Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos.
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.
PARABÉNS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO, PERSOAL QUE PARTICIPOU NA GRAVACIÓN, EDICIÓN, MONTAXE DO VÍDEO, QUE SAIU GAÑADOR NO CONCURSO ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN, ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS EN GALICIA, especialmente a LUÍSA LOMBARDERO ( intérprete de signos deste centro) que realiza un traballo excelente, tanto co alumnado como con calquera actividade, proxecto.. que se leva a cabo no centro, así como a nosa dinamizadora do audiovisual, YOLI CASTRO.
ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º ESO EN STEM EN LINGUA INGLESA NO VERÁN 2018Enviado por admin o Mar, 12/06/2018 - 09:09
No DOG do martes 12 de xuño publicáronse as bases e convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización das actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes públicos en Galicia, durante o verán 2018.
1. As quendas, lugar de celebración, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:
Quenda Lugar Datas Idioma Nº de alumnos/as Curso
1ª CDR A Coruña 26 agosto-1 setembro de 2018 Inglés 100 3º ESO
2ª CDR A Coruña 2-8 setembro de 2018 Inglés 100 4º ESO
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábao seguinte. En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12:00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2016/17. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un/unha alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2017/18, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de
identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de
14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento
identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
Solicitudes, presentación e prazo 1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes (13 de xuño ao 12 de xullo), contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE AO DOG
1º PREMIO NO CONCURSO COMUNICATEDUEnviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 10:39A Dirección do CPI As Mirandas quere dar a coñecer e enviar os seus parabéns ao equipo de alumnado de 3º de ESO, formado por: Uxía Mesías Hevia, Sofía Cao Gorgullo e Sergio Pena León coordinados polas profesoras Mª Jesús Mourazos González e Mª Luísa Corredoira Gómez, gañador do 1º premio do ComunicaTedu, Concurso convocado pola Consellería de Cultura e Educación que ten como obxectivo o afondamento na adquisición da competencia en comunicación lingüística do alumnado da ESO. Nesta primeira edición o alumnado debería argumentar sobre a alimentación como hábito de vida saudable, así os estudantes poderán mellorar as súas competencias orais no discurso público, ao tempo que se favorece a adquisición de competencias clave como a lingüística, a dixital ou espírito emprendedor; se fomenta o uso do rexistro formal na linguaxe, se afonda no razoamento ético e crítico na defensa das propias ideas e na construción da mensaxe, e se desenvolven destrezas para a investigación e a xestión da información. Así mesmo, este certame fomenta o traballo interdisciplinario e colaborativo e a abordaxe das metodoloxías activas na adquisición do coñecemento. O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo, memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a gravación. Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis. Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de Lingua Galega de 4º da ESO . As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
TÍTULO - Quen nos di como alimentarnos?
Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.) ;
Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.);
TÍTULO - A alimentación é un negocio
ENVÍO O ENLACE DA CONVOCATORIA
Presentaron no Gaiás os seus proxectos discursivos 10 equipos de estudantes de ensino secundario procedentes de seis centros de ensino –CPI As Mirandas de Ares, CPI Cruz do Sar de Bergondo, IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, IES Chamoso Lamas do Carballiño, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES Carlos Casares de Vigo–, así como os profesores encargados de coordinar os seus proxectos. De entre todos foron premiados os tres mellores discursos, galardóns que recaeron no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas (3º), o IES Carlos Casares de Vigo (2º) e no CPI As Mirandas de Ares (1º premio). O director xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás, Berta Álvarez-Buylla, entregaron os galardóns.
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DESPOIS DA 2ª FEIRA DENDE ARES CARA AO MAREnviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 10:23Excelente traballo do profesorado, alumnado e persoal non docente do centro! Parabéns a todos os que de algún xeito participaron, colaboraron e fixeron que este día 21 de maio resultara unha xornada moi emotiva, festiva, de convivencia e espectacular tanto polos participantes como polos visitantes. Na feira observouse a gran labor en cada un dos stands representados. como por exemplo.
Moitas grazas a todos eles e, por suposto, ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao longo da xornada: ao Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, ao inspector de educación Manuel Trigás, a José Antonio Sordo do CFR de Ferrol, ao alcalde Julio Iglesias, ao resto de concelleiros da nosa vila, aos representantes da asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado e persoal do CPI As Mirandas
Nos seguintes enlaces podedes ver unha pequena mostra:
II FEIRA DENDE ARES CARA AO MAREnviado por admin o Ven, 18/05/2018 - 11:26
A Dirección do CPI As Mirandas, convida a participar na 2ª Feira Dende Ares cara ao mar. Estará aberta ao público, en xeral, o luns 21 de maio a partir das 16:00 e ata as 18:30h.
Todo o alumnado do centro, desde os cursos de Infantil ata Educación Secundaria, involucrouse na preparación desta actividade, na que haberá un total de 14 stands -estes instalaranse no pavillón do centro. Neles os alumnos e alumnas amosarán os variados traballos realizados nos últimos meses. Haberá,pois, actuacións musicais, bailes, xogos e obradoiros de papiroflexia, pintura, confección de nos mariños ou de maquillaxe, entre outros. Non faltará tampouco unha sesión de contacontos dramatizado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ou unha exposición de robótica a cargo de profesorado e alumnado dun ciclo formativo do CIFP Ferrolterra.
O programa de actividades iniciarase ás 10 :15 horas cun acto de inauguración na Sala de Usos Múltiples do centro ao que asistirán o secretario xeral da Consellería de Educación, Anxo Lourenzo; o inspector de Educación da zona de Ferrol, Manuel Tigrás; o alcalde de Ares, Julio Iglesias; a presidenta da ANPA e representantes da asociación Amigos de Santa Catalina e Casino de Ares, entre outros coa emisión do documental «Marea de mulleres», que contará cunha breve introdución por parte do alumnado de 4º de ESO que participou na súa gravación. A sesión estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO e convidados. Non faltará a GlobalMuiñeira bailada por todo o alumnado e persoal do centro.
A programación contará ademais coas exposicións de traballos «Habitantes do mar, Acuario e Ciclo da auga», «Amares», «Dende Ares cara ao mar», «Amar a Mares» ou as mostras fotográficas «Dende Ares cara o mar» así coma unha de libros do mar.
Os máis pequenos estudaron os peixiños do mar mentres que o alumnado de Primaria centrouse nas diferentes receitas elaboradas con produtos do mar (polbo ou caldeirada de peixe, entre outras) . Finalmente, os cursos da ESO adicáronse á gravación do documental «Marea de mulleres» e á elaboración dun mapa-guía interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares. Neste senso, o alumnado de 4º de ESO convertirase en guías turísticos e levará ao alumnado de 1º e 3º de Secundaria a unha ruta por Ares, aplicando o aprendido na clase de Economía e o mapa guía elaborado por eles no marco do proxecto para a posta en valor dos principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares “Desafío Emprende”.
A II Feira Dende Ares cara ao Mar conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ;a Deputación de A Coruña a Concellería de Turismo e Educación de Ares; a ANPA do CPI As Mirandas, Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Bibliotecas Escolares de Galicia. Agradecemos enormemente a impllicación do alumnado, profesorado e persoal non docente así como aos que se achegaron ao centro, familias, persoas de Ares que, deseinteresadamente, compartiron a súa experiencia, donaron materiais e fóron fonte de inspiración para nós, puidendo así dotar de recursos esta Feira.
Convidamos a todos os que querades vir a celebrar este día connosco, pasarédelo en grande!!! Viaxe do alumnado de 2º ESO ao festival audiovisual OLLOBOI en BoiroEnviado por admin o Mar, 15/05/2018 - 16:13
Como ben dixo a miña compañeira Vanesa, un día moi longo para o reloxo que se nos fixo moi breve en experiencias. Voltamos á casa como finalistas, pero felices por esa experiencia inesquecible. Ver a emoción dos rapaces e rapazas ao longo do día foi espectacular. A verdade é que é un orgullo ver como traballaron durante toda a mañá como auténticos cineastas sen ter preparación audiovisual para sacar adiante 5 micromovies nas que foron guionistas, cámaras, redactores, técnicos de son, editores (non imaxinei que puideran sacar adiante as súas producións cun editor do que non tiñan coñecemento e que estaban a ver por primeira vez nun tempo record).
PARA MÁIS INFORMACIÓN, PINCHA NO SEGUINTE ENLACE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL PARA ALUMNADO DE 4º DE ESO - DEPARTAMENTO ORIENTACIÓNEnviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 11:53
No seguinte enlace podedes ler o documento elaborado polo Departamento de Orientación do CPI As Mirandas sobre a Orientación Académico-Profesional dirixido ao alumnado de 4º de ESO:
LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018-2019Enviado por admin o Dom, 22/04/2018 - 21:25NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE CONSULTAR A LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018-2019
CUESTIONARIO SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR NO CPI AS MIRANDAS- FAMILIASEnviado por admin o Xov, 12/04/2018 - 11:54O CPI As Mirandas está participando nos Contrato-Programa en colaboración coa Consellería e un deles é: a Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros educativos. Para coñecer a vosa percepción e partir de datos reais pregamos nos cubran os cuestionarios que presentamos, serán totalmente anónimos e nos servirán como indicadores á hora de modificar e adaptar o Plan de Convivencia do noso centro á realidade. Agradecemos a vosa colaboración!
Cuestionario Clima Escolar- Familias
ACTIVIDADES NO CENTRO NESTA SEMANA E PARA REFORZAR NAS VACACIÓNSEnviado por admin o Xov, 22/03/2018 - 13:57No CPI As Mirandas tivemos varias actividades relacionadas coa colaboración entre diferentes institucións: CONCELLO, AMIGOS DE STA. CATALINA, FUNDACIÓN ABANCA das que presentamos as reportaxes nos seguintes enlaces e tamén propuxemos actividades do centro, como o PREGUNTÓN e outras organizadas por outros estamentos como a NASA.
Por terceiro ano consecutivo o noso centro está a participar no programa «Fálame da emigración», de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro interxeracional entre maiores e estudantes no que os maiores e alumnas e alumnos dialogan sobre vivencias na emigración. Este proxecto ten tres obxectivos fundamentais: que as persoas maiores transmitan os seus coñecementos e experiencia, que o noso alumnado se beneficie do legado das persoas maiores e que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe favorecendo en todos os casos o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.Neste encontro tivemos con nós a Sara, Ezequiel e Carmen que compartiron con todos nós as súas experiencias en Suiza, Canadá e Arxentina
|
Calendario Escolar
EdixgalCódigo QR do CPI As Mirandas
|