Este xoves 28 de novembro celebrouse a entrega de premios da III Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas mans”, nun evento moi especial que tivo lugar no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.
Neste acto recibimos a Mención de Honra desta edición na que os nosos alumn@ s puideron interpretar e actuar coa cantante MJ Pérez que subiu ao escenario cos nenos e nenas que signaron a súa canción “O fío do que pendo”.
Foi unha xornada festiva, totalmente accesible en lingua de signos e na que tanto, persoas xordas como oíntes, puidemos gozar da música.
Queremos aproveitar a ocasión para, unha vez máis, agradecer o esforzo e a implicación de Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de signos, que non poido estar no evento e que é a alma mater do proxecto e, por suposto, tamén agradecer a MJ Pérez a súa colaboración para facer un ano máis, deste acto, unha gran celebración da música inclusiva.
Vídeo da gala
Videoclip oficial realizado no noso centro