BOLSAS NEAE 2023-2024
BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:
-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 8 maio a 20 de setembro de 2023
-As solicitudes cubriranse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación
-Unha vez cuberta pola familia, deberán imprimir, asinar a solicitude e presentala no centro educativo.
-É IMPRESCINDIBLE:
• Asinar para autorizar á administración educativa a obter doutras administracións públicas a información que resulte precisa para a determinación, coñecemento e comprobación de todos os datos de identificación e circunstancias persoais así como da renda e patrimonio necesarias para a resolución da solicitude.
• Que todos os membros da familia maiores de idade asinen a solicitude.
-DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
• En todos os casos:
- Fotocopia dos DNI ou NIE.
- Certificado bancario do número de conta na que obrigatoriamente debe figurar o alumno.
• En caso de atoparse nas seguintes circunstancias:
- Fotocopia do documento que acredite ser familia numerosa.
- Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33%.