Día internacional dos dereitos dos nenos e nenas- 20 de novembro
Enviado por admin o Lun, 18/11/2019 - 13:29DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S. "MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.
LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR CURSO 2019-2020-
Enviado por admin o Lun, 18/11/2019 - 11:47
Tras as altas e baixas de usuarios de comedor escolar, publícase a listaxe definitiva con data 15 de novembro de 2019:
CONCURSO LOGOTIPO- PROXECTO ERASMUS+ KA 229 . mANIFESTACIONES ARTÍSTICAS DESDE LAS FESTIVIDADES Y TRADICIONES EUROPEAS
Enviado por admin o Ven, 25/10/2019 - 12:41REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO PARTICIPANTES NO PROXECTO ERASMUS+ KA229
Enviado por admin o Lun, 07/10/2019 - 15:32REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO PROXECTO DE INTERCAMBIO ESCOLAR ERASMUS +:
“Manifestaciones artísticas desde las festividades y tradiciones europeas”
O 23 de setembro, as 16:30 h no CPI AS MIRANDAS celebramos a nosa primeira reunión informativa coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º de ESO que será o encargado de participar nas mobilidades contempladas no noso proxecto dentro do apartado de intercambio escolar cos países socios.
Previamente á reunión publicamos unha presentación informativa na páxina Web da nosa escola onde se explicaban os pormenores do noso proxecto: A duración de dous anos escolares, a asociación e o compromiso de participación de seis países Grecia, Italia, Polonia, Romanía, Turquía e España como coordinadora desta iniciativa.: traballando en conxunto así como a implicación de todo o noso alumnado no desenvolvemento do proxecto
Durante a xornada informativa tivemos a oportunidade de explicar ás familias como naceu esta iniciativa, que é un proxecto Erasmus + de intercambio escolar co-financiado pola Unión Europea no cal se van a desenvolver diferentes actividades recollidas no noso proxecto, Indicamos ás familias que estas actividades serán desenvolvidas en cada unha das escolas participantes por parte do alumnado e outras serán levadas adiante con mobilidades do alumnado a cada un dos países socios..
Explicamos ás familias dos participantes en que ían consistir esas mobilidades e o noso compromiso de facer un bo traballo coa Axencia Nacional, cos nosos socios e con toda a comunidade educativa.
A acollida e a asistencia foi totalmente positiva acadando á final da xuntanza un gran número de voluntarios para participar no proxecto co que a xornada rematou cun éxito absoluto. Estamos totalmente entusiasmados con este novo traballo colaborativo.
CONVOCATORIA REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE ESO- CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Xov, 03/10/2019 - 12:31
As titorías xunto co Departamento de Orientación e Xefatura de Estudos convocan ás familias do alumnado da ESO a unha reunión o luns, 7 de outubro,
nas Sala de Usos Múltiples. O horario é o seguinte:
- 16:00h. Familias de alumnado de 4º de ESO
- 16:30h Familias de alumnado de 3º de ESO
- 17:00h Familias de alumnado de 1º de ESO
- 17:45h Familias de alumnado de 2º de ESO
LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN FONDO DE LIBROS PARA O ALUMNADO DE ESO
Enviado por admin o Ven, 13/09/2019 - 09:31A Dirección do CPI As Mirandas achega a listaxe definitiva de adxudicación do fondo solidario de libros de texto para ao alumnado da ESO.
LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 09/09/2019 - 12:40Tras unha revisión de prazas no Comedor Escolar, solicitouse un incremento de alumnado e colaboradores; a Consellería concedeumnos un incremento de prazas máximo 233, incrementándose en 5 para o alumnado e non concederon ningunha praza de colabordores, temos 7 e por lei nos corresponden 9:
- 12 para o persoal cociña e colaboradores.
- 221 para o alumnado.
No Consello Escolar do Pasado día 24 de setembro aprobouse o novo listado coa incorporación de 4 novos usuarios de comedor con Informes dos Servizos Sociais e as modifciacións pola documentación aportada dos usuarios en lista de espera, o listado definitivo será o seguinte:
Na sesión ordinaria do C.E. do día 9 de setembro aprobouse o listado definitivo de usarios de comedor.
- LISTADO DEFINITIVO DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2019-2020
BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019-2020
Enviado por admin o Mér, 04/09/2019 - 10:07A Dirección do CPI As Mirandas da a benvida a toda a Comunidade Educativa deste centro ao novo curso escolar e informa sobre as datas e horarios do comezo de curso:
- EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
DÍA 11 DE SETEMBRO, MÉRCORES, DE 11 ÁS 12h. (alumnado de todos os niveis educativos agás os de 4º EI)
As familias do alumnado de 4º EI terán reunión ese día ás 10h coas respectivas titoras nas aulas modulares sen o alumnado.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
DÍA 16 DE SETEMBRO, LUNS, DE 13:30 A 14:50H. (O alumnado terá comedor ese día e non haberá clase pola tarde)
NOTA: Haberá transporte escolar e o alumnado deberá estar nas paradas correspondentes coa suficiente antelación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »