PROPOSTA DO EDL PARA PARTICIPAR NA REVISTA ESCOLAR DESTE CURSO

Ola queridos alumn@s e profes. Que tal estades levando isto da corentena?. Seguro que algúns mellor ca outros. Non vos agobiedes. Este correo non é para enviarvos tarefas, que seguro que teredes dabondo. Só para mandarvos un saúdo e que sigades con ánimo e forza, xa que a corentena vaise alongar máis do previsto inicialmente, pero seguro que volveremos á normalidade máis pronto que tarde e con máis forza se cabe. Así que aproveitade para reforzar os contidos das materias, lede, xogade, compartide tempo coas vosas familias, pararvos un anaco a pensar, reflexionar ou simplemente aburrirvos que tamén e bo. Non temos que estar en activo todo o tempo.

Tamén sabedes que como coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística son a encargada de editar a revista do cole e, pensando onte, dinme conta de que con este parón moitos dos nosos proxectos van quedar aparcados e, con elo, moitos contidos que soemos poñer na mesma. Así que, por si nos dá tempo a elaborala, comparto con vós a seguinte proposta.

A idea sería que, os que queirades e voluntariamente, fagades algunha das seguintes propostas:

1. Redactar unhas cantas liñas sobre como estades levando o voso confinamento por mor do coronavirus: a vosa experiencia persoal, reflexións positivas, o que vos transmite a información que vos chega, o diario dun día de confinamento, que aprendín a facer, a ausencia dos compañeiros, o que máis vos está costando levar....

2. Sacar unha foto do voso día a día. Seguro que haberá instantáneas e momentos dabondo como para facer un collage para a revista coas vosas actividades, que seguro serán de tódolos tipos: momentos de estudo, de relax, preparando material, simpáticos, xogando, aplaudindo as 8 da tarde, facendo o parvo, practicando os exercicios de jinasia (ja,ja,ja) que mandou Carlos por vídeo ou calquera outra cousa que vos apeteza plasmar. Si queredes gravar un pequeno vídeo tamén podedes facelo.

Calquera das propostas podedes mandalas ao meu correo yolick@cpiares.com e servirán para encher de contido a revista deste curso, se finalmente podemos chegar a facela, e se non, quedará para o próximo.

Bueno un saúdo para todxs, que sigades con ánimo e forza e se tedes algunha consulta que facer non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.

Saudiños a todxs e ás vosas familias. Moita forza e....vémonos pronto!!!!

PROGRAMA EDUCATIVO : RAÍCES E BROTES . PARTICIPA NO CONCURSO!

 

 O CPI As Mirandas está participando no Programa Educativo: Raíces e Brotes, cun grupo liderado por Bárbara Sánchez, baixo o nome: "Nas Mirandas tod@s a una"

 

 

PARTICIPA NO CONCURSO PARA CELEBRAR O NACEMENTO DA DRA. GOODALL

O vindeiro 3 de abril a fundadora do programa, a Dra.Goodall, cumprirá 86 anos.

 

Para celebralo propóñenos participar nun concurso especial para os integrantes de grupos “Raíces e Brotes”.

Consiste en enviar as vosas felicitacións para a Dra. Goodall no formato que queirades: debuxo, vídeo, tarxeta… Poden   ser individuais o en grupo.

Publicaranse todas as felicitacións nas redes sociais do programa educativo o día 3 de abril. A felicitación que acumule mais “me gusta” durante a seguinte semana levará de agasallo o libro: “60 anos en Gombe”, no que se repasan 60 anos de descubrimentos científicos e esforzo para melloras os ecosistemas, protexer a biodiversidade e contribuir ao desenrolo sostible das comunidades humanas. Con fotografías únicas e declaración da Dra. Jane.

Os que queirades participar podedes mandar as felicitacións á dirección de correo barbarasanchez@cpiares.com.

Animádevos!

BE BRAVE - DON'T STOP LEARNING

BE BRAVE - DON'T STOP LEARNING

 

 

 

OUR STUDENTS ARE WORKING HARD FROM HOME

BE POSITIVE AND GO ON!! 

CONGRATULATIONS!!

 
 
 
 

Parabéns ao alumnado de 1° ESO clasificado para a final galega do Rallye Matemático

A Dirección do CPI  As Mirandas quere comunicar unha gran nova que vai alegrar nestes momentos difíciles a toda a comunidade educativa .

Un grupo de 1º de ESO dirixido pola nosa compañeira Cristina  Sande clasificouse entre os tres mellores de Galicia para a final galega do Rally Matemático ogranizado por Igaciencia. Este grupo está composto por : Luis Terradillos,  Aroa Vidal, Álvaro Castro, Antía Marcos, Daniel Varela, Daniel Rodríguez, Ismael Souto e Yaiza Lestón .

Toda a comunidade educativa do CPI As Mirandas queremos transmitir os nosos parabéns a ese grupo, a súa profesora de Matemáticas, Cristina Sande e a todos os que sempre están apoiando e axudando.

A fase final está pendente de como transcurran as circunstancias actuais (alerta polo COVID-19)

Queremos transmitirvos unha mensaxe de ánimo e esperanza e desexamos que pronto poidamos celebrar este triunfo, e moitos máis, que  ben seguro vendrán desta gran comunidade educativa de Ares.

 

PARABÉNS!!!

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA

 

A atención telemática,  ante calquera incidencia, suxestión ou trámite de calquera membro da comunidade educativa poderá levarse a cabo a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 623335845 (horario de 9:30 ás 13:30h)
  • Correo electrónico:  cpi.asmirandas@edu.xunta.es 


O equipo de profesorado e directivo do CPI As Mirandas está a traballar dende os seus domicilios para a atención de todos os membros da nosa comunidade educativa. 

 Para contactar o  profesorado coas familias e poder recibir a información dos vosos fillos,  a Consellería pón da disposición da Comunidade educativa o espazo Abalar, que tén unha aplicación para o mobil moi útil e vistosa:

 

Para resolver ás dúbidas sobre abalar mobil: Preguntas frecuentes

Tamén hai unha guía para as familias en castelá para informar sobre o espazo abalar.

Esperemos saír pronto deste estado de alarma!

Achegamos uns enlaces para visualizar recursos por televisión para todo o alumnado e familias, en especial para os que non teñen internet. É fundamental manter a rutina da aprendizaxe:

Actividades a realizar polo alumnado do CPI As Mirandas

Prezadas familias o profesorado do CPI As Mirandas propón a todo o alumnado deste centro unha actividade para manter unha tradición tan fermosa de Ares como son As Alfombras Florais, máis información no seguinte enlace:

O profesorado do CPI As Mirandas achega as actividades a realizar polo alumnado de infantil e primaria no periodo de estancia nos seus domicilios polas medidas de prevención do Coronavirus:

  • Orientacións do Equipo de mestras de Educación Infantil ás familias para traballar cos vosos fillos e fillas na casa:

    HÁBITOS E RUTINAS

    •   Hixiene persoal, facendo fincapé na importancia do lavado das mans...
    •    Alimentación, alimentación saudable, colaboracións como poñer a mesa, axudar na cociña…
    •    Orden, recoller o seu cuarto, ordenar os xoguetes… 
    •    Descanso

             As rutinas van a proporcionar seguridade e confianza nos nenos e nenas.

    ACTIVIDADES LECTO-ESCRITURA

    • Traballar co seu nome, identificar os nomes dos compañeiros e compañeiras
    • Xogar coas letras, buscar letras, coloreado das mesmas, escribir palabras…
    • Facer debuxos
    • Ler contos, escribir o título, debuxar a escena que máis lles gustou..
    • Receitas de cociña 
    • Facer a lista da compra 
    • Fixarse nas letras das etiquetas dos alimentos… 
    • Adiviñas, refráns….

     

    ACTIVIDADES MATEMÁTICAS

    •    Puzzles, dominós, cartas, xogos de mesa… 
    •     Contar obxectos,clasificar obxectos segundo tamaño,cor... 
    •     Fixarse nos números 
    •     Facer uso do calendario 
    •     Identificar figuras xeométricas, xogando con círculos , triángulos, cadrados… 
    •     Facer series con diferentes elementos (grande-pequeno, azul-amarelo...)

      ACTIVIDADES ARTÍSTICAS

    •  Actividades plásticas: recortado, collage, plastilina, pintura… 
    •  Actividades musicais: cancións, bailes, xogos…

    XOGO SIMBÓLICO

    •  Deixar aos nenos e nenas que xoguen libremente con bonecas, coches, construcións animais, disfraces…

    XOGOS DE PSICOMOTRICIDADE

    • Moverse imitando animais: serpe, oso, mono…
    • Saltar á pata coxa, cos pés xuntos, camiñar cara adiante, cara atrás...

       

      ACTIVIDADES DE INGLÉS

    • Dedicar uns minutiños a ver algún video, mesmo no teléfono, con cancións ou pequenas historias. Ás palabras de búsqueda podedes engadir “for little kids” o “for very young learners”  para que os videos sexan o máis axeitados posible á súa idade. Os temas: colores (colours), números do 1-10 (numbers 1-10), familia (family), o corpo (the body), a roupa (clothes), a casa (the house), o parque (the park), animais salvaxes (wild animals), rutinas diarias (daily routines). Algunhas páxinas interesantes e bonitas onde buscar: Color Crew, Super Simple Songs, Tutitu Songs, Englishsingsing, Cocomelon, Steve and Maggie Wow English TV (esta última ten videos de niveis moi diferentes pero soen gustarlles moito).

     

     

  • RECOMENDACIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA PRIMARIA

          Xogar na casa,  investigar e buscar vídeos dos diferentes deportes. (5º e 6º EP enviado a través da plataforma EDIXGAL)

 

         ACTIVIDADES DE RELIXIÓN CATÓLICA.

          

        Actualización de tarefas para todo o alumnado (01/06/2020). Pincha aquí

 

  • TAREFAS DE MÚSICA  PRIMARIA  NOVO BLOG de Música de EI e EP (enlace tamén na parte da esquerda no apartado de BLOGS do centro)

    5º e 6º: as actividades serán enviadas a través da plataforma EVA-Edixgal.
     

          

  • ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º e 2º EP:

      

      Actualización de tarefas para de primaria (01/06/2020). Pincha aquí

     Actualización de tarefas para de primaria (01/06/2020). Pincha aquí

 

NIVEL EDUCATIVO ACTIVIDADES
L. INGLESA

As actividades de Lingua Inglesa correspondentes aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º podedes atopalas nos pdf adxuntos e  no blog JELLYWALL10 (http://jellywall10.blogspot.com/), que está no listado de blogs que aparecen na columna da esquerda.

 

 Nas entradas haberá actividades identificadas como apropiadas para 1º /2º e 3º/4º pero, independentemente do curso no que esteades, podedes entrar en calquera delas, ver os videos e os enlaces e facer as actividades suxeridas.

 

 Nas pestanas do blog denominadas  STARTING 1º/2º  e IMPROVING 3º/4º iremos achegando paulatinamente outras actividades de repaso dos contidos traballados.

 

5º e 6º comunicaranse coa súa profesora a través de Edixgal.

 



Actualización de tarefas (01/06/2020) para 1º e 2º. Pincha aquí

 

Actualización de tarefas (01/06/2020) para 3º e 4º. Pincha aquí

 

 

O alumnado de 5º e 6º  se comunicará  co profesorado a través da plataforma  EDIXGAL. 

 O alumnado de secundaria recibirán as instrucións de cada materia a través da aula virtual, dos correos @cpiares.com, aula abalar e o Drive ou otras plataformas que empreguen.

 

Desexamos a máxima comprensión por parte de todos e estaremos atentos ás comunicacións por correo electrónico  cpi.asmirandas@edu.xunta.es  e desta páxina web.

 

AVISO CORONAVIRUS

 

 

A Dirección do CPI As Mirandas informa que a través da prensa e tras a comparecencia do Presidente da Xunta na TVG tivemos coñecemento do seguinte:

  • A partir do luns día 16 de marzo os centros educativos pecharán durante 14 días, como medida preventiva.
  • O venres 13 de marzo poderá ser opcional a asistencia ou non ao centro educativo.

 

Ante esta pandemia o importante é seguir con responsabilidade todas as indicacións que nos transmiten as autoridades sanitarias, extremando as medidas de hixiene,  e contribuir así, entre todos, a minimizar o seu impacto .

Estamos á espera das instrucións por parte da Consellería de Educación que esperemos telas mañá para darvos máis información.

Actualmente está decretado o Estado de alarma durante 15 días e seguiremos informando das novas que vaian xurdindo.

 

 

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN EN FERROL PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO

 

Estimadas familias, presentamos a información relativa ás III Xornadas de Orientación que terán lugar o vindeiro 4 de marzo ás que  asistirá o noso alumnado de 4º de ESO.

 As Xornadas levaranse a cabo no  AUDITORIO DE FERROL 

 

Os participantes son:


•  Universidade de Santiago . 

•  Universidade de A Coruña. 

•  Universidade de Vigo . 

•  Universidade  Europea de Madrid. 

•  Universidade de Navarra 

•  Centro Superior de Hostelería de Galicia.  

•  CESUGA . 

•  IESIDE . 

•  SAPE  Universidade A Coruña. 

•  Ministerio de Defensa. 

•  Escola de pilotos  de  liñas áereas. AFN 

•  EASD Pablo Picasso de A Coruña. 

•  Escola de Arte Dramático .  

•  Escola de Conservación de Bens Culturais .  

•  Escola Superior Marcelo Macías. 

•  Escola Universitaria de Traballo Social . 

•  EOI de Ferrol  

•  IES Carballo Calero.  

•  IES Concepción Arenal. 

•  IES de Fene . 

•  CIFP Ferrolterra . 

•  IES Fraga do Eume . 

•  IES de Leixa.  

•  CIFP Rodolfo Ucha.  

•  IES Saturnino Montojo. 

•  IES Terra de Trasancos. FPB de Servicios comerciais  e de   Electricidade e electrónica. 

•  CPR Santiago Apóstol. FPB Servicios Administrativos 

•  CEE Terra de FERROL . FPB de Restauración . 

•  IES  Mugardos . FPB de Agroxardinaría e composicións florais   

 

O horario dos relatorios ou charlas sobre os diferentes graos universitarios  serán os seguintes:

FESTA DO ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS

FESTA DO ENTROIDO 2020

 

O vindeiro venres, 21 de febreiro, celebraremos a festa do Entroido.

A festa comezará cun pasarrúas pola vila de todo o alumnado e profesorado do centro.

O horario deste día será de 9:30 a 13:30h, tal como se aprobou na Programación Xeral Anual do centro.

O desfile terá o seguinte itinerario:

            Saída do centro escolar aproximadamente ás 10:30h. seguindo por:

 

  • Avenida de Mugardos
  • Rúa Real
  • Praza da igrexa 
  • Saavedra Meneses.

 

A continuación o alumnado de Infantil regresará ao colexio e os demais continuarán polas rúas: Paseo Marítimo e regreso ao centro escolar.

As 12:15h, xa no centro, o alumnado de infantil e primaria degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano (moi pouca cantidade) nun envase que se poida tirar. O centro correrá cos gastos das bebidas e o alumnado recibirá unha golosina doada polo Concello.

O alumnado da ESO levará a cabo un Concurso de comparsas.

            A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.

O alumnado que vai facer uso do transporte pregamos avise ao seu titor/a                                                                                                 No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.

 Grazas a todos pola súa colaboración!

Aviso familias English Week 2019

 Achegamos a ligazón para que as familias do alumnado participante na actividade de inmersión lingüística “English Week 2019" que lle foi concedida este curso,   cumprimenten a enquisa de satisfacción:

https://docs.google.com/forms/d/1V0TJrfnUNDIyUYMUD7eBcCdwLp2et87w4Mh9b1vRkxw/edit

Ao final do texto da enquisa, deberase premer sobre o botón " Enviar" , para que as respostas queden rexistradas. 

 

Data límite para cubrir a enquisa: Luns, 9 marzo 2020.

 

Agradecémoslle de antemán a súa colaboración. 

Distribuir contido