Fondo solidario de libros de texto e axudas para material: listaxes definitivas e vales.

17/07/2023 16:18
Europe/Madrid

Xa están publicadas as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. As listaxes están publicadas no interior do centro escolar. Recordamos que non se poden sacar fotografías.
Os vales das axudas poden retirarse ata o xoves 20 de xullo ou a partir do 1 de setembro na oficina administrativa de 9.30 a 13.30.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2023-2024.

Está aberto o prazo para as solicitudes de transporte e comedor escolar, ata o día 18 de xullo de 2023, inclusive.

As solicitudes presentaranse na oficina administrativa do centro, en horario de 9:30 a 13:30.

IMPRESO SOLICITUDE

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

 

A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:

NOTA: 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO son cursos EDIXGAL (libros dixitais- Cesión de ordenador)

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. PRAZOS DE MATRÍCULA

PRAZOS DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

PRAZOS RESOLUCIÓN

 

 

 

-Resolución provisional: 11 de xullo.

 

-Prazo de reclamación: do 11 ao 13 de xullo.

 

-Resolución definitiva: 19 de xullo.

 

 

PRAZOS DE MATRÍCULA

 

 

-EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

(so alumnado de nova incorporación ao centro)

 

DO 20 AO 30 DE XUÑO 2023

 



-EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

(todo o alumnado)

 

DO 23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO 2023

 

 

 

 

BOLSAS NEAE 2023-2024

BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:


-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 8 maio a 20 de setembro de 2023


-As solicitudes cubriranse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html


-Unha vez cuberta pola familia, deberán imprimir, asinar a solicitude e presentala no centro educativo.


-É IMPRESCINDIBLE:


• Asinar para autorizar á administración educativa a obter doutras administracións públicas a información que resulte precisa para a determinación, coñecemento e comprobación de todos os datos de identificación e circunstancias persoais así como da renda e patrimonio necesarias para a resolución da solicitude.


• Que todos os membros da familia maiores de idade asinen a solicitude.


-DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
• En todos os casos:

  •  Fotocopia dos DNI ou NIE.
  •  Certificado bancario do número de conta na que obrigatoriamente debe figurar o alumno.

 • En caso de atoparse nas seguintes circunstancias:

  •  Fotocopia do documento que acredite ser familia numerosa.
  •  Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33%.

 

V Feira : Danzamos polo mundo que queremos

Informamos das actividades, horarios e proxectos da Feira do luns 29 de marzo  co seguinte tríptico:

V FEIRA: DANZAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ de Blanca Cortizas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

 
-PRAZO PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (incluido)
-Dirixido a alumnado matriculado en Educación Primaria (EP), Educación Secundaria  Obligatoria (ESO)  e Educación Especial (EE).
-A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro, especificando o nivel de estudos.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Formulario ED330B-anexos I e II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro (horario de atención ao público: 9.30-13.30)

Enlace á aplicación Fondolibros


-As axudas serán as seguintes:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  (en préstamo ao alumnado de 3º e 4º de EP, 3º e 4º de ESO)
    • Renda  per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
    • Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
    • De haber existencias nos fondos dispoñibles de 3º EP e 3º ESO asignaránse por orde inversa á renda da unidade familiar ata agotar existencias.
  • AXUDAS PARA COMPRA DE LIBROS para 1º e 2º de EP e EE.
    • Renda  per cápita inferior a 6000 € : 240 €
    • Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
    • Alumnado matriculado en EE en centros específicos ou con discapacidade do 65%: 300 €.
    • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (compra específica de libros de texto) : Ver orde.
  • AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de EP, ESO, EE.
    • Renda  per cápita inferior a 6000 € : 240 €
    • Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €

-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
-DOCUMENTACIÓN A APORTAR reflectindo a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):

  • ANEXO II
  • Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
  • Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
  • Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.

 
-Todas as listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.

ENQUISA DA DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 a Consellería pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado(5º e 6º de primaria e de 1º a 4º de ESO), profesorado, persoal non docente e familias- . A partir de hoxe faremos chegar a cada persoa a comunicación que contén unha chave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.

Pregamos aos membros da comunidade que cubran esas enquisas dos seguintes enlaces en función do colectivo do que formen parte:

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

AVISO REUNIÓN INFORMATIVA FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL PARA O CURSO 2023-2024

A REUNIÓN para as FAMILIAS do alumnado matriculado por primeira vez en Educación Infantil no CPI “As Mirandas” de Ares será:

O  día 22 de maio, ás 16:30 horas, na sala de usos múltiples (edificio de educación secundaria) do CPI “As Mirandas”, co fin de informarlles da etapa educativa que comezan seus fillos e fillas, e das normas do Centro.

 

Dada a importancia da reunión, prégase que en caso de non poder asistir se poñan en contacto coa Orientadora no

teléfono do centro: 881930020

Distribuir contido