ACTIVIDADES DE NADAL

FESTIVAL DE NADAL

 

         O xoves, día 21, imos celebrar o festival de Nadal ao que están invitados os pais e as nais/titores/as do noso alumnado.

o  Empezará o festival ás 11:00h no pavillón deportivo do colexio. As familias entrarán unha vez que todo o alumnado estea acomodado nas gradas e pola porta principal  do pavillón (non polo recinto escolar).

o  As actuacións empezarán polo alumnado de infantil e seguirán en orde ascendente ata o alumnado de 6º de primaria. O alumnado de infantil volverá as aulas antes de que remate o festival.

 

 

VISITA DOS REIS MAGOS

o  Todo o alumnado recibirá a visita dos Reis Magos, aos que lles entregarán as súas cartas, e recibirá un agasallo por parte das Súas Maxestades (colaboración da ANPA). As visitas Reais serán en horarios distintos para o alumnado de infantil e primaria e fora do pavillón.

 

Avisos:

 

·        Aquelas persoas que publiquen en calquera medio fotos o vídeos do festival serán as responsables do feito. Por parte do centro, unha persoa representante gravará as actuacións e colgarase na páxina web do colexio.

·        A saída ese día será á hora habitual e haberá comedor escolar.

 

Aproveitamos para desexarlles Felices Festas.