ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2023/2024.

A listaxe provisional do alumnado admitido e as listas de reserva elaboradas polo Consello Escolar para o comedor escolar no curso 2023/24, exporanse no taboleiro de anuncios do centro o venres 1 de setembro de 2023 (a partir das 13:00 horas).

Abrirase, de seguido, un prazo de 5 días para presentación de alegacións, ata o mércores 6 de setembro de 2023 ás 13:30 horas.

Unha vez resoltas as ditas alegacións polo Consello Escolar do centro, o dito órgano aprobará con carácter definitivo a lista do alumnado admitido e a lista de reserva, que volverán a ser expostas no centro, o venres 8 de setembro de 2023 para o efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante as Xefaturas Territoriais da Consellería.