RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo establece o artigo 30 dp Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primera do Decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto), o Mércores 28 de outubro ás 12:30h., celebrarase neste centro o  sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no marco deo proceso de celebración das eleccións ao Consello Escolar

 Máis información nos seguintes enlaces:

  • Procedemento de eleccións CE – XUNTA ELECTORAL

    Artigo 29.- (Artigo redactado conforme ao Decreto 279/1990, do 27 de abril; DOG do 17 de maio). O procedemento de elección dos membros do Consello Escolar dos centros públicos desenvolverase no primeiro trimestre do curso académico que corresponda, e dentro do período lectivo. A data de celebración das eleccións será fixada, con un mes de antelación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O proceso de elección do director e a designación do equipo directivo deberá quedar cerrado na última semana de xuño do curso académico que corresponda.

     

    Artigo 30.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que esteará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos, e, de ser o caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

     

    Artigo 31.- Serán competencias da citada xunta:

     

    a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán refrexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

    b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.

    c) Ordena-lo proceso electoral.

    d) Admitir e proclamar candidaturas.

    e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

    f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

    g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

     

    Artigo 32.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "1. Son electores e elixibles tódolos membros da comunidade escolar, pero cada membro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

    2. 0 prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días.

    3.Pechado o prazo de admisión de candidatos, a xunta electoral fará publica a proclamación de candidatos.

    4. Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e O. Universitaria."

     

    Artigo 33.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto). "Na primeira constitución, e sempre que se produza unha renovación parcial, a xunta electoral solicitará do concello no que estea situado o centro, a designación dun representante para formar parte do Consello Escolar."

     A organización e supervisión do procedemento de elección de novos membros do CE estará a cargo da Xunta Electoral

que se constituirá ao efecto e integrada por:

• A Directora

• Un profesor ou profesora

• Un pai/nai ou titor lega

   Un alumno/a da ESO

• Un representante do persoal de administración e servizos.

 

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0598-210921-0003_gl.pdf688.15 KB