Parabéns! Gran despedida Erasmus+ e excelente celebración do MAGOSTO

O venres 29 de novembro o noso centro despediu aos integrantes do grupo Erasmus + que estiveron a acompañarnos durante toda a semana. Unha festa rachada na que non faltaron as nosas tradicións: magosto, castañas, bailes tradicionais, xogos, cancións…. e ata chiculate con churros.

Parabéns a toda a comunidade educativa  que traballou a esgallo para que todo resultase marabillosamente ben, foi unha semana intensa e non podemos estar máis que orgullosos de todos e cada un de vós: profesorado, persoal non docente, alumnado e familias.  Xuntos podemos e así hai que seguir. 
 
 
 
Desde aquí queremos dar as grazas tamén ao Grupo de Gaitas de Ares e a Miguel, o seu director, así como ao grupo Areas do Mar de Ares con Teresa Muiños á cabeza. Mil grazas por colaborar con nós nesta xornada.
 
Desexamos aos nosos amigos Erasmus+, que gozaran da súa estancia en Ares e que teñan unha boa viaxe de volta aos seus respectivos países. 
Esta despedida é so un ata logo xa que pronto lles devolveremos a visita.
 
Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, aquí tedes a reportaxe gráfica da xornada.
 



Os compañeiros de Turquía agasalláronnos cunha danza típica do seu país.




Tamén as nosas profesoras puxeron a nota musical coa canción  "Ahí ven o maio" de Curros Enríquez

Grazas mil pola vosa profesionalidade!!!