FELICES FESTAS!
A Dirección do CPI As Mirandas deséxavos unhas Felices Festas e informa das actividades nesta semana:
- Recollida de alimentos en colaboración coa Cociña Económica de Ferrol (Operación Quilo do Nadal) e con Cáritas de Ares.
- Día 19 de decembro, Carreira Solidaria no seguinte horario:
- Ás 11:15h no pavillón polideportivo comezarán as carreiras de Infantil e Primaria.
- Ás 12:00h Carreira do alumnado da ESO dende o CPI , polas rúas de Ares e volta ao centro.
- Ás 13:00h. Acto de recoñecemento: Centro Embaixador Save the Children na pista polideportiva.
- Día 19, decembro ás 18:00h. presentación do documental Vidas mariñeiras: Camiño das Mirandas elaborado polo alumnado de 3º de ESO titorizados por Yolanda Castro. Os que querades asistir, tedes que avisar.
- Día 20 de decembro:
- Festival do Nadal EI e EP. no Casino de Ares.
- Ximcana ESO
Este día, entregaranse as notas da 1ª avaliación a todo o alumnado, non haberá comedor e a saída adiántase ás 13:30h.
Agradecemos a colaboración da ANPA, Concello e familias de Ares así como de toda a Comunidade Educativa para que todo sexa un éxito.
Non podemos esquecer aos nosos colaboradores na infraestrutura e material empregado na carreira e para o alumnado: Paula Mayobre, gran atleta aresá e madriña da Carreira Solidaria; a Gadis polo subministro de auga, e os hinchables para a Saída/Meta e o percorrido; a Froitería Bacelo y López que nos aporta a froita como reconstituínte, a Trofeso ARVI, á Protección Civil, Policía Local de Ares, á Floristería Real que pón un toque de cor...,
Aos responsables do Casino de Ares agradecemos a súa cesión para levar a cabo o Festival do Nadal
A todos, Grazas polo voso compromiso!