O CPI As Mirandas, a través da proposta da profesora de L. Inglesa, apostou por solicitar o Programa Spring
Week ofertado pola Consellería de Cultura e Educación que consiste consiste nun curso de inmersión
lingüística en lingua inglesa durante o cal o alumnado practicará e mellorará o seu dominio do idioma
dende un enfoque comunicativo, especialmente oral.
O Programa é de 6 días de duración, entrada o domingo (30 de abril) pola tarde ás 16:30h e saída o
sábado (6 de maio) pola mañá ás 11:00h para o alumnado de 3º ESO B.
O inglés será a única lingua vehicular que se empregará co alumnado, do mesmo xeito, todas as sinalizacións,
así como a información sobre os menús diarios ou calquera outra información relativa ao funcionamento do
programa, farase en inglés.
A diario realizarán distintos tipos de actividades:
• Actividades de preparación: recollida preliminar de información e datos sobre o tema do día.
• Actividades prácticas sobre o tema do día a través de obradoiros que poderán realizarse ao longo da estadía
• Actividades de posta en común.
• Período de xogos, deporte, etc, en grupo, en lingua inglesa.
• Elaboración dun produto final colectivo. O programa finaliza cunha produción oral colectiva en lingua inglesa
do grupo asistente. Esta produción pode servir para expoñela a outros cursos do colexio ao seu regreso.
• Non se impartirán clases formais de gramática inglesa, se ben algunha ou algunhas actividades que se
programen diariamente servirán de soporte para traballar nas aulas vocabulario e outras estruturas necesarias
para a expresión oral.
• Durante toda a estadía e con posterioridade á cea, organizaranse actividades de velada dinámicas e en
lingua inglesa, nas que participará todo o grupo.
Este programa é totalmente gratuíto para o alumnado.
O horario de comunicación do alumnado coas familias, será das 20:00 a 21:00 h.
Máis información nos dous arquivos anexos, e no seguinte enlace: