Día internacional dos dereitos dos nenos e nenas- 20 de novembro

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S. "MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.

 
"A cadeira vermella" é a campaña que a ONG Entreculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar.
 Un grupiño de alumnos/as de 1º e 4º da ESO axudarán a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. Así, realizarán diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria. Nas sesións os rapaces da ESO narrarán o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo alumnado do cole Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Logo como parte da dinámica, realizarán o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas serán agasallados cunha pegatina alusiva a esta data e levarán unha pequena “cadeiriña vermella” para a súa clase, como símbolo do Dereito á Educación de todos os nen@s do mundo.
 
Por outra banda, na entrada de secundaria temos un mural realizado polo alumnado da ESO acompañado dunha cadeira pintada de cor vermella. Animamos a todos e todas os que o desexen, a tomar unha foto no mural coa cadeira vermella para realizar unha montaxe fotográfica como apoio á Educación Universal. 
 
 
 
Esta actividade está organizada polo EDLG, a Biblioteca escolar e o Departamento de Relixión. Queremos  a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.