CARTA PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Estimadas familias:

Dada a situación de alarma na que nos atopamos, que parece que vai ser longa, poñémonos en contacto con vós para informarvos sobre como imos levar a cabo o traballo durante o terceiro trimestre.

Comezaremos a propoñer actividades para realizar na casa, na medida en que poidades, a partir do día 14 de abril. Serán actividades xerais para todo o alumnado de infantil, pero cada familia fará o que poida dependendo da idade d@s vos@s fill@s. Para esta proposta de actividades empregaremos o blogue de educación infantil pequerrechosares.blogspot.com

Cada semana plantexaremos algunhas actividades ou retos. Podedes facelas e enviarnos fotos ou vídeos á dirección de correo: INFANTILares@gmail.com indicando no asunto o nome d@nen@ e a aula ( Por exemplo: Pepe 3 anos A)

Iremos publicando no blogue as actividades que nos enviedes.

Animámosvos a participar e desfrutar da realización das actividades cos vosos fillos e fillas. Estamos seguras de que todo vai saír ben.

O Equipo de mestras de Educación Infantil desexamos que esta estadía nas casas sexa o máis levadeira posible.

Moito ánimo familias!

Moitas grazas e un gran abrazo.

NOVAS ACTIVIDADES ERASMUS+

Estimadas familias e alumnado do CPI AS MIRANDAS,
Antes de nada desexarvos a todos que vos atopedes ben de saúde e de ánimo. Todos estamos nunha situación totalmente extrema e intentamos normalizar, na medida do posible para facer isto un pouco máis levadeiro.
Sabedes que este ano e o vindeiro estamos desenvolvendo un proxecto Erasmus + de Intercambio Escolar  "ARTWORKS FROME EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS" no que o noso alumnado participa en maior ou menor medida.
Unha das actividades previstas no noso calendario é traballar a Pascua e, dado que nos vemos na imposibilidade de podelo facer nas aulas, gustaríame facervos partícipes da invitación a colaborar desde as vosas casas.
Pode ser calquera tipo de traballo que se vos ocorra en relación coa Pascua:
- unha realización artística,
- un prato típico,
- un doce,
- unha receita de cociña,....
Podedes enviarnos as vosas aportacións, fotos, vídeos, presentacións, documentos de word ou pdf...ao correo.
Con todo o que nos chegue faremos unha publicación dos vosos traballos nas distintas plataformas:
- BLOG ERASMUS (ESTÁ NA PAXINA DO COLE PERO DENDE ESTE ENLACE PODEDES ACCEDER DIRECTAMENTE)
- PAGINA FACEBOOK
Erasmus Project. KA229 Artworks from European Festivities and Traditions
- INSTAGRAM
AEFET erasmus + project
- TWITTER
AEFET ERASMUS + KA 229 CPI AS MIRANDAS
- ETWINNING
- MOBILITY TOOL
 
Aquí tedes algúns tutoriais para axudarvos a pensar algún traballo cos vosos rapaces e rapazas.
 
Todos, rapaces e familias podedes participar.
 
MOITO 'ÁNIMO e MIL GRACIAS POLO VOSO ESFORZO!
 
HAPPY EASTER!
,
Fifí Seijo (coordinadora do proxecto ERASMUS + )
image.jpeg
 
 
 
 
 
 

AVISO FAMILIAS SOBRE ABALAR

A dirección do CPI As Mirandas informa:

  • As notas publicaranse pola aplicación Abalar.
  • Hoxe esta aplicación está a ter problemas, pero as notas van sair.
  • Queremos aclarar que hai un problema coas notas en Primaria, Abalar non permite saír as notas de plástica e música, pero a media é a de Educación Artística, se a Artística está aprobada, están aprobadas as dúas.
  • No seguinte enlace tedes a disposición dos servizos dixitais educativos da consellería de Educación

PACIENCIA e MOITA SAÚDE PARA TODOS!

 

*No caso de non ter Abalar ou dun erro pregamos o notifiquen ao correo ao cpi.asmirandas@edu.xunta.es

AVISO FAMILIAS SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

REALIZACIÓN DA 2ª AVALIACIÓN E APLICACIÓN ABALARMÓBIL

 

Comunicamos a todas as familias do CPI As Mirandas que, ao longo da semana do 30 de marzo

de 2020 ao 3 de abril de 2020, desenvolverase a avaliación do 2º trimestre.

 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo

alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

 

Para coñecer os resultados dos vosos fillos nas distintas áreas desta segunda avaliación,

DEBEREDES USAR A APLICACIÓN ABALARMÓBIL .

As notas serán publicadas na aplicación o venres 3 de abril de 2020 ás 14:00 h.

 

Aquelas familias que non dispoñades da aplicación abalarMóbil nos vosos terminais, tedes toda a

información necesaria para a súa descarga e o seu uso nos seguintes enlaces:

 

  • https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-

_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf

 

  • https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_mobil-familias_-galego.pdf

 

  • https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/guia-da-aplicacion-para-familias-abalarmobil

 

As familias que teñades dificultades para descargar a aplicación abalarMóbil, é conveniente que

vos poñades en contacto co centro educativo, vía correo electrónico ou telefónico , e intentaremos

solventar as vosas dificultades.

 

No caso de que non poidades facer uso da devandita aplicación, tedes a posibilidade de solicitar

que se vos envíe o informe das calificacións dos vosos fillos/as, vía correo electrónico, pero

deberedes identificarvos enviando o voso DNI fotografíado dende o mobil ou escaneado.

 

Indícase, de novo, o correo do CPI : cpi.asmirandas@edu.xunta.es

 

Teléfono do centro: 623335845 (horario de 9:30 ás 13:30h)

 

AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSA DE COMEDOR ESCOLAR

No día de hoxe, 30 de marzo, publícase no DOG a Orde de axudas ás persoas beneficiarias de comedor escolar . Máis información

Importe das axudas

1. As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

 

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020. 

2.-  O prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

1. Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal     Procedemento: ED601D

2. O prazo de solicitude vai do 31 de marzo ata o 6 de abril.

 No caso de non poder facelo electrónicamente prégase ás familias solicitantes das axudas que -por vía telefónica e/ou correo electrónico- remitan os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda

 A atención telemática,  ante calquera incidencia, suxestión ou trámite  poderá levarse a cabo a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 623335845 (horario de 9:30 ás 13:30h)
  • Correo electrónico:  cpi.asmirandas@edu.xunta.es 

 

 

AVISO FAMILIAS ALUMNADO 2º E 4º ESO

COMUNICADO SOBRE A EXCURSIÓN DE 2º e 4º de ESO

 

Primeiramente, os nosos desexos de que todas/os vos encontredes ben de saúde.

 

Por outra banda, o propósito deste comunicado, non e outro que o de dar a coñecer a todas as persoas implicadas nas saídas tanto de 2º de ESO, coma da de fin de curso de 4º da ESO, a situación, a día de hoxe, na que se atopa esta.

 

Toda a sociedade e a  comunidade educativa do centro incluída, como podedes  supoñer e intuír, está sumida nunha incerteza constante respecto ao devir das actividades educativas xerais, así como ás programadas polos Departamentos do Centro (Saída a Asturias/Dpto. Ed. Física ou Saída a Italia/Dpto. de EPVA ) ata  a volta á "normalidade" do curso educativo. 

 

Porén, non se vai facer ningún pago máis, a espera de instrucións da Consellería, e pola nosa parte estamos estudando as posibilidades para tomar as decisións máis axeitadas e plantexar as distintas opcións que temos no caso de cancelación ou cambio da viaxe.  Son unas circunstancias especiais e pedímosvos paciencia para poder ir solventando toda esta situación.

 

Mentres tanto, agradecémosvos moito a vosa comprensión da situación.

 

Esperemos vernos axiña!!!

 

PROPOSTA DO EDL PARA PARTICIPAR NA REVISTA ESCOLAR DESTE CURSO

Ola queridos alumn@s e profes. Que tal estades levando isto da corentena?. Seguro que algúns mellor ca outros. Non vos agobiedes. Este correo non é para enviarvos tarefas, que seguro que teredes dabondo. Só para mandarvos un saúdo e que sigades con ánimo e forza, xa que a corentena vaise alongar máis do previsto inicialmente, pero seguro que volveremos á normalidade máis pronto que tarde e con máis forza se cabe. Así que aproveitade para reforzar os contidos das materias, lede, xogade, compartide tempo coas vosas familias, pararvos un anaco a pensar, reflexionar ou simplemente aburrirvos que tamén e bo. Non temos que estar en activo todo o tempo.

Tamén sabedes que como coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística son a encargada de editar a revista do cole e, pensando onte, dinme conta de que con este parón moitos dos nosos proxectos van quedar aparcados e, con elo, moitos contidos que soemos poñer na mesma. Así que, por si nos dá tempo a elaborala, comparto con vós a seguinte proposta.

A idea sería que, os que queirades e voluntariamente, fagades algunha das seguintes propostas:

1. Redactar unhas cantas liñas sobre como estades levando o voso confinamento por mor do coronavirus: a vosa experiencia persoal, reflexións positivas, o que vos transmite a información que vos chega, o diario dun día de confinamento, que aprendín a facer, a ausencia dos compañeiros, o que máis vos está costando levar....

2. Sacar unha foto do voso día a día. Seguro que haberá instantáneas e momentos dabondo como para facer un collage para a revista coas vosas actividades, que seguro serán de tódolos tipos: momentos de estudo, de relax, preparando material, simpáticos, xogando, aplaudindo as 8 da tarde, facendo o parvo, practicando os exercicios de jinasia (ja,ja,ja) que mandou Carlos por vídeo ou calquera outra cousa que vos apeteza plasmar. Si queredes gravar un pequeno vídeo tamén podedes facelo.

Calquera das propostas podedes mandalas ao meu correo yolick@cpiares.com e servirán para encher de contido a revista deste curso, se finalmente podemos chegar a facela, e se non, quedará para o próximo.

Bueno un saúdo para todxs, que sigades con ánimo e forza e se tedes algunha consulta que facer non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.

Saudiños a todxs e ás vosas familias. Moita forza e....vémonos pronto!!!!

PROGRAMA EDUCATIVO : RAÍCES E BROTES . PARTICIPA NO CONCURSO!

 

 O CPI As Mirandas está participando no Programa Educativo: Raíces e Brotes, cun grupo liderado por Bárbara Sánchez, baixo o nome: "Nas Mirandas tod@s a una"

 

 

PARTICIPA NO CONCURSO PARA CELEBRAR O NACEMENTO DA DRA. GOODALL

O vindeiro 3 de abril a fundadora do programa, a Dra.Goodall, cumprirá 86 anos.

 

Para celebralo propóñenos participar nun concurso especial para os integrantes de grupos “Raíces e Brotes”.

Consiste en enviar as vosas felicitacións para a Dra. Goodall no formato que queirades: debuxo, vídeo, tarxeta… Poden   ser individuais o en grupo.

Publicaranse todas as felicitacións nas redes sociais do programa educativo o día 3 de abril. A felicitación que acumule mais “me gusta” durante a seguinte semana levará de agasallo o libro: “60 anos en Gombe”, no que se repasan 60 anos de descubrimentos científicos e esforzo para melloras os ecosistemas, protexer a biodiversidade e contribuir ao desenrolo sostible das comunidades humanas. Con fotografías únicas e declaración da Dra. Jane.

Os que queirades participar podedes mandar as felicitacións á dirección de correo barbarasanchez@cpiares.com.

Animádevos!

BE BRAVE - DON'T STOP LEARNING

BE BRAVE - DON'T STOP LEARNING

 

 

 

OUR STUDENTS ARE WORKING HARD FROM HOME

BE POSITIVE AND GO ON!! 

CONGRATULATIONS!!

 
 
 
 
Distribuir contido