FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
-PRAZO PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (incluido)
-Dirixido a alumnado matriculado en Educación Primaria (EP), Educación Secundaria Obligatoria (ESO) e Educación Especial (EE).
-A solicitude será única para todos os fillos admitidos no centro, especificando o nivel de estudos.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Formulario ED330B-anexos I e II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro (horario de atención ao público: 9.30-13.30)
Enlace á aplicación Fondolibros
-As axudas serán as seguintes:
- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (en préstamo ao alumnado de 3º e 4º de EP, 3º e 4º de ESO)
- Renda per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
- Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
- De haber existencias nos fondos dispoñibles de 3º EP e 3º ESO asignaránse por orde inversa á renda da unidade familiar ata agotar existencias.
- AXUDAS PARA COMPRA DE LIBROS para 1º e 2º de EP e EE.
- Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
- Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
- Alumnado matriculado en EE en centros específicos ou con discapacidade do 65%: 300 €.
- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (compra específica de libros de texto) : Ver orde.
- AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de EP, ESO, EE.
- Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
- Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
-DOCUMENTACIÓN A APORTAR reflectindo a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):
- ANEXO II
- Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
- Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
-Todas as listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.