ADMISIÓN E RESERVA DE PRAZA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Instrucións da Consellería
Anexo I: Formulario de reserva de praza
Resume dos prazos:
|
- As listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros educativos. Toda a información sobre proceso de admisión publícase nos centros educativos por todos os medios que teñan dispoñibles.
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumplimentada no centro.
- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Formulario ED550A).
- O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
- Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
- Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
- Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
- Anuncio do sorteo.
- Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
- Resultado do sorteo 2020:
Letras primeiro apelido: "T" e "G"
Letras segundo apelido: "E" e "X"
- No sorteo extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo apelido.
- As catro extraccións levaranse a cabo con todas as letras.
- A orde de prelación comezará pola/o solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas primeiras letras extraídas e, se non houber ningún, continuarase pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
- No caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias/os alumnas/os, comezarase por aquela/aquel cuxo segundo apelido comece coa terceira e cuarta letras extraídas e, se non houber ningún, pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
- No caso de coincidencia do primeiro e segundo apelido entre varias/os solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao nome, por orde alfabética; en caso de persistir, dirimirase por sorteo.
- Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.
DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:
CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
- Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
- Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
- Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Na web da Consellería e na aplicación.
- No CPI As Mirandas:
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- En A Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. DIRECCIÓN: Calle Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta).