Nota de prensa : DEMANDA DO MESTRE DE APOIO A INFANTIL
A comunidade educativa do CPI As Mirandas esixe a
cobertura inmediata da praza de mestre que non se
cubriu o ciclo de Infantil
-
O centro educativo de Ares considera inxustificado que
non se adxudique, xa que repercute negativamente no atención ao alumnado e na calidade do ensino
-
No presente curso académico o CPI rexistrou un
significativo aumento do alumnado de Infantil, contando cun total de 94 matrículas
Ares, 20 de setembro de 2018.- A Dirección do CPI As
Mirandas, de Ares, considera inxustificado que a
Consellería de Educación non atenda á súa demanda de
cobertura da praza de mestre de Educación Infantil
que non se cubriu na adxudicación provisional para o presente
curso escolar 2018-19, despois da xubilación
do seu titular que tivo lugar a finais co curso pasado. Neste senso,
a directora do CPI, Blanca Cortizas, lembra
que dita praza se inclúe dentro do catálogo de postos de traballo
da Consellería correspondente ao centro
educativo, no cal figuran como oito o número de mestres que
correspondería ao centro, ao dispor na
actualidade cun total de seis unidades no ciclo de Educación
Infantil.
“A comunidade educativa estamos a esixir algo que
consideramos que é xusto e de moita necesidade;
non atopamos xustificación algunha ao feito de que non se
cubra esta praza, coa que estivemos
contando todos estes cursos anteriores”, subliña a directora
do centro, incidindo no incremento do
alumnado de Infantil respecto ao curso anterior.
De feito, no curso 2017/18 o CPI As Mirandas contou cun
total de 79 alumnos de Infantil, distribuído
en seis aulas, e dous mestres de apoio. Este ano o
centro experimentou no mes de setembro un
importante aumento de matrículas neste ciclo
educativo(+15) –o único da localidade aresá-, o que fai
máis necesario a cobertura urxente da praza demandada
de mestre de apoio para poder prestar a
atención adecuada “que o alumnado do centro se
merece”.
“De non facerse, terá repercusións moi negativas; non
entendemos a negativa da Consellería de
Educación a proceder á cobertura da praza que estamos a
demandar e que consideramos de grande
necesidade para seguir ofrecendo un ensino de calidade.
Está máis que xustificado, por iso esiximos
que a nosa demanda sexa atendida o antes posible e
poder dispor co número adecuado de mestres de apoio
que necesitamos”, subliña a Dirección do centro.
CPI As Mirandas