AVISO ÁS FAMILIAS- Distribución máscaras ao alumnado

A Dirección informa que a listaxe definitiva de beneficiarios na distribución de máscaras pode consultarse nas dependencias de administración do centro escolar.

Á volta das vacacións de Nadal informaremos do procedemento de entrega

 

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS- Distribución máscaras ao alumnado

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS HIXIÉNICAS REUTILIZABLES ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

E EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS

 

Ø 

Destinatarios:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar

no curso 2021-2022 (considéranse beneficiarios directamente)

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

CUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Ø 

Forma de presentación da solicitude:

 Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a

onde se pode recoller o formulario (ANEXOS 1 e 2) para facela.

 

Ø 

Prazo:

Do 15 ao 26 denovembro de 2021.

 

Anexos Solicitude en odt

Anexos Solicitudes en pdf

 

MAIS iNFORMACIÓN

PROTOCOLO ADAPTACIÓN AO COVID NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

 No presente curso escolar (2021-2022) retomamos as actividades extraescolares de Inglés, piscina e patinaxe; pero mantendo as normas de adaptación á nova situación polo COVID-19. A ANPA dalle publicidade ao Protocolo no seguinte enlace:

 

XUNTA ELECTORAL -APROBACIÓN DO CALENDARIO- CONSELLO ESCOLAR

O día 23 de novembro reuniuse a xunta electoral para revisar e aprobar as actas das mesas electorais

dos distintos sectores que conforman a Comunidade educativa (celebradas as eleccións o día 22 de novembro)

e aprobando así os membros que formarán parte do novo Consello Escolar por renovación parcial dos seus compoñentes:

PARA AS ELECCIÓNS AO CE)

 

 

Agradecemos enormemente a ampla participación do alumnado, profesorado e persoal non docente nun día festivo de

eleccións tal como se pode ver nas seguintes fotografías :

 1  2  3
 4  5  6

 

A pesares de non ter fotografías, Agradecemos a presenza das familias na mesa de votación,

estiveron dende as 16:30 ata as 18:30h colaborando no proceso democrático de elección aos

membros do seu colectivo para o CE.

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!

 

_________________________________________________________________________

O día 16 de novembro, nunha segunda reunión da xunta electoral, aprobáronse as

Candidaturas dos distintos sectores da Comunidade Educativa do CPI As Mirandas

á renovación do Consello Escolar:

 

 

O luns, 22 de novembro, levaranse a cabo as votacións nas quendas establecidas

e expostas no Calendario Electoral:

 

  • De 11:05- 11:20h, - Votación do alumnado
  • De 13:30h- 13:45h.- Votación do PND
  • De 16:30 a 18:39h.- Votación das familias
  • A votación do profesorado será nun Claustro Extraordinario

 

 

 

 

 

 

O día, 2 de novembro,  quedou constituída ás 13´30h a xunta electoral que vai regular

todo o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. 

Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores

da comunidade educativa que están publicados no edificio administrativo do centro

e o Calendario electoral:

 

CALENDARIO  APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL NA 1ª REUNIÓN

ACONTECEMENTO

DATA e HORA

LUGAR

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Do 4 ao 11 de novembro ata ás 14´00h, ambos os dous inclusives

Oficinas administrativas

ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS

16 de novembro ás 13´00 h.

 

Dirección do centro

VOTACIÓN ALUMNADO

22 de novembro no primeiro recreo (11´10-11´20h)

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN PROFESORADO

22 de novembro

Claustro extraordinario

VOTACIÓN DO PAS

22 de novembro de 13'30 a 14'00h

 

VOTACIÓN DAS FAMILIAS

22 de novembro de 16´30 ás 18´30h.

Na entrada do edificio administrativo

PROCLAMACIÓN DE MEMBROS ELECTOS POLA XUNTA ELECTORAL

O 23 de novembro ás 13´00h.

 

Na dirección do centro

Ante as publicacións pódense realizar reclamacións ao censo e ao procedemento na Secretaría do centro durante un período de 3 días lectivos.

A Xunta electoral

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo establece o artigo 30 dp Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primera do Decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto), o Mércores 28 de outubro ás 12:30h., celebrarase neste centro o  sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no marco deo proceso de celebración das eleccións ao Consello Escolar

 Máis información nos seguintes enlaces:

  • Procedemento de eleccións CE – XUNTA ELECTORAL

    Artigo 29.- (Artigo redactado conforme ao Decreto 279/1990, do 27 de abril; DOG do 17 de maio). O procedemento de elección dos membros do Consello Escolar dos centros públicos desenvolverase no primeiro trimestre do curso académico que corresponda, e dentro do período lectivo. A data de celebración das eleccións será fixada, con un mes de antelación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O proceso de elección do director e a designación do equipo directivo deberá quedar cerrado na última semana de xuño do curso académico que corresponda.

     

    Artigo 30.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que esteará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos, e, de ser o caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

     

    Artigo 31.- Serán competencias da citada xunta:

     

    a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán refrexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

    b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.

    c) Ordena-lo proceso electoral.

    d) Admitir e proclamar candidaturas.

    e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

    f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

    g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

     

    Artigo 32.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "1. Son electores e elixibles tódolos membros da comunidade escolar, pero cada membro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

    2. 0 prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días.

    3.Pechado o prazo de admisión de candidatos, a xunta electoral fará publica a proclamación de candidatos.

    4. Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e O. Universitaria."

     

    Artigo 33.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto). "Na primeira constitución, e sempre que se produza unha renovación parcial, a xunta electoral solicitará do concello no que estea situado o centro, a designación dun representante para formar parte do Consello Escolar."

     A organización e supervisión do procedemento de elección de novos membros do CE estará a cargo da Xunta Electoral

que se constituirá ao efecto e integrada por:

• A Directora

• Un profesor ou profesora

• Un pai/nai ou titor lega

   Un alumno/a da ESO

• Un representante do persoal de administración e servizos.

 

 

MENÚS CURSO 2021-2022

 

Publícase o menú provisional (porque falta a informacion dos alérxenos) de inicio de curso

 

  • Menús do 20 de setembro ao 29 de outubro

AVISOS SOBRE O INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR

A Dirección do CPI As Mirandas,  INFORMA que estamos nas reunións previas cara a organización do novo curso escolar e agradecemos a comprensión das familias; publicamos os seguintes avisos:

 

1. REUNIÓNS COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL   

(3 ANOS)

·      4º DE INFANTIL A ............. DÍA 7 AS 10:00h

·       4º DE INFANTIL B ............. DÍA 7 AS 11:30h 

 

O luns, 6 de setembro, as titoras avisarán telefonicamente as familias indicándolles o grupo ao que pertencen os seus fillos/as. As reunións serán na aula de usos múltiples do CPI “As Mirandas”.

 

Só poderá asistir un representante por alumno. É obrigatorio o uso da máscara.

 

2. PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

 

  • O DÍA 10 DE SETEMBRO HABERÁ HORARIO LECTIVO NORMAL  (9:30 a 14:30h) cos servizos de transporte e comedor dos usuarios autorizados.

·       As listaxes publicadas de usuarios de comedor son provisionais, pode haber modificacións e hai 3 días para presentar         calquera alegación que estimedes oportuna.
·       O día 8 de setembro publicarase a listaxe definitiva.
·       Estamos tratando de buscar solucións para incrementar esas prazas.

 

3. Alumnado ESO

6 de setembro : Entrega de notas ás 11h

10 de setembro: Remata o prazo de matriculación

A Presentación do alumnado da ESO  será o día 15 de setembro, ás 13:30h. (haberá transporte e comedor); o 16 de setembro comezarán co horario lectivo normal (9:30 a 14:50h).

 

 

      Desexamos a todos/as boa incorporación ao novo curso escolar!

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2021-2022

A Dirección da a benvida ás familias no novo curso escolar e informa  que estamos organizándoo nas reunións iniciais de coordinación; adiantamos o seguinte:

  • Do día 1 ao 10 de setembro: matrícula extaordinaria do alumnado a ESO
  • Día 3 de setembro: Publicarase o listaxe provisional usuarios comedor escolar a partir das  11:30h no centro
  • Día 6 setembro: Entrega de notas da avaliación extraordinaria do alumnado da ESO ás 11h.
  • Día 9 de setembro: Presentación alumnado EI e EP (pendente de horario; haberá transporte pero non comedor)
  • Día 15 de setembro : Presentación alumnado ESO (pendente de horario, haberá transporte e comedor)

A vindeira semana publicaremos os documentos de Organización do novo curso escolar.

Grazas pola vosa comprensión!

 

AVISO FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL

A PARTIR DO LUNS, 12 de xullo, PUBLICARANSE AS LISTAXES DO FONDO DE LIBROS E ESTARÁN A VOSA DISPOSICIÓN OS VALES DO MATERIAL.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA - SETEMBRO 2021

 


EXAMES ESO SETEMBRO 2021

1 SETEMBRO

HORARIO

MATERIA

AULA

09:00-10:30

LINGUA GALEGA

USOS MÚLTIPLES

10:30-12:00

FÍSICA E QUÍMICA

USOS MÚLTIPLES

FRANCÉS

1ºA

12:00-13:00

XEOGRAFÍA E HISTORIA

1ºA

13:00-14:00

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

USOS MÚLTIPLES

RELIXIÓN

1ºA

16:00-17:00

ED. PLÁSTICA E VISUAL

AULA PLÁSTICA

PROM. ESTILOS VIDA SAÚDABLES

17:00-19:00

MATEMÁTICAS

USOS MÚLTIPLES

2 SETEMBRO

09:00-10:00

TECNOLOXÍA

1ºA

10:00-11:30

LINGUA CASTELÁ

USOS MÚLTIPLES

11:30-12:30

INGLÉS

USOS MÚLTIPLES

12:30-13:30

ED. FÍSICA

PAVILLÓN

CULTURA CLÁSICA

1ºA

13:30-14:30

MÚSICA

1ºA

 

Distribuir contido