PROGRAMAS INTERNACIONAIS: VIAXE A CROACIA

Cinco dos nosos alumn@s de 4º ESO, Álvaro, Verónica, Borja, Sara e Icia teñen a sorte de viaxar 10 días a Croacia con Romy, a nosa auxiliar de

conversa. Unha unha viaxe na que poderán ademais de mellorar o seu inglés, compartir experiencias con xóvenes de outros países para desenvolver

un PROXECTO DE INTERCAMBIO DE XENTE NOVA co Nome: “Let Me Think About It” LMTAI (Deixame pensalo) en Croacia do 8 ao 17 de marzo de 2018 co obxectivo principal

de espertar a conciencia do pensamento crítico na sociedade actual para combatir o incremento das novas falsas “fake news” e o renacer do racismo entre

outros aspectos. Participan: 30 rapaces de Lituania, Polonia, Eslovenia, España, Turquía e Croacia con 6 monitores.

Esperemos que á volta da viaxe nos contentodo o vivido nesa gran experiencia!!!.

 

En breves, pasaremos imaxes representativas da viaxe.

ACTIVIDADES DO NOSO CENTRO RELACIONADAS CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Na semana do 5 ao 9 de marzo o CPI As Mirandas participou en  varios actos, traballos, exposicións e unha marcha en colaboración coa Concellería de Igualdade de Ares para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 marzo).

Nos seguintes enlaces podedes observar as diferentes accións levadas a cabo:

 

 

  • MULLERES QUE FIXERON HISTORIA  (Actividades realizadas polo alumnado do centro para honrar a  diferentes mulleres que fixeron historia nos diferentes ámbitos da vida).

 

  • HOMENAXE ÁS MULLERES DE ARES  (Acto realizado na biblioteca de Ares polo alumnado de 4º de ESO acompañados co  profesorado (agradecemos a Yoli e a Anxo a súa gran  implicación no evento e no documental) e que se levou a cabo contando coa colaboración do Concello. Presentación do documental Marea de mulleres gravado polo alumnado de 4º de ESO grazas a un proxecto do Golfo Ártabaro sobre Vidas Mariñeiras e grazas, sobre todo, a esas mulleres que narraron esa etapa da súa vida (salgadura, redeiras, pescantinas...)).

     

 

Dende a Dirección se  agradece o excelente traballo do alumnado de 4º de ESO, do profesorado e das mulleres homenaxeadas.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

A Dirección do CPI As Mirandas, informa do procedemento para admisión do alumnado para o curso 2018-2019  

  • PRAZO: do 1 ao 20 de marzo de 2018 
  • LUGAR : 
    • Oficina Administrativa do centro en horario lectivo: 9:30h a 13:30h.
  • DOCUMENTACIÓN:
    • Impreso de solicitude: Pódese obter no centro
    • Certificado ou volante  de empadroamento do Concello.
    • Fotocopìas do libro de familia (todas as follas escritas).
    • Fotocopìas dos DNI (pai/nai/alumno/a se ten).
    • Sentencia de separación ou divorcio (se é o caso).
    • Xustificante das Necesidades Educativas Específicas (se é o caso).
    • Certificado de matrícula do centro anterior (se é por traslado).

Máis información:

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O CPI As Mirandas festexará mañá, 9 de febreiro,   a súa celebración do Entroido co motivo Dende Ares cara ao mar:

 :

  • Desfile de todo o centro polas rúas de Ares. Saída ás 10:30h.

 

  • Á volta cada grupo de infantil e primaria incorporaranse as súas clases onde se levará a cabo a merenda cos doces típicos: orellas, freixós, ... que traerá o alumnado e a bebida: auga, leite... que porá o centro. 

 

  • O alumnado de Secundaria tomarán os doces e bebidas no exterior e a continuación irán ao pabillón a realizar un Karaoke e diversos bailes.

 

  • A saída dese día será ás 13:30h. non haberá comedor, tal como está aprobado na Programación Xeral do Centro (PXA).

 

Toda a información audiovisual relativa a esta celebración atópase no seguinte enlace:

MANDADOS DO ENTROIDO

Comezamos coa semana do Entroido e o CPI As Mirandas informa dos seus mandados:

 

MANDADOS ENTROIDO 2018

MARTES

·       

Se un pirata queres parecer,                   

un pendente na orella has de poñer.       

                  

                   

MÉRCORES

·       

Na cabeza un gorriño feito cun xornal porás, 

e un bo grumete serás.  

                                               

                            

XOVES

·       

Para non perderte polas rutas do mar,

un compás no teu corpo has de pintar.

 

                                       

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

0 30 de xaneiro, celebramos unha xornada educativa para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos

Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz, non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino

Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente,

Debemos converternos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

 

Esta celebración lévase a cabo o 30 de xaneiro de cada ano; no aniversario da morte de Gandhi (1948), líder nacional e espiritual

da India, asasinado a tiros por un integrista hindú.

O acto realizarase na Pista Polideportiva, ao que asistirá todo o alumnado e persoal docente e non docente do centro educativo de

12:10 a 13:00h.

 

                                                                             PROGRAMA DO ACTO

 

  •  INTRODUCIÓN. Presentación do acto por parte do alumnado de Primaria
  • Compromiso a favor da Paz a cargo do alumnado das diferentes etapas educativas (Infantil, Primari e Secundaria) coa lectura dos Poemas pola Paz
  • LECTURA DO MANIFESTO  do centro polo Día da Paz . Alumnado da ESO
  • Todos xuntos, ao final,  cantaremos a canción Color Esperanza

 

 

A continuación podedes visualizar como vivimos este acto:

 

 

 

 

Que é Erasmus+ ?

Erasmus+ é un programa europeo no ámbito da educación, formación xuventude e deporte para o periodo 2014-2020.

É un programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademáis de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e xuventude, a proporcionar unha ensinanza e un aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

O noso centro está participando dende este curso académico 2017-2018 tanto a nivel de profesorado como a nivel de alumnado:

  • cos seguintes fins:
    • Mellora da ensinaza aprendizaxe e competencia lingüística.
    • Intercambio de coñecementos e métodos de traballo.
    • Ampliación de horizontes e incremento de aspiracións.
    • Experiencias de desenvolvemento profesional únicas.
    • Incremento de nivel do centro educativo.
  • coas seguintes actividades:
    • Mobilidades de 6 profesores deste centro neste curso, participando nun consorcio organizado polo CFR de Ferrol de 19 centros: 2 profesoras asistiron en novembro a Romanía, 1 profesora irá en marzo a Burdeos (Francia) e 3 profesores irán en xullo a Gales,  para asistir a cursos de formación.
    • Mobilidade de 5 alumnos de 4º de ESO acompañados pola auxiliar de conversa do centro para desenvolver un PROXECTO DE INTERCAMBIO DE XENTE NOVA co Nome: “Let Me Think About It” LMTAI (Deixame pensalo) a Croacia do 8 ao 17 de marzo de 2018. O obxectivo principal  é de espertar a conciencia do pensamento crítico na sociedade actual para combatir o incremento das novas falsas “fake news” e o renacer do racismo entre outros aspectos. Participan: 30 rapaces de Lituania, Polonia, Eslovenia, España, Turquía e Croacia con 6 monitores.

Máis información no seguinte enlace:   Erasmus+

 

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE Marea de mulleres REALIZADA POLO ALUMNADO DE 4º DE ESO NO CGAI EN A CORUÑA

 

O pasado sábado, día 13 de xaneiro, tivo lugar a presentación no CGAI de A Coruña das curtametraxes realizadas polo alumnado dos centros educativos de Ares, Fene e Pontedeume dentro do proxecto Vidas Mariñeiras, organizado polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro do Golfo Ártabro (GALP)  coa dirección dos cineastas Marcos Flórez e Xacio Baño.

Na presentación da curtametraxe, realizada polo alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, Marea de Mulleres  coa colaboración do profesorado do centro, Yoli Castro e Anxo Rajó, no CGAI en A Coruña  estivo a nosa alumna, Judith Zabala Martínez acompañada da súa familia, profesora do centro Luísa Corredoira e a Directora, Blanca Cortizas.

 

 Os traballos foron realmente emocionantes!!!

 

 
 
 
 
Grazas a todos os que participasteis ,en especial, ás protagonistas de Marea de Mulleres, unha curtametraxe que o alumnado quixo adicar a todas aquelas que co seu traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades.
 
 

PAGAMENTO DE LOTERÍA NADAL E REIS DO ALUMNADO DE 4º ESO

 

O pagamento da lotería será realizado os mércores de 11 a 13h no centro educativo, na entrada do edificio administrativo. 

 

 

Distribuir contido