INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMO SOCIOS DA ANPA
Enviado por admin o Xov, 27/09/2018 - 12:09
A ANPA do CPI As Mirandas pón a disposición das familias o listado de actividades extraescolares organizadas para o curso 2018-2019, así cómo as fichas de inscrición tanto ás actividades como de Socios.
- Ficha actividades extraescolares 2018-2019
- Ficha inscrición ALMORZARES
- Modelo ficha inscripción socio da ANPA
Dende a Dirección animáse a participar!!!
Nota de prensa : DEMANDA DO MESTRE DE APOIO A INFANTIL
Enviado por admin o Mar, 25/09/2018 - 09:12
A comunidade educativa do CPI As Mirandas esixe a
cobertura inmediata da praza de mestre que non se
cubriu o ciclo de Infantil
-
O centro educativo de Ares considera inxustificado que
non se adxudique, xa que repercute negativamente no atención ao alumnado e na calidade do ensino
-
No presente curso académico o CPI rexistrou un
significativo aumento do alumnado de Infantil, contando cun total de 94 matrículas
Ares, 20 de setembro de 2018.- A Dirección do CPI As
Mirandas, de Ares, considera inxustificado que a
Consellería de Educación non atenda á súa demanda de
cobertura da praza de mestre de Educación Infantil
que non se cubriu na adxudicación provisional para o presente
curso escolar 2018-19, despois da xubilación
do seu titular que tivo lugar a finais co curso pasado. Neste senso,
a directora do CPI, Blanca Cortizas, lembra
que dita praza se inclúe dentro do catálogo de postos de traballo
da Consellería correspondente ao centro
educativo, no cal figuran como oito o número de mestres que
correspondería ao centro, ao dispor na
actualidade cun total de seis unidades no ciclo de Educación
Infantil.
“A comunidade educativa estamos a esixir algo que
consideramos que é xusto e de moita necesidade;
non atopamos xustificación algunha ao feito de que non se
cubra esta praza, coa que estivemos
contando todos estes cursos anteriores”, subliña a directora
do centro, incidindo no incremento do
alumnado de Infantil respecto ao curso anterior.
De feito, no curso 2017/18 o CPI As Mirandas contou cun
total de 79 alumnos de Infantil, distribuído
en seis aulas, e dous mestres de apoio. Este ano o
centro experimentou no mes de setembro un
importante aumento de matrículas neste ciclo
educativo(+15) –o único da localidade aresá-, o que fai
máis necesario a cobertura urxente da praza demandada
de mestre de apoio para poder prestar a
atención adecuada “que o alumnado do centro se
merece”.
“De non facerse, terá repercusións moi negativas; non
entendemos a negativa da Consellería de
Educación a proceder á cobertura da praza que estamos a
demandar e que consideramos de grande
necesidade para seguir ofrecendo un ensino de calidade.
Está máis que xustificado, por iso esiximos
que a nosa demanda sexa atendida o antes posible e
poder dispor co número adecuado de mestres de apoio
que necesitamos”, subliña a Dirección do centro.
CPI As Mirandas
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL- CONCELLO DE ARES 2018
Enviado por admin o Mar, 25/09/2018 - 08:51A CONCELLERÍA de CULTURA e o CPI As Mirandas anima á xuventude (8 a 18 anos) de Ares a participar no II Concurso de Fotografía xuvenil . Toda a información nos arquivos que achegamos e nos seguintes enlaces:
ANIMÁDEVOS A RETRATAR A VOSA CONTORNA, SEMPRE HAI ALGO POR DESCUBRIR!!!
LISTAXE DEFINITIVO DE ADXUDICACIÓN DOS LIBROS AO ALUMNADO DA ESO PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Ven, 14/09/2018 - 10:05GUÍA PROFESORADO . ESPAZO ABALAR
Enviado por admin o Xov, 06/09/2018 - 06:24INICIO DO CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Xov, 06/09/2018 - 06:16A Dirección do CPI As Mirandas da a benvida a toda a Comunidade Educativa deste centro ao novo curso escolar e informa sobre as datas e horarios do comezo de curso.
- EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
DÍA 12 DE SETEMBRO DE 11 ÁS 12h. (alumnado de todos os niveis educativos agás os de 4º EI)
As familias do alumnado de 4º EI terán reunión ese día ás 10h coas respectivas titoras nas aúlas modulares sen o alumnado. Prégase ás familias que traian unha foto tamaño carnet do alumnado.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
DÍA 17 DE SETEMBRO DE 13:30 A 14:50H. (O alumnado terá comedor ese día e non haberá clase pola tarde)
NOTA: Haberá transporte escolar e o alumnado deberá estar nas paradas correspondentes coa suficiente antelación.
LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Mér, 05/09/2018 - 09:58A dirección do CPI As Mirandas informa que recibiuse no día de hoxe(21 de setembro) a Resolución da Consellería co incremento de prazas.
A Partir do luns, 24 de setembro, o alumnado que estaba en reserva poderá incorporarse como usuario de Comedor Escolar para este curso.
A Dirección do CPI As Mirandas tras a reunión do Consello Escolar o día 4 de setembro informa:
- Houbo unha alta demanda de usuarios de comedor, polo que dende a Dirección solicitouse á Consellería un incremento de prazas. Actualmente temos 177 concedidas e solicitáronse 216.
- Dende a Consellería non van notificar nada por escrito ata a vindeira semana despois da reunión que terán ao respecto, pero telefónicamente indican que hai posibilidade de ampliació e non do número exacto de prazas.
- Ante esta situación publícase a listaxe provisional e o día 11 de setembro, tras a reunión do Consello Escolar e contando coa resolución da Consellería, publicarase o listado definitivo.
- NOTA: Estamos á espera da Resolución da Consellería en canto á solicitude de incremento de prazas e das reclamacións.
LISTADO DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR 2018-2019 (APROBADAS NO C.E. E PDTE DA RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA ÁS RECLAMACIÓNS DE INCREMENTO DE PRAZA)
Ante a falta de resposta da Consellería, a Dirección do CPI As Mirandas comunica ás familias que o luns, 17 de setembro, poderán ser usuarios de comedor o alumnado do listado definitivo anteriormente mencionado e o alumnado de reserva co baremo 1 e 2.
Houbo un erro no listado de reserva en canto ao ordenación, estaba ordenado por renda, e hai que modificar en cada baremo (a partir do 3), modificación que se publicará despois da convocatoria extraordinaria de C.E. para tratar este tema.
AVISO ÁS FAMILIAS- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Xov, 05/07/2018 - 12:23FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO- CURSO 2018-19
ED. PRIMARIA:
Resolución definitiva de libros correspondentes a cada alumno/a para os cursos 3º, 4º, e 6º:
- ESO:
Cursos 1º, 2º, 3º, 4º. Está pendente da avaliación de setembro.
A resolución definitiva sairá o 14 de setembro.
Vense de publicar a Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019 e o noso centro figura como admitido para a súa incorporación en 5º de Primaria
Os vales para a compra de material poderán recollerse ata o día 20 de xullo, a partir dese día o centro pecha por falta de conserxe (ten concedidas vacacións ata o 31 de agosto). Comezaranse a repartir de novo do 3 ata o 10 de setembro.
(Publicado o 17 de xullo de 2018)
Anteriormente:
Publicado o listado provisional do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2018-2019 coas seguintes aclaracións:
- 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sae publicado no listado provisional o nº de libros concedidos. Na resolución definitiva sairán os libros de texto adxudicados.
En 5º de Primaria se nos conceden o proxecto E-Dixgal non haberá libros de texto.
A resolución definitiva sairá o 18 de xullo.
- 1º, 2º, 3º e 4º de ESO a información pode variar xa que depende dos exames de setembro. A resolución definitiva será o 14 de setembro
- LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA
- LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS FONDO LIBROS SECUNDARIA
- LISTAXE PROVISIONAL EXCLUÍDOS FONDO LIBROS SECUNDARIA
O prazo de reclamación será de 2 días hábiles (venres 13 e luns 16 de xullo)
As familias poden retirar os vales de material de todo o alumnado que o solicitou.
Horario: de 10 ás 13h.
FIN DE CURSO E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Xov, 14/06/2018 - 12:33A Dirección do CPI As Mirandas informa sobre:
- O Calendario fin de curso
CALENDARIO FIN DE CURSO 2017/18 |
|
DATAS XUÑO |
ACTIVIDADE |
19 |
|
20 |
|
21 |
|
25 |
|
25-27 |
|
Máis información:
2. Formalización MATRÍCULA curso 2017-2018
Horario da ofician administrativa: 9:30 a 13:30h.
- INFANTIL E PRIMARIA
Só se matriculará o alumnado de novo ingreso. No prazo do 20 ao 30 de xuño.
Documentación: Sobre de matrícula (recoller no centro, os impresos deben estar debidamente cumprimentados e asinados).
Se algunha persoa quere modificar a opción Relixión/Valores cívicos e sociais con respecto ao curso anterior, deberá cubrir un impreso a disposición an oficina administrativa do centro.
Se houbo variación de datos persoais (dirección, teléfono, situación familiar, enfermidades...), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.
- SECUNDARIA
Só se matriculará o alumnado que promocione en xuño, no prazo do 25 de xuño ao 10 de xullo.
Documentación:
- Sobre de matrícula (recoller no centro, os impresos deben estar debidamente cumprimentados e asinados).
- 1 fotografía tamaño carné co nome e apleidos por detrás.
- Fotocopia do DNI
- Para o alumnado de 3º e 4º de ESO, copia do ingreso na conta de ABANCA nº 2080-0211-61-3040003372 de 1,12 euros, importe do seguro escolar.
Máis información sobre a matrícula:
- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Para ser usuario de transporte e/ou Comedor escolar terá que cubrir un impreso e aportar a documentación no prazo do 20 de xuño ao 10 de xullo e tal como indicamos nos seguintes enlaces:
- IMPRESO SOLICITUDE TRANSPORTE/COMEDOR ESCOLAR
- INSTRUCIÓNS DO CENTRO SOBRE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018-2019
- INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR
- INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR
3. Libros de texto curso 2018-2019 (faltan os libros de 5ºEP pendente da aprobación ou non do Proxecto Edixgal).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »