XORNADA DE INTERCAMBIO CO CPI DE CASTROVERDE
Enviado por admin o Ven, 03/05/2024 - 12:57O pasado martes, 30 de abril, recibimos ao alumnado de 4ºESO do CPI Castroverde, acompañado de do seu orientador e unha profesora. Esta xornada de intercambio escolar xorde no marco do programa OBSERVA_ACCIÓN, no que ambos centros compartimos experiencias.
Os rapaces e as rapazas de 4º ESO dos dous colexios tiveron a oportunidade de compartir vivencias, actividades e xogos. Entre estas destaca a elaboración dun mural inclusivo mediante un taller de vinilos, coordinado polo profesor de E. Plástica e a asesora do CFR de polos creativos.
Rematou a xornada en Redes, cunha actividade de iniciación ao Kaiak e ao Paddle Surf, cortesía do Concello de Ares.
Agradecemos ao CFR de Ferrol e ao Concello de Ares a súa colaboración no desenvolvemento desta xornada.
OBSERVA-ACCIÓN. XORNADA DE ACOLLIDA
Enviado por admin o Mar, 02/04/2024 - 13:22O mércores, 3 de abril, acollemos ao profesorado do CPI de Castroverde a unha nova actividade do programa Observa-Acción.
ADMISIÓN CURSO 2024/2025
Enviado por admin o Mar, 16/01/2024 - 12:34
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
CURSO 2024–25
Os listados provisionais do alumnado admitido para o curso 2024-2025 poden consultarse no taboleiro de anuncios do centro.
Todas as solicitudes ordinarias de admisión foron admitidas e teñen praza no centro para o curso 2024-25.
Non é preciso achegar documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.
Poderasen consultar os listados nos taboleiros do centro a partir do 25 de abril.
Normativa reguladora do procedemento:
·
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598040222-0004_gl.html.
·
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
Prazo de presentación de solicitudes de reserva:
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa:
ENSINO |
NIVEL |
VACANTES |
INFANTIL |
4º |
40 (6 NEE) |
5º |
17 |
|
6º |
13 |
|
PRIMARIA |
1º |
0 |
2º |
7 |
|
3º |
6 |
|
4º |
2 |
|
5º |
6 |
|
6º |
10 |
|
ESO |
1º |
24 (6NEE) |
2º |
14 |
|
3º |
20 |
|
4º |
26 |
Prazo de presentación de solicitudes de admisión:
O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 20 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
Nota informativa:
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados:
Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 21 de marzo e o 11 de abril, ambos os dous incluídos.
Data de publicación da listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido e non admitido e prazo para formular a reclamación:
As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 25 de abril de 2024, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.
As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 15 de maio de 2024.
Prazo para formalizar a matrícula:
A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 8 de xullo na E.S.O.
Centros que ten adscritos e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso:
O CPI As Mirandas está adscrito ao IES de Mugardos.
Servizos complementarios que ofrece o centro, identificando a normativa concreta que os regule:
O alumnado poderá usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.
·
DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.
·
DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, modificado por DECRETO 65/2014, do 28 de maio.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.
O alumnado e ás familias poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
ACTIVIDADES DE NADAL
Enviado por admin o Lun, 18/12/2023 - 14:49FESTIVAL DE NADAL
O xoves, día 21, imos celebrar o festival de Nadal ao que están invitados os pais e as nais/titores/as do noso alumnado.
o Empezará o festival ás 11:00h no pavillón deportivo do colexio. As familias entrarán unha vez que todo o alumnado estea acomodado nas gradas e pola porta principal do pavillón (non polo recinto escolar).
o As actuacións empezarán polo alumnado de infantil e seguirán en orde ascendente ata o alumnado de 6º de primaria. O alumnado de infantil volverá as aulas antes de que remate o festival.
VISITA DOS REIS MAGOS
o Todo o alumnado recibirá a visita dos Reis Magos, aos que lles entregarán as súas cartas, e recibirá un agasallo por parte das Súas Maxestades (colaboración da ANPA). As visitas Reais serán en horarios distintos para o alumnado de infantil e primaria e fora do pavillón.
Avisos:
· Aquelas persoas que publiquen en calquera medio fotos o vídeos do festival serán as responsables do feito. Por parte do centro, unha persoa representante gravará as actuacións e colgarase na páxina web do colexio.
· A saída ese día será á hora habitual e haberá comedor escolar.
Aproveitamos para desexarlles Felices Festas.
Programa YAM (Youth Awareness of Mental Health). 3º ESO.
Enviado por admin o Mér, 29/11/2023 - 12:07YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprende e debate sobre saúde mental que se implantará en todos os centros educativos de Galicia nos vindeiros anos e se inicia no curso 2023-24 nunha serie de centros seleccionados.
No curso actual o CPI As Mirandas foi seleccionado para participar en dito programa co alumnado de 3ºESO.
Nas seguintes ligazóns teñen toda a información relativa ao programa YAM.
CALENDARIO ESCOLAR.CURSO 23-24.
Enviado por admin o Mér, 11/10/2023 - 16:07CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024
SETEMBRO |
|
OUTUBRO |
|
NOVEMBRO |
|
DECEMBRO |
||||||||||||||||||||||||
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
|||
|
1 |
2 |
3 |
|
1 |
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
|
1 |
2 |
3 |
|||||||||||||||
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
|||
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
|||
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
|||
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
|
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
27 |
28 |
29 |
30 |
|
|
|
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|||
|
30 |
31 |
|
XANEIRO |
|
FEBREIRO |
|
MARZO |
||||||||||||||||||
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
||
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
|
1 |
2 |
3 |
4 |
|
1 |
2 |
3 |
|||||||
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
|
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
|
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
||
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
||
29 |
30 |
31 |
|
26 |
27 |
28 |
29 |
|
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
ABRIL |
|
MAIO |
|
XUÑO |
||||||||||||||||||
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
L |
M |
M |
X |
V |
S |
D |
||
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
|
1 |
2 |
|||||||
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
||
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
||
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
||
29 |
30 |
|
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
|
Festivos e períodos de vacacións |
|
Inicio das actividades lectivas |
|
Fin das actividades lectivas |
INICIO DO CURSO 2023/2024
Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 13:05As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria, comezarán o día 11 de setembro de 2023.
Excepto os grupos de 4º de educación infantil, o resto dos niveis educativos manterán o seu horario habitual.
Así mesmo, os servizos de transporte e comedor escolar, funcionarán co seu horario usual.
SERVIZO ALMORZO ANPA
Enviado por admin o Ven, 01/09/2023 - 12:57REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por admin o Ven, 01/09/2023 - 11:49Convócase ás familias de 4º de Educación Infantil a unha reunión informativa o próximo mércores, 6 de setembro, ás 11:00 horas, nas aulas de EI.
ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2023/2024.
Enviado por admin o Ven, 01/09/2023 - 08:37A listaxe provisional do alumnado admitido e as listas de reserva elaboradas polo Consello Escolar para o comedor escolar no curso 2023/24, exporanse no taboleiro de anuncios do centro o venres 1 de setembro de 2023 (a partir das 13:00 horas).
Abrirase, de seguido, un prazo de 5 días para presentación de alegacións, ata o mércores 6 de setembro de 2023 ás 13:30 horas.
Unha vez resoltas as ditas alegacións polo Consello Escolar do centro, o dito órgano aprobará con carácter definitivo a lista do alumnado admitido e a lista de reserva, que volverán a ser expostas no centro, o venres 8 de setembro de 2023 para o efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante as Xefaturas Territoriais da Consellería.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »